Música
A Asociación Cultural a Tribo da Travesía organiza un concerto de Uxía Senlle e Pablo Novoa este xoves, día 26 de decembro, ás 20:30 horas no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo).
Uxía e Pablo Novoa estrean "A luz das cancións”, un repertorio no que recrean algunhas das cancións que máis os iluminaron e inspiraron aos dous. Será un paseo pola súa memoria musical e afectiva. Uxía cantará en francés, italiano, portugués, por rumba e percorrerán clásicos galegos e pezas máis recentes sen esquecer algún dos éxitos de Golpes Bajos, o grupo mítico do que formou parte Novoa nos anos 80.
As entradas poden mercarse na Pastelería Cafetería Pan de Limón (Ribadeo) ou reservarse no WhatsApp...
leer másA Escola Municipal de Música de Xove organiza un Concerto de Nadal para o 26 de decembro, xoves.
Será ás 18:00 horas no salón de actos do Centro Cívico.
A agrupación O Feitizo, de Foz, organiza un Musical de Nadal que se celebrará na Sala Bahía o luns 23 de decembro, ás 19:00 horas.
O Feitizo anuncia que “xa está aquí o Musical de Nadal, feito por nen@s para nen@s . Papá Noel visitará aos nen@s, teremos un photocall navideño súper chulo e sorteamos unha cesta de chuches”.
A Escola Municipal de Música de Foz celebrará o seu Festival de Nadal este domingo, día 22 de decembro. Será ás 12:00 horas na Sala Bahía.
Este evento contará coas actuacións de grupos de música e movemento, aula coral, prebanda e orquestra de jazz.
Burela acollerá, na Praza da Mariña, un novo concerto de presentación de 'Basal', o novo álbum da cantautora galega Ugia Pedreira. O concerto da artista, tamén coñecida como A Pedreira, terá lugar nunha carpa que será instalada na praza o día 27 de decembro, venres, ás 20:30 horas. A entrada será libre e de balde.
A cantante, natural de Vilaronte, Foz, define este espectáculo como “sensorialmente amable” e nel mestura influencias do folk, o jazz e o rock entre outros estilos, como é habitual na súa traxectoria. Estará acompañada no escenario por Mauricio Caruso á guitarra, Alejandro Vargas ao piano e ao sintetizador e Lorena Cachito á batería e á percusión, ademais de nos coros.
'Basal' é, en palabras da artista, “unha obra que conecta música, psicoloxía, territorio e corpo-casa”. Trátase do seu segundo traballo...
leer másO Concello de Cervo anuncia: “o domingo celebraremos a gran gala do Nadal. Será a partir das 19:00 horas na Casa da Cultura e estamos a falar dun dos principais eventos do noso Nadal, porque reúne a todo o talento artístico e musical do concello: Grupo A Rebolaxe, Mistura, Cantareiras Cordenaia, Fol do Raxal, Coro de Cervo e Coral Terramar. Máis de 100 persoas en total pasarán polo escenario do auditorio no que é un momento moi especial destas festas”.
A Coral Polifónica de Ribadeo celebra o seu XXIX Festival de Panxoliñas este domingo, 22 de decembro
A Coral Polifónica de Ribadeo celebrará a vixésimo novena edición do seu Festival de Panxoliñas este domingo, día 22 de decembro. Será na igrexa parroquial ribadense ás 20:30 horas.
Ademais da formación organizadora do festival, actuarán a Coral Polifónica de Burela, o coro ribadense Sagrado Corazón e a Coral polifónica Sagrada Familia, da Coruña.
A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, ofrecerá un concerto de Nadal este xoves, día 19 de decembro, no auditorio Pascual Veiga. Será ás 20:30 horas.
A Asociación Folclórica Cultural A Subela, de Foz, organiza a décimo quinta edición do seu Festival de Nadal este sábado, día 21 de decembro. Será ás 17:30 horas na Sala Bahía e actuará o grupo Asubíos da Chaira, de Cospeito.
A entrada para asistir ao festival consistirá na doazón de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos de Foz.
Ao remate haberá chocolate con biscoito.
O Conservatorio de Música de Viveiro ofrece concertos na cidade do Landro os días 18, 19 e 20 de decembro
O Concello de Viveiro anuncia que “o Conservatorio Profesional de Música de Viveiro segue coa súa programación de audicións e concertos deste mes. O Concello de Viveiro convida á veciñanza a asistir aos concertos que se celebrarán esta semana en diferentes puntos do municipio. Este mércores, día 18 de decembro, será a quenda de guitarra e piano e o xoves 19, de saxofón e piano, en ambos casos ás 19:30 horas no Conservatorio. O venres 20 rematará a programación co pasarrúas do grupo de gaitas ás 18:00 horas e o concerto da Orquestra de Corda e o Coro Lois Tobío ás 20:30 horas na igrexa de Santa María”.