Compras

Etiquetas:
29/11/2019

A Federación de Comercio A Mariña lanza unha nova campaña de concienciación nos medios de comunicación para potenciar as compras no comercio local durante o Nadal.

Desde a FCAM o seu presidente, José Carlos Paleo, lembra que “o que pretendemos con esta campaña é darlle visibilidade a todas as potencialidades comerciais e turísticas que ten esta comarca. Pretendemos que os mariñáns segan apoiando ao seu comercio, ao que teñen ao carón da casa, a ese que é o que fai pobo. Pero tamén queremos que esta comarca reciba visitantes durante a maior parte do ano. Sempre é un bo momento para achegarse á Mariña, tamén no outono e no inverno, para pasear, para tomar algo, para saborear a súa gastronomía e para mercar no seu comercio”.

Paleo fai unha chamada á unión: “é fundamental estar unidos para resistir ás condicións...

leer más
Etiquetas:
08/11/2019

La Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos promociona las compras en el comercio local los domingos por la mañana y el consumo en la hostelería local con la campaña Domingueo en Ribadeo. 

El objetivo de esta campaña pasa “por potenciar las compras durante los domingos por la mañana y por dar a conocer un poco más a Ribadeo a aquellas personas que tenemos más cerca. Oviedo, Avilés, Gijón o Lugo están a poco más de una hora en coche y por autovía. Desde A Coruña te pones en Ribadeo en menos de hora y media. Queremos dirigirnos a ese público, a esa clientela, a la que queremos animar a pasar los fines de semana en la localidad o a acercarse a disfrutar de los domingos. Estamos muy cerca y tenemos muchas cosas que ofrecerles: un comercio referente y próximo y una hostelería en constante movimiento dispuesta a...

leer más
Etiquetas:
08/11/2019

O vindeiro luns, 11 de novembro, terá lugar o sexto sorteo de 1.000 euros da campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña. Será en Covas. Todas as persoas que realizaron as súas compras do 4 ao 10 de novembro no comercio asociado a Beiras de Viveiro entrarán no devandito sorteo. Só teñen que estar atentas ás redes sociais e aos medios de comunicación para coñecer os números das papeletas premiadas. Haberá un premio de 500 euros e cinco de 100 euros cada un en vales de compra para gastar nos establecementos asociados durante os 30 días seguintes á celebración do sorteo en Covas. 

En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo. 

Os sorteos teñen lugar os luns na sede de cada Acia...

leer más
Etiquetas:
31/10/2019

Mañá, 1 de novembro, da comezo o Mes do Aforro de Acisa Ribadeo. Trátase dunha campaña de fidelización con descontos no combustible grazas ao convenio firmado entre a Asociación de Comerciantes e o Grupo Valcarce. Aquelas persoas que realicen compras superiores a 10 euros nos comercios ribadenses socios de Acisa do 1 ao 30 de novembro obterán tarxetas de desconto de 0,09 euros por litro de carburante na estación de servizo de Vilar. 

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, explica que “o obxectivo desta campaña é o fomento da actividade comercial en novembro mediante a fidelización do cliente tanto da vila como dos visitantes que se acheguen a Ribadeo”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, considera que “esta campaña pode dar moi bo resultado, xa que un desconto de 9 céntimos no combustible é algo que todo o mundo...

leer más
Etiquetas:
31/05/2019

Durante todo o mes de xuño chegará ás veciñas e aos veciños da comarca a nova campaña de concienciación da FCAM Compra na Mariña, desvirtualízate co obxectivo de potenciar as compras no comercio local. Preséntase en varios formatos: con chapas/pins, que lucirán os empregados dos establecementos asociados; con servilletas, que estarán presentes nos locais hostaleiros; con vallas publicitarias e con anuncios en radio, en prensa, no cine, na televisión e nas redes sociais para tentar chegar ao maior número de persoas posible. Un dos principais destinatarios da campaña é a xente nova, que é a que máis compra a través de internet. 

Compra na Mariña, desvirtualízate é unha campaña pensada en positivo, na alegría que supón saír de compras no comercio local e no orgullo que debemos sentir por sermos mariñáns. Os cinco sentidos son protagonistas...

leer más
Etiquetas:
23/04/2019

Acisa celebra o día da nai regalando dúas xoias valoradas en 100 euros cada unha. A campaña, que arrinca hoxe, prolongarase ata o 5 de maio. Aquelas persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados recibirán papeletas para participar nesta nova cita co comercio de Ribadeo. 

Desde Acisa o xerente, Jesús Pérez, explicou que “haberá que estar pendentes do sorteo extra da Once do 5 de maio. Os números seguinte e anterior ao premiado no devandito sorteo serán os gañadores dos dous premios que poñemos en xogo desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo”.

Pérez sinalou que “as xoias están valoradas en 100 euros cada unha. E serán adquiridas nas dúas xoierías asociadas a Acisa, que son Azabache e Platería Gutié. As persoas afortunadas disporán ata o 10 de maio para...

leer más
09/02/2019

O Centro Comercial Aberto de Burela quere promover o romanticismo local coa campaña de San Valentín 2019 na que se sortearán 2 cestas para os clientes do comercio e unha noite romántica, con cea e noite de hotel para unha parella a aquelas persoas que fagan uso dos locais de perruquerías e estéticas.

O método é moi sinxelo: ata o día 11 de febreiro por cada compra nos establecementos asociados ao CCA Burela de máis de 10 euros, levarán unha participación para estes sorteos que se realizarán o xoves 14 de febreiro.

E como tamén é importante manter viva a chama, ata o día 15 un photocall irá percorrendo os locais hostaleiros do CCA Burela para que as persoas se fagan as fotos románticas cun marco orixinal.

Aqueles que o queiran facer poden etiquetar as súas fotos co hastag #...

leer más
Etiquetas:
08/03/2018

O Centro Comercial Aberto de Foz sorteará 400 euros na súa campaña do Día do Pai, que se desenvolverá do 9 ao 19 de marzo. 

As persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados ao CCA/ACIA de Foz do 9 ao 19 deste mes de marzo participarán no sorteo de catro vales de compra por valor de 100 euros cada un deles.

O sorteo realizarase a través de Radio Foz o día 22 de marzo.

O Centro Comercial Aberto de Foz continúa deste xeito coas súas campañas de promoción do comercio local, potenciando as compras nos establecementos da vila para unha data tan sinalada como é o Día do Pai, o 19 de marzo. Ademais incentiva o uso da tarxeta do comercio de Foz para aproveitar as vantaxes que ofrece.

A campaña do pai do CCA/ACIA de Foz estará presente nos locais...

leer más
19/12/2017

A Taberna Gastronómica Cornelius, ubicada na Praciña da Herba de Viveiro, anuncia que regalará o importe dunha compra realizada este Nadal no comercio da Mariña Lucense por un dos seus clientes.

Con esta novedosa promoción trátase de fomentar as compras no comercio local. O seus clientes poden participar co ticket de calquera compra realizada nun comercio de A Mariña Lucense antes do 10 de xaneiro, depositándoo cos seus datos persoais no buzón da campaña situado dentro do local.

Despois desta data escollerase por sorteo un dos tickets e o premio será o importe desa mesma compra en metálico, establecendo un premio máximo de 300 euros no caso de que a compra fora superior a ese importe.

O título desta promoción é “Facendo Co-Mar-Ca”, defendendo así as compras de calidade dentro dos...

leer más
Etiquetas:
02/06/2017

O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Pon en marcha este venres 2 e o sábado 3 de Xuño a campaña Shopping Weekend,  un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.

Unha oportunidade para pasar a fin de semana realizando compras nos 52 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, perfumería, beleza, xoguetes, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía etc.

Os locais participantes estarán identificados cos distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas Nas entradas dos comercios, indicando o desconto do...

leer más