Charlas
11/04/2015
O vindeiro sábado, 18 de abril, os mariñaos terán a oportunidade de coñecer máis datos arredor do mosteiro de San Miguel da Coelleira e tamén da vila asulagada de Estabañón. Serán Manuel Gago, xornalista cultural e profesor da USC, xunto co presidente da asociación sociocultural MariñaPatrimonio, Manuel Miranda, os protagonistas da tertulia convocada polo colectivo viveirés Pensamento e Sementeira, que se desenvolverá , desde as sete da tarde, na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro.
Segundo explican desde o colectivo organizador "recentemente Manuel Miranda tense preocupado sobre o futuro dos restos en Area-Faro e fixo pública a situación de precariedade na que se atopa este sitio arqueolóxico polo que, para o colectivo organizador desta tertulia, é a...
leer más 07/04/2015
Do 13 ao 23 de abril estará aberto de inscrición nas VIII Xornadas de abordaxe integral de violencia de xénero no ámbito local, que versarán sobre Violencias sociais, mulleres precarias, mulleres á deriva. A cita, que terá lugar os días 24 e 25 de abril, foi presentada esta mañá no Concello.
A edil de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, indicou que “o contexto de crise económica actual e as graves consecuencias sociais que ven provocando está a producir efectos devastadores en moitos sectores de poboación e de forma moi particular na vida das mulleres. Nesta coxuntura a configuración dista violencia estrutural é tan sutil que moitas mulleres están a sufrir situacións de grave precariedade laboral, social e de condicións indignas de vida. Mentres non sexamos quen de frear...
leer más 06/04/2015
O vindeiro18 de abril, ás 19 horas, o colectivo viveirés PENSAMENTO E SEMENTEIRA organiza unha tertulia aberta ao público que contará coas intervencións de Manuel Gago e Manuel Miranda.
“Arredor dunha illa, un mosteiro e unha vila asulagada: de San Miguel da Coelleira a Estabañón” é o título desta actividade que se desenvolverá na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro e na que tamén se proxectarán imáxes sobre os vestixios do mosteiro de San Miguel e o sitio arqueolóxico de Estabañón.
Manuel Gago, xornalista cultural e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, especializado en deseño e desenvolvemento de medios dixitais e en comunicación multimedia sobre patrimonio cultural, gastronomía e ciencia e...
leer más 06/04/2015
Desde Mariña Patrimonio e Arrincadeira sinalan que "como é sabido o noroeste peninsular é unha zona rica en ouro. Xa antes da romanización os pobos indíxenas explotaban este codiciado metal e coa chegada do invasor romano produciuse un cambio rotundo ao converter a minería nunha auténtica actividade industrial, que provocou a transformación do territorio e cuxas pegadas chegaron até hoxe". E engaden que "Riotorto é un concello coñecido polos seus ferreiros e sábese que houbo minería de ferro até non hai moito tempo; tamén se ten documentación de explotacións mineiras moi antigas que, segundo os indicios, poderían remontarse a época romana. Para falar sobre as explotacións mineiras en época romana contaremos co arqueólogo Santiago Ferrer o próximo sábado, 11 de abril, ás 19:00 horas no Salón de Actos da Casa de...
leer más 01/04/2015
O Concello de Lourenzá organiza unha charla sobre a venta directa de produtos primarios para o día 9 deste mes, xoves, ás 20 horas no salón de actos municipal. Correrá a cargo da directora xeral de Produción Agropecuaria da Xunta de Galicia, Patricia Ulloa, e será un paso máis cara a recuperación do Mercado das Prazas, que se celebraba en Vilanova de Lourenzá os domingos e que deixou de facerse hai catro décadas.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que “seguindo co ciclo de charlas que facemos mensualmente o vindeiro día 9, xoves, ás oito da tarde celebraremos a do mes de abril. O tema é o decreto da venta directa de produtos agrícolas, que é o 125/2014 de 4 de setembro e regula en Galicia a venta directa dos produtos primarios desde as explotacións aos consumidores....
leer más 25/03/2015
O Concello de Barreiros leva unha campaña de información sobre reciclaxe de residuos a Vilamartín Grande e a San Xusto este vindeiro sábado, día 28.
Co lema Separemos ben, reciclaremos mellor. Non rompas o esforzo de todos. Recicla, a aula móbil desta campaña estará no local social de Vilamartín Grande de 16 a 17 horas e no local social de San Xurxo de 18 a 19 horas.
A campaña foi presentada este mediodía no Concello polo alcalde, Alfonso Fuente Parga, e polo concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, que animaron a participar na mesma aos veciños e veciñas desese lugares.
23/03/2015
El próximo martes, 31 de marzo, a las 11 de la mañana en el aula de formación de Mujeres en Igualdad, en Burela, tendrá lugar una charla coloquio sobre la violencia de género que sufren también las mujeres extranjeras. La conferencia lleva por título: Igualdad para tod@s. Participarán como ponentes: Mary Fraga Fernández, presidente de Mujeres en Igualdad Burela y Nerea López Anello, educadora social. La entrada es libre.
Según informan desde Mujeres en Igualdad “aprovecharemos para presentar y distribuir entre l@s asistentes el Manual de Prevención de la Violencia de Género en Extranjeras: Buenas prácticas, que fue editado por la Confederación Nacional de Mujeres en Igualdad”.
18/03/2015
El Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo organiza este sábado, 21 de marzo, a las ocho de la tarde una charla de Prudencio Viveiro Mogo, que llevará por título “Aristócrata revolucionario: o primeiro conde de Fontao. A súa relación coa provincia de Mondoñedo”.
Prudencio Viveiro Mogo (O Valadouro 1974) es licenciado en Geografía e Historia por la Universidad de Santiago de Compostela, grado de licenciado con la tesis de licenciatura “Os comezos da administración liberal na provincia de Lugo”, diploma de estudios avanzados en el programa de doctorado “Estudos Contemporáneos” de la USC.
17/03/2015
Con motivo do roteiro que terá lugar esta fin de semana este xoves, 19 de marzo, Mariña Patrimonio e outras asociacións ecoloxistas e patrimoniais organizan unha charla informativa en Ribadeo na Casa das Letras ás 20.30 horas co título “As Catedrais tamén xacemento arqueolóxico”.
Os organizadores explican que “alí darase cumprida información sobre o forno romano de Esteiro, a canle e as vetas auríferas das Catedrais así como da presenza de minas romanas na Mariña”.
16/03/2015
Mañá martes, día 17 de marzo, ás 8 da tarde, no salón de actos do CENIMA de FOZ presentase na Mariña a Asociación Cidadá contra a Letra Pequena (CON LUPA).
Entre os fins de esta asociación está o de organizar actos e debates públicos para informar, e denunciar se é preciso, aqueles servizos ou produtos que se están prestando ou comercializando sen a debida transparencia e que espertan dúbidas ou carrean graves prexuízos para as persoas afectadas.
Esta nova asociación, que ten ámbito de actuación provincial, nace froito da experiencia vivida na loita contra as preferentes e subordinadas, e está impulsada por persoas que proceden da plataforma que estivo dirixindo esta loita na zona centro de Lugo, pero o seu obxectivo e chegar a...
leer más











