Festa

Etiquetas:
30/10/2018

A Concellaría de Xuventude e a OMIX  organizan unha Festa de Samaín que terá lugar o venres, 2 de novembro, no pavillón de deportes a partir das 16:30 horas. A entrada será de balde.

Haberá obradoiros de decoración de cabazas, maquillaxe de terror, elaboración de bruxas de pau, baile de disfraces Truco ou Trato con discoteca móbil, xogos tradicionais, desfile, presentación de disfraces e photocall. 

Para participar no obradoiro de decoración de cabazas será preciso levar a cabaza e utensilios para limpala.

As persoas interesadas poden obter máis información na OMIX - Casa da Xuventude, en Antonio Otero, 15, ou no seguinte número de teléfono 982 129 889.

 

Etiquetas:
28/10/2018

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza unha nova edición da Festa da Palabra que se celebrará no Cenima, de Foz, entre o 7 e 9 de novembro. Desde a organización explican que “a consecuencia de imprevistos de ultima vémonos na obriga de cambiar o programa”, quedando como se anuncia a continuación:

Lois Pérez. Mércores, 7 de novembro, ás 20:30 no Cenima.

Os soños na gaiola. Grupo de teatro da Pomba do Arco.  Xoves, día 8, ás 20:30 no Cenima.

Olga Novo e Ismael Ramos. Venres, 9 de novembro, ás 20:30 no Cenima. 

 

Etiquetas:
26/10/2018

A asociación Fervenza de Sargadelos celebrará o Samaín o vindeiro mércores, 31 de outubro. Os actos terán lugar no Ecomuseo Terras de Azul Cobalto, de Cervo, a partir das 18:45 horas.

Comezarán as actividades coa actuación do Mago Pi, ás 20:00 horas haberá unha chocolatada e ás 20:30 horas un concurso de disfraces e cabazas. Os premios serán dous paseos a cabalo en Cabaliño de Pao. No concurso poderán participar todas as persoas que o desexen e valorarase a orixinalidade tanto do disfraz como da cabaza.

A xornada rematará ás 21:00 horas coa Estantiga das Ánimas, desfile polo Rego Cachón ata a praza do Souto.

 

Etiquetas:
23/10/2018

A asociación Amigos da Troula, en colaboración co Concello de Cervo, organiza a Festa de Samaín que se celebrará o día 2 de novembro en San Ciprián.

Os actos darán comezo coa cea que terá lugar no restaurante Buenavista, a partir das 22:30 horas. O menú estará composto por ameixas en salsa mariñeira, lombo en salsa de améndoas, ensalada, café, chupito e viños Rioja e Albariño. O prezo é de 20 euros e a venda de tíckets é na Casa da Cultura de San Ciprián, e nos números de teléfono 691 656 600 ou 617 383 418.

Ademais haberá unha festa de balde para todas e todos, a partir das 00:30 horas na Casa do Mar de San Ciprián, con dj e premios aos mellor caracterizados.

 

Etiquetas:
11/10/2018

Este domingo, 14 de outubro, celebrarase en Ribadeo a Festa da Horta. Terá lugar nas inmediacións da praza de abastos, e haberá obradoiro de cestería, música, zume de mazá artesá, castañas asadas e degustación de produtos da horta local. Esta cita está organizada polo Concello de Ribadeo e a asociación A Sucadoira.

A concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, explicou que “o vindeiro domingo, 14 de outubro, celébrase en Ribadeo a Feira da Horta, que xa vai pola décimo sexta edición, e que terá lugar na praza de abastos durante toda a mañá en horario de nove a dúas. Esta feira vense realizando anualmente con motivo do peche da tempada estival dos mercados dos domingos, que se celebra no mesmo sitio onde se ubica a feira, diante da praza de abastos. Está organizada polo Concello de Ribadeo en colaboración coa asociación de...

leer más
Etiquetas:
03/10/2018

A Festa do Ramo no Alto do Cruceiro, en Xuances (Xove), celébrase este fin de semana, concretamente o venres 5 e o sábado 6 de outubro. Está organizada pola Asociación Cultural e de Festexos Alto do Cruceiro por décimo segundo ano consecutivo tras ser recuperada despois de doce anos sen celebrarse. O lugar de celebración será no campo da festa Onofre Louzao, un recinto inaugurado hai un tres  anos na honra de Onofre Louzao, máximo promotor desta festa que faleceu hai 5 anos. Este recinto está situado nas inmediacións do centro social do Alto do Cruceiro, a uns 150 metros da estrada nacional, polo que acceso á mesma é moi fácil e sinxelo, explica a organización.

Os organizadores engaden: “aínda que esperamos e desexamos con todas as nosas forzas ter uns bos días climatolóxicos pode que non sexa así, polo que dispoñemos dunha gran carpa. E...

leer más
Etiquetas:
02/10/2018

O Goberno local do Concello de Mondoñedo ultima xa a celebración da Festa dos Maiores que se vai levar a cabo na localidade o vindeiro mércores 17 de outubro, coincidindo coas San Lucas.

Ás 14:00 horas dará comezo a comida-baile no pavillón municipal de deportes. Está previsto que sexa unha xornada de confraternización na que non van faltar a gastronomía típica, o baile, a festa e os agasallos para todos os participantes. O xantar estará amenizado pola Orquestra Mindoniense Principal.

A rexedora, a popular Elena Candia, convida a participar nesta cita que supón, unha edición máis, “un día de festa e de ledicia paraos veciños e veciñas”.

Inscricións
As persoas empadroadas no Concello de Mondoñedo maiores de 65 anos e os pensionistas de calquera idade, xunto coas súas parellas, terán...

leer más
Etiquetas:
28/09/2018

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, presentou hoxe a programación da XXVIII edición da Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará dos días 5 ao 7 de outubro. As actividades inclúen a venda de fabas, degustacións, tapas elaboradas con esta leguminosa, showcooking, actividades infantís, os concertos musicais de Tumba e Dalle e A Roda e concentracións de vehículos clásicos, entre outras propostas. O pregón será o sábado ás 12:00 horas e correrá a cargo da xornalista Marta Docampo. A rexedora convida a asistir a esta cita.

Rocío López anunciou que “o fin de semana do 5, 6 e 7 de outubro celebramos a vixésimo oitava edición da Festa da Faba de Lourenzá, declarada de Interese Turístico Galego pola Xunta de Galicia. A inauguración do stand do concello invitado, unha novidade que introducimos fai dous anos, terá lugar o venres. Este ano é A Rúa...

leer más
Etiquetas:
21/09/2018

A contorna da praza de abastos de Ribadeo acollerá este domingo, día 23 o evento chamado Pementos Fest. Está organizado polo Concello de Ribadeo e a Asociación de Produtores de Horta A Sucadoira.

Desde a organización explican que “como cada setembro, chega a tempada dos pementos e o Mercado dos Domingos quere dedicar un día especial a este produto tan característico da nosa zona, onde salienta o Pemento de Piñeira. Para elo celebrarase o Pementos Fest o vindeiro domingo, día 23 de setembro, de 9 a 14 horas, no Mercado dos Domingos”.

Os organizadores engaden que “esta xornada dedicada ao pemento, ademais de incluír o xa habitual mercado de produtores e produtoras locais, contará cunha mostra de elaboración de cervexa artesanal a cargo de BB de Ribadeo a partir das 11 horas. Ás doce do mediodía haberá unha...

leer más
Etiquetas:
20/09/2018

O Concello de Lourenzá presentou o cartel da vixésimo oitava edición da Festa da Faba, que se celebrará do 5 ao 7 de outubro. A autora é Aixa Paz Mora, natural de Lourenzá e licenciada en Belas Artes. A alcaldesa, Rocío López, tamén anunciou que a pregoeira da Festa da Faba 2018 será a xornalista e locutora de radio Marta Docampo, laurentina afincada en Madrid. O pregón será o día 6, sábado, ás 12:00 horas.

A rexedora explicou: “hoxe presentamos o cartel desta 28 edición da Festa da Faba de Lourenzá. A autora é unha muller, Aixa Paz Mora, natural de Lourenzá e que cursou Belas Artes”. 

Rocío López salientou que “non é fácil dar cun cartel que transmita a esencia desta festa, a esencia do val e a esencia da faba. Todo iso que os laurentinos e todos os que nacemos aquí coñecemos de primeira man e que queremos, pero...

leer más