Festa

Etiquetas:
17/07/2019

Presentada a XXII Festa da Merluza de Celeiro, que se celebra o vindeiro sábado, 20 de xullo, a partir das 21 horas na Lonxa Vella de Celeiro. Repartiranse entorno a 2000 racións de merluza fresca do pincho e 7 modalidades diferentes: especial Penalba, a la gallega, en salsa verde, en salpicón, en caldeirada, en empanada o en Galipizza. Os prezos oscilarán entre os 4 e os 10 euros. 

Esta Festa é posible grazas a: 
Aos 100 voluntari@s que colaboran na organización 
Cofradía de Pescadores de Celeiro
Puerto de Celeiro S.A. 
Concello de Viveiro
Deputación de Lugo
Abanca
Gadis

Desde a organización animan a acudir a Celeiro este sábado: "achégate a probar a merluza de Celeiro, a mellor do mundo enteiro!".
 

15/07/2019

A III Festa do Chicharro Lañado terá lugar este venres, 19 de xullo, no peirao de San Ciprián, a partir das 19:30 horas.

A cita está organizada pola A.P.A. Coletiñas e A Rebolaxe, coa colaboración do Concello de Cervo.

O rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e a de Medio Ambiente, Mali Méndez, presentaron a cita acompañados dunha representación das dúas asociacións organizadoras.

Repartiranse racións de chicharros lañados, cachelos e pan a un prezo de 5 euros, e haberá música en directo a cargo de DJ Posesion e Jam Session; a tarde estará amenizada polos Misturos. 

 

Etiquetas:
11/07/2019

O programa de actos dará comezo ás 12:00 horas, na praza do Concello, coa actuación da charanga Os Charangos e Disco Móbil. Ás 12:30 horas presentarase Acuario, obra de teatro coa que descubrir a riqueza biolóxica e gastronómica do litoral xovense. Ás 13:30 horas haberá un obradoiro de chapas, na praza do Concello ou, en caso de mal tempo, no salón de actos municipal, con entrada de balde ara completar aforo.

Non faltará como é habitual a tradicional degustación deste exquisito produto e doutros manxares desta terra.

Ademais ata o día 28 de xullo, na Sala de Exposicións do Concello, pode visitarse a mostra O percebe e o seu ecosistema, en horario de 10:00 a 21:00.

O evento está organizado polo Concello de Xove, a asociación de festexos A Medorra, o Grupo de Acción Local do Sector...

leer más
Etiquetas:
26/06/2019

O grupo Compay Segundo actuará o 14 de xullo na vila. Trátase dun dos pratos fortes do VI Ribadeo Indiano, que organizan o Concello e Acisa. Entre as novidades deste 2019 figuran un Ciclo de Cine Cubano e o I Certame de Pintura Rápida. Ademais a ONCE dedica un dos seus cupóns ao Ribadeo Indiano. 

Desde a organización indican que “despois de cinco anos nos que o éxito foi a máis, agora toca afrontar unha nova edición coa ilusión posta nunha celebración que nos dá a coñecer polo mundo adiante e que se ten convertido nunha das referencias fundamentais do verán”. 

Unha nova edición, este ano dedicada a Cuba, cargada de propostas diferentes para facer que o Ribadeo Indiano reluza con máis esplendor. Esta edición celebrará os seus días fortes do 12 ao 14 de xullo e como novidade estrela o domingo no barrio de San Roque...

leer más
Etiquetas:
26/06/2019

A comisión organizadora, o concelleiro de Cultura, José Díaz, e o alcalde, Alfredo Llano, presentaron esta tarde a VIII Festa Castrexa que terá lugar os días 28 e 29 de xuño. Durante estas xornadas haberá desfile de clans, teatro e xogos castrexos, queimada popular, exhibición de cetrería, espectáculos na rúa, mercado castrexo, gastronomía e música, entre outras actividades. 

Alfredo Llano invita “a todo o mundo, tanto de Burela como da comarca da Mariña e de toda Galicia a que se aproximen este venres e este sábado para poder apreciar a festa castrexa que facemos aquí cunha grande vistosidade. O venres temos un importante desfile e ao día seguinte temos xogos e infinidade de actividades atractivas e suficientemente motivadoras para que nos veña a ver moita xente a participar ou polo menos observar e disfrutar desta cita”. 

... leer más
Etiquetas:
21/06/2019

O Centro Comercial Aberto de Foz organiza a sexta edición da Festa Vintage que se celebrará os días 28 e 29 de xuño.

Os comercios participantes ofrecerán descontos especiais durante esas dúas xornadas. Ademais haberá actividades de animación nas rúas, algunhas dedicadas especialmente aos máis pequenos e a música tamén será protagonista para amenizar a sesión vermú.

Xoyma colabora coa Festa Vintage organizando unha sesión vermú a mediodía e un concerto pola noite o sábado. Será a carón deste local. E Pastelería Anduriña tamén ofrecerá unha sesión vermú o sábado nas inmediacións deste establecemento.  

E diante da xoguetería Buxo, na glorieta de Vilalba, haberá unha sesión de globoflexia para nenas e nenos. 

O CCA conta coa colaboración do Concello de Foz e da...

leer más
20/06/2019

A asociación A Rebolaxe organiza a Festa de San Xoán en San Ciprián o 23 de xuño.

O programa de actividades dará comezo ás 13:00 horas con Mi rollo es el rock en sesión vermú. A partir das 19:00 horas haberá xogos tradicionais para nen@s e adult@s e ás 19:30 horas poderá degustarse chourizo, panceta e salchichas.

Ás 20:30 horas actuará Cacharela; ás 22:00 The Lazy Bones, e ás 24:00 horas dará comezo a fogueira. Ao longo da tarde celebraranse sorteos dun circuíto spa, Cd´s de Sés e de Lazy Bones e un xamón. Haberá aparcamento no estanco da praia do Torno.

Colaboran na organización: Concello de Cervo e Deputación de Lugo.

Etiquetas:
03/06/2019

Nove locais hostaleiros do porto focense organizan, coa colaboración do Centro Comercial Aberto e do Concello, a 1ª Festa Mariñeira que terá lugar do 14 ao 16 de xuño. O evento foi presentado este mediodía con asistencia de varios empresarios, do alcalde en funcións, Javier Castiñeira, e do presidente do CCA/Acia Foz, José Carlos Paleo. 

Haberá pregón o venres e música polos bares. O sábado os nenos e nenas desfrutarán de inchables e talleres mariñeiro e de maxia. Esa xornada varios locais terán sesión vermú, que contarán con ambientación musical en directo. E a partires das sete haberá tres concertos, que serán ás sete, ás nove e ás once da noite. 

Xa o domingo cinco grupos serán os protagonistas dos Cantos de Taberna, que percorrerán os locais participantes neste evento. Actuarán dúas formacións de Foz e outras...

leer más
Etiquetas:
26/04/2019

O Presidente da Deputación, Darío Campos xunto ao Tenente de Alcalde, Francisco MartínezBermúdez, e o Presidente do Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), Francisco Javier Rois Freijo, presentaron a XLI edición da Festa da Troita da Pontenova que terá lugar os días 30 de abril e 1 de maio. Este eventoestá declarado como Festa de Interese Turístico Galego e tamén de Interese Turístico Deportivo Nacional. O Goberno da Deputación vén apoiando nos últimos anos a organización deste evento, que este ano recibiu unha achega de 5.000 €.

Darío Campos destacou que “esta celebración da Pontenova é a segunda festa da troita máis antiga de Galicia. Xa conta con máis de 40 anos de tradicióne consolidouse coma un importante revulsivo económico para o Concello da Pontenova e para a contorna da Mariña o cal redunde positivamente na provincia”.

... leer más
Etiquetas:
22/04/2019

No mes de maio temos unha cita gastronómica e cultural de primeiro nivel no concello de Trabada. 

Celébrase a II Festa Gastronómica da Enfariñada, unha xornada na que a música, a artesanía e a gastronomía se integrarán nunha mesma celebración para desfrute de todos os visitantes. 

Pola mañá, a partir das 12:00 horas, terá lugar unha demostración de restauración-torno da man de Vicente Ledo; ás 12:30 actuará o Cuarteto Tradicional Illa Pancha, ás 13:30 Airiños da Freba e de forma simultánea o público poderá percorrer o Mercado de produtos locais de artesanía ou desfrutar do produto estrela: a Enfariñada. 

Chegadas as 16:30 actuará Susana Seivane, unha das artistas galegas de maior prestixio internacional. 

Despois do éxito da primeira edición, prevese que centos...

leer más