Celeiro
A Vicepresidenta do Consello Provincial de Turismo e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presidiu no Salón de Plenos do Pazo de San Marcos a sesión extraordinaria deste órgano participativo e consultivo na que se fallaron os terceiros premios á excelencia do turismo e a gastronomía da provincia. Ademais, esta edición recoñecerá tamén a sustentabilidade co premio de Turismo Sostible, exclusivo desta edición ao estar enmarcado dentro das accións que a Deputación de Lugo leva a cabo como antesala do evento Copa España Creativa - Fórum Lugo 2022.
Na categoría Lugo Cambia ao Turismo Lucense, o xurado distinguiu á Asociación Veciños de Vilachá de Salvadur; a Ruta da Faba de Lourenzá; ea Fundación Xosé Soto de Fión, e na de ...E para comer, Lugo á gastronomía lucense gañou o Consello Regulador da DO...
leer másOs organizadores sinalan que "debido á situación actual que estamos a vivir como consecuencia do COVID-19, a directiva da A. C.D. Penalba apraza a festa da merluza do pincho de Celeiro, que tería lugar o próximo 18 de xullo e así previr posibles problemas que se podían ocasionar e garantir a saúde de tod@s, xa que a saúde e a seguridade de tod@s é o máis importante. Ánimo!, e vémonos en xullo do vindeiro ano 2021".
E engaden: "o noso agradecemento para @s colaboradores sen os cales sería imposible levar adiante a Festa: Puerto de Celeiro SA; Cofradía de Pescadores de Celeiro; Concello de Viveiro; Repsol; Deputación de Lugo; Abanca; Grupo Gadisa; e tod@s @s nos@s voluntari@s que fan que a Festa, ano tras ano, sexa un éxito".
Este venres, 20 de setembro, celébrase a II edición da Festa do Chicharro en Celeiro.
Ás 19:00 horas haberá partido de solteiros contra casados.
Ás 20:00 horas dará comezo a chicharrada polos bares colaboradores. Cada establecemento elaborará unha ración de chicharro ao seu estilo, ao prezo de 2 euros cada ración.
A organización porá a venda vales para o sorteo dun xamón.
A xornada estará amenizada polo grupo de gaitas Foles de Viveiro.
As festas patronais e do mar de Celeiro celebraranse do 25 ao 28 de xullo.
O día 25 actuarán as orquestras Trébol e D´Moda. O día 26 a música correrá a cargo de Samba e Gran Parada. O día 27 as verbenas serán amenizadas por Palladium e Decibelios. E o día 28 estarán as orquestras Trovadores e Satélites.
Ademais o día 24 haberá unha festa da cervexa e a empanada. E o día 29 de xullo terá lugar o Diverneno.
Presentada a XXII Festa da Merluza de Celeiro, que se celebra o vindeiro sábado, 20 de xullo, a partir das 21 horas na Lonxa Vella de Celeiro. Repartiranse entorno a 2000 racións de merluza fresca do pincho e 7 modalidades diferentes: especial Penalba, a la gallega, en salsa verde, en salpicón, en caldeirada, en empanada o en Galipizza. Os prezos oscilarán entre os 4 e os 10 euros.
Esta Festa é posible grazas a:
Aos 100 voluntari@s que colaboran na organización
Cofradía de Pescadores de Celeiro
Puerto de Celeiro S.A.
Concello de Viveiro
Deputación de Lugo
Abanca
Gadis
Desde a organización animan a acudir a Celeiro este sábado: "achégate a probar a merluza de Celeiro, a mellor do mundo enteiro!".
A ACD Penalba-Colectivo Chilindrín, de Celeiro, anuncia que a celebración da XXII edición da Festa da Merluza do Pincho do ano 2019 será o 20 de xullo.
Esta festa foi declarada de Interese Turístico Galego en xullo de 2013, pasando así a ocupar un lugar importante tanto na actividade turística mariñán como da provincia de Lugo e da comunidade galega ao ser un reclamo cultural extraordinario para o visitante.
A asociación cultural e deportiva Penalba-Colectivo Chilindrín convoca a VI edición do concurso infantil de debuxo Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.
O obxectivo é facer partícipes desta festa a toda a poboación infantil de Celeiro, do Concello de Viveiro, e por extensión de toda Galicia e España, e facer un debuxo relacionado co evento. Poden participar todos os nen@s que o desexen ata 12 anos (cumpridos ou por cumprir no ano 2018). Os participantes deberán realizar un debuxo relacionado co pobo de Celeiro ou coa Festa da Merluza en particular. Os debuxos ou murais deberán facerse a man non valendo o uso do ordenador, e terán que levar o texto Festa da Merluza de Celeiro.
O prazo de presentación de traballos remata o día 29 de maio de 2018, e os debuxos poderán entregarse a algún membro da directiva da ACD...
leer másA directiva da Asociación Cultural e Deportiva Penalba-Colectivo Chilindrín anuncia que a XXI edición da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro terá lugar o 21 de xullo de 2018.
Esta asociación lembra que desde o mes de xullo de 2013 a Festa da Merluza do Pincho de Celeiro foi declarada Festa de Interese Turístico Galego pasando así a ocupar un lugar importante tanto na actividade turística mariñán como da provincia de Lugo e da comunidade autónoma galega. Deste xeito pasou a ser un reclamo cultural extraordinario para todo visitante.
A Delegación Territorial da Xunta acolleu hoxe a presentación da Festa da Merluza de Celeiro, cita declarada de interese turístico galego, que se celebrará este sábado, día 15 de xuño, nesta localidade do concello lugués de Viveiro.
A presente edición será a número vinte polo que desde a organización agardan celebrar este aniversario cun gran éxito de público. O ano pasado repartíronse máis de 2.000 racións o que demostra que habitualmente ten moi boa acollida como unha das citas gastronómicas máis valoradas da Mariña lucense.
O evento foi presentado polo delegado territorial, José Manuel Balseiro; o tenente de alcalde de Viveiro, Jesús Fernández, e os directivos do colectivo Chilindrín-Peñalba, Bernardo Fraga e Rosario San Isidro, que se encarga da organización desta cita.
Balseiro puxo...
leer másO 6 de xullo sortearase o décimo de lotería nacional que Loterías y Apuestas del Estado fixo para conmemorar a XX edición da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.
A presentación do décimo tiña lugar hai uns días no peirao norte do porto de Celeiro, e no acto estiveron o presidente da ACD Penalba (entidade organizadora), Bernardo Fraga; o patrón maior da cofradía de pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro, Domingo Seijas; o representante de Puerto Celeiro SA, Eduardo Míguez; a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; Rosario San Isidro e Montserrat Ramil, membros da asociación; e a delegada de Loterías y Apuestas del Estado para a provincia de Lugo, Pilar Lorenzana.
O deseño do décimo correu a cargo de Dani Kxt, chilindrín afincado en Madrid e colaborador da asociación en todas as súas andainas.