Familiar

Etiquetas:
30/10/2023

Caramuxo Teatro chega a Viveiro o 4 de novembro co Crisálida. Será ás 18:00 horas no Pastor Díaz. Trátase dun espectáculo para todos os públicos

Desde a organización subliñan que “está clasificado coma función para maiores de 6 anos, pero realmente é un espectáculo para todos os públicos, non  o perdades”.

Crisálida é o espectáculo número 25 de Caramuxo Teatro, co que cumpren 20 anos de traxectoria. “Unha historia que leva varios anos na nosa cabeza e coa que queremos facer a nosa pequena homenaxe a esas persoas que fan que as cidades teñan vida e sexan ricas en historias”, explican desde esta compañía.

Crisálida é un espectáculo que quere poñer en valor a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado e cada vez máis dixitalizado. A importancia da existencia de eses espazos...

leer más
Etiquetas:
11/08/2023

A área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo leva o espectáculo “Mil maxias máis” do Mago Antón a Meira, O Valadouro, Sarria, Guitiriz e Becerreá ao longo do mes de agosto.

No Valadouro estará este sábado, 12 de agosto, de 17 a 21 horas.

O Mago Antón chegará as vilas nas que actúa no magomobil, un vehículo preparado para o desenvolvemento do espectáculo e con capacidade para 70 espectadores. En cada lugar, fará cinco funcións diarias de 45 minutos cada unha, adaptándose á demanda.

A deputada de Cultura, Iria Castro, indicou que “esta xira comeza mañá venres en Meira, ampliando a programación das festas patronais, e continuará durante o mes de agosto no Valadouro, Sarria, Guitiriz e Becerreá” e explicou que “a programación amplía e diversifica a axenda cultural nas distintas...

leer más
Etiquetas:
18/04/2023

Trátase dun espectáculo familiar, que dará comezo ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz. A duración será de 50 minutos. 

“A música das buguinas” é un concerto didáctico dramatizado. A través da historia de Roque, un neno que vive en Moeche, os asistentes irán descubrindo a música tradicional, os seus instrumentos máis característicos así como a vestimenta e a importancia de que un pobo cante. Cunha formación de gaita, acordeón, guitarra, distintas percusións e instrumentos de vento, iremos cantando, narrando e acompañando a historia de Roque, un neno que descubre a música escoitando o mundo que o rodea e a felicidade que medra nas persoas que gozan con ela. Pero Roque ten que ir á escola da Vila e alí, semella que a ninguén lle interesa a música... ate que decide organizar un baile; os sons das Buguinas!!

 

26/03/2023

A Casa da Cultura de Burela acollerá o 22 de Abril ás 18:00 horas o espectáculo familiar O Show de Fifo “Soño” de Troula Animación. 

Fifo non sabe se vive nun soño ou si sempre ten sono, o que si ten claro é que neste espectáculo coa axuda dos nenos e das nenas vai descubrir a través de xogos, de bailes, de gags e de risas se vive nun mundo certo ou se é mellor espertar. 

Se tes un soño ven cumprilo e se tes sono ven durmilo! Entradas por 2'5 euros na billeteira.

 

Etiquetas:
26/02/2023

A representación, destinada ao público familiar, dará comezo ás seis da tarde no Teatro Pastor Díaz. 

A proposta musical “A música das buguinas” é un concerto didáctico dramatizado. A través da historia de Roque, un neno que vive en Moeche, iremos descubrindo a música tradicional, os seus instrumentos máis característicos así como a vestimenta e a importancia de que un pobo cante. Cunha formación de gaita, acordeón, guitarra, distintas percusións e instrumentos de vento, iremos cantando, narrando e acompañando a historia de Roque, un neno que descubre a música escoitando o mundo que o rodea e a felicidade que medra nas persoas que gozan con ela. Pero Roque ten que ir á escola da Vila e alí, semella que a ninguén lle interesa a música... ate que decide organizar un baile; os sons das Buguinas!!

 

Etiquetas:
21/12/2022

O 29 de decembro ás 19:00 horas chegará ao Auditorio Municipal de Burela o musical La gran aventura de los Reyes Magos de Artes Escénicas Gaudium. 

O concelleiro de Cultura, José Díaz, considera que se trata “do mellor agasallo deste Nadal. É un musical para toda a familia, interpretado en rigoroso directo, que conta unha orixinal e divertida historia sobre os reis magos”. 

O edil burelés sinala: “pensamos que é a mellor maneira de despedir este ano coas nosas fillas e cos nosos fillos”.

É Nadal e corre a voz de que un pequeno neno acaba de nacer nun cortello nos arredores de Belén. A misión de difundir a gran noticia foi asignada á divertida pero despistada Estrela, á que lle encomendaron a súa primeira misión desde que saíu da Academia de Estrelas Fugaces e que debe viaxar polo mundo...

leer más
Etiquetas:
15/12/2022

Pinocús Teatro chega a Viveiro este sábado, 17 de decembro, ás 18:00 horas con Pinconús. Será no Pastor Díaz. Con entrada libre ata completar o aforo. 

Sinopse: Un día calquera na estación de tren de Aquimesmo. Unha billeteira que ven e que vai. Un viaxeiro decidido a deixalo todo para chegar ao seu novo lugar de traballo. As indecisións dun viaxeiro que non sabe moi ben a onde ir. As estratexias dunha viaxeira que quere ser a única que colla o tren. O humor e a música xúntanse na escena para xogar unha espera de absurdos encontros e desencontros. Todo isto para chegar a ese lugar ao que todos queren ir, pero moi pouca xente se atreve, chamado Pínconús.

 

Etiquetas:
17/11/2022

Mircromina Teatro de Títeres estará este sábado, 19 de novembro, en Burela dentro do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e coa colaboración do Concello de Burela. Será ás 18 horas no auditorio da Casa da Cultura con entrada de balde. Trátase dunha función dirixida ao público familiar. 

43º Latitude Norte é  un espectáculo de títeres en 3 actos, con 3 técnicas distintas + 1 presentador.

O Camiño está cheo de aventuras incribles e fascinantes personaxes para os que deciden emprendelo. 

Unha viaxe polo Camiño Norte
É un espectáculo no que o Camiñante descubre o loubican Raio no medio do monte e convértense en compañeiros inseparables. Máis adiante atópase con Antolín o bailarín e conforman o dúo tradicional con máis ritmo da historia. E cando por fin...

leer más
Etiquetas:
19/05/2022

Chega a Burela "O Xardín de Vila Gris", unha obra de teatro para o público familiar. O vindeiro sábado, 21 de maio, ás seis da tarde no auditorio da Casa da Cultura. A entrada será de 2,5 euros. 

O Xardín de Vila Gris e unha obra que combina o traballo actoral  e  a manipulación de obxectos e siluetas  con  cancións ao vivo e música orixinal.  

Ao longo da peza, os máis pequenos irán descubrindo, da man do noso tenro personaxe Martín,  a maxia da natureza e  o amor por ela . 

E como “non hai historia sen vilán”, neste caso, D. Nefasto Funesto encarnará a cobiza e a a falta de empatía co mundo que nos rodea 

MANUEL POMBAL (traxectoria profesional)
Manuel Pombal, actor e creador do Xardín de Vila Gris posúe unha longa traxectoria de máis de trinta anos como...

leer más
Etiquetas:
29/12/2021

A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro continúa coa súa programación de Nadal coa actuación de Pablísimo que presenta O arquivo do chibo. A función, dirixida ao público familiar, terá lugar este xoves, 30 de decembro, ás 18:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro. 

O arquivo do chibo é unha fabulación libre arredor do conto clásico de Os sete cabuxos e o lobo. Presenta cantigas de lobos esfameados, fábulas de cameiros teimudos e a historia de sete cabuxiños desobedientes. Un teatriño con múltiples xanelas e espazos que serven de viñetas para contar, a xeito de banda deseñada, este clásico actualizado empregando monicreques, xoguetes, sombras e moita cachifallada.