Eventos

Etiquetas:
09/11/2021

En Foz celebrarase un evento o día 20 de novembro, sábado, para elixir ao rei ou raíña do Entroido 2022. Será na Praza Conde de Fontao ás 19:00 horas, onde tamén haberá actuacións musicais.

Ademais ese día haberá menús especiais na hostalaría de Foz e animación musical polas rúas durante toda a xornada.

Está organizado pola asociación O Noso Foz coa colaboración do Concello e do Centro Comercial Aberto de Foz.

 

09/11/2021

O Club Clásicos de O Vicedo organiza, en colaboración co Concello, o 20 de novembro a súa primeira concentración de coches clásicos.

Dará comezo ás 10.00 horas no muelle do Vicedo coa recepción dos vehículos, para poder desfrutar dos mesmos. Xa a media mañá comezará a ruta e ás 14.00 horas será o xantar. 

Para participar no xantar é preciso reservar chamando aos teléfonos 626 836 946 ou 679 763 191. O prezo é de 25 euros. As prazas son limitadas. 

Etiquetas:
05/11/2021

Hoxe, venres, o Concello de Foz presentou no Centro de Interpretación da Basílica de San Martiño o primeiro punto no que xa se pode selar a credencial e acreditarse como peregrinos para facer o Camiño do Mar. 

Na presentación participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto; o concelleiro de Turismo, José María Linares; o presidente de ACIA Foz-CCA, José Carlos Paleo; e o presidente da asociación Amigos do Camiño do Mar, Manuel Vicente.

Fran Cajoto comentou que “o Camiño do Mar xa está recoñecido pola Igrexa e danos esa Compostela ao chegar a Santiago e é en Foz precisamente onde podemos facer esa acreditación, a primeira que hai en todo o Camiño do Mar. Parécenos un impulso moi importante para todo o sector da hostalería e do comercio, para todo o sector turístico, que se recoñeza unha vía de peregrinación a través do...

leer más
05/11/2021

O Concello de Barreiros, nunha clara aposta polo desenvolvemento dunha programación cultural integradora, transversal e interxeracional, ven de presentar as actividades que se levarán a cabo no mes de novembro.

Co nome xenérico de “Barreiros feminino plural”, as áreas de igualdade e dinamización tentarán achegar diversas actividades dirixidas tanto ás crianzas como ás persoas adultas, co obxectivo de visibilizar e desbotar da nosa sociedade todo tipo de violencias, nomeadamente a violencia machista.A concelleira de igualdade, Montse Porteiro reflectiu a necesidade de “comezar desde as idades máis temperás a inculcar condutas baseadas na tolerancia, na diversidade e no respecto a todas as persoas, desbotando da sociedade estereotipos patriarcais que impiden avanzar na igualdade real entre homes e mulleres.

A...

leer más
Etiquetas:
04/11/2021

Esta fin de semana pódese desfrutar en Ribadeo dun concerto de tangos e un espectáculo de circo. 

Este sábado, 6 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, actuará Malajunta Tango Dúo.

O domingo, día 7, ás 17:30 horas, no Auditorio Municipal Galitoon presentará un espectáculo para toda a familia, The Show Moscón, que é un circo ambulante de varietés presentado por un moscón gordo e repoludo. Trátase dun marabilloso circo representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se encontran no seu interior, entre os que aparecen verdadeiras divas da canción, absurdos números musicais, horribles magos e mentalistas, incribles bebés equilibristas, números de danza e un sen fin de humor.

 

Etiquetas:
03/11/2021

A Concellería de Cultura presentou a programación para este mes de novembro, que arrinca este venres, día  5, co musical Coco para o que xa foron vendidas todas as entradas. O sábado celebrarase a sexta Festa da Castaña e o día 14 volverá Burela de Cine con proxeccións infantís, unha actividade que se recupera tras a pandemia do covid.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “por fin empezamos a programar máis cousas e xa con aforos case completos dentro do auditorio, o que esperábamos con moitas ganas porque durante todos estes meses foi complicado programar actividades culturais dentro do auditorio. A partir de agora parece que a situación nos vai permitir recuperar ese nivel cultural ao que chegáramos aquí despois do traballo de todos estes anos anteriores a 2019”.

O edil burelés contou que “o primeiro de...

leer más
Etiquetas:
02/11/2021

Burela estará presente na feira de turismo gastronómico Xantar, que terá lugar en Ourense desde mañá, mércores. O venres o alcalde participará nun acto con motivo da celebración do día do mar e haberá unha degustación gastronómica. O Concello porá un autobús con 48 prazas dispoñibles, para que os veciños e veciñas de Burela que o venres se queiran desprazar ata Xantar o poidan facer. Para poder viaxar deben inscribirse no Concello.

O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, anunciou que “a partir do mércores o Concello de Burela vai estar presente na feira de turismo gastronómico Xantar en Ourense. Como todos os anos, imos ter o noso stand alí onde imos promocionar Burela e, ademais este ano, imos contar tamén coa colaboración de Conservas Faro de Burela, que vai expoñer parte dos seus produtos e vai facer unha degustación relacionada co...

leer más
Etiquetas:
02/11/2021

A sexta andaina de outono de A Mariña en Ruta seguirá este sábado, 6 de novembro, por Barreiros. Esta iniciativa da Mancomunidade de Concellos da Mariña continuará todos os sábado do mes de novembro e tamén o 4 de decembro. Santo Estevo do Ermo, o Camiño do Norte, o Viveiro industrial, Portocelo en Xove ou O Vicedo serán as próximas paradas. 

As persoas interesadas en gozar de A Mariña en Ruta poden atopar información e facer a reserva de prazas en https://amarinalucense.gal/es/a-marina-en-ruta e para calquera consulta poden contactar a través da seguinte dirección de correo electrónico: enruta@amarinalucense.gal e o teléfono +34 690 61 47 49. 

O pasado sábado, 30 de setembro, tivo lugar a ruta por Riotorto...

leer más
Etiquetas:
29/10/2021

O Concello de Cervo instala unha carpa na Praza do Souto e outra na Praza dos Campos para acoller os eventos culturais dos meses de novembro, decembro e xaneiro.

Para esta fin de semana as carpas acollerán a programación pertencente ao Samaín 2021, que mañá sábado contará cun contacontos na Praza do Souto ás 12:30H e unha Festa infantil de Samaín na Praza dos Campos de 17H a 20H. Ademais, para hoxe hai sesión de cine na Casa da Cultura ás 20:00H coa película “Monster House”; e o domingo temos de novo sesión de cine na Casa da Cultura ás 20:30H co filme “La purga: la noche de las bestias” e a festa de Samaín 2021 na Sala de Exposicións do Complexo Histórico-Artístico de Sargadelos de 17:30H a 21H a cargo da Asociación A Fervenza de Sargadelos.

Durante os meses de novembro, decembro e xaneiro as carpas serán o lugar...

leer más
29/10/2021

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo contará con credenciais para os peregrinos que realicen o Camiño do Mar e con selo propio para a credencial. Esta é a primeira das accións que a entidade pon en marcha tras a presentación da súa marca para potenciar o camiño. 

O presidente de ACISA Ribadeo, Francisco Iriarte, anunciou que dende hoxe, venres, a oficina do colectivo empresarial ribadense “será punto de entrega de credenciais aos peregrinos que queiran facer o Camiño do Mar. Se o Camiño do Mar sae de Ribadeo, Ribadeo ten que ter un punto onde dar as credenciais para facelo; e dende hoxe ese novo punto somos nós. Ademais farémoslle entrega a unha parte dos nosos asociados dun selo exclusivo de ACISA Ribadeo para que poidan selar a credencial de quen saia de Ribadeo para facer esta ruta xacobea ou de...

leer más