A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas o 7 de maio no Teatro ribadense.

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas o 7 de maio no Teatro ribadense.
 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas o día 7 de maio, sábado, ás 20:30 horas no Teatro ribadense.
 
O director da formación, David Ballester, anunciou hoxe que nesta actuación “a temática vai ser toda sobre música e compositores galegos e interpretaremos diferentes tipos de pezas, como xotas, muiñeiras, alboradas, pasodobres, … Quero invitar a toda a xente que estea ese fin de semana en Ribadeo a que se achegue a gozar da música galega interpretada pola Banda Municipal de Música de Ribadeo, que tocará dúas das obras dese concerto por primeira vez”.
 
Asemblea extraordinaria de Amadores da Música
Os socios de Amadores da Música están convocados a unha asemblea xeral extraordinaria que se celebrará este sábado, 30 de abril, ás 20 horas, en primeira convocatoria, e media hora despois, en segunda. Será no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo.
 
Na orde do día figura como primeiro punto a presentación de candidaturas e elección de nova directiva. E como segundo asunto indícase que “no suposto de que non se presenten candidaturas ou non se conforme unha nova directiva, segundo o primeiro punto da orde do día, iniciaríase automaticamente o procedemento recollido nos estatutos da asociación para a disolución e liquidación da mesma”.