Festa
A asociación cultural Virxe das Dores organiza a VII edición da Festa do Xamón Cocido que se celebrará este sábado, 3 de agosto.
A festa terá lugar na praza do Souto, en Cervo, a partir das 12:00 horas, e pola tarde desde as 19:00 horas.
Serviranse racións de xamón ao prezo de 5 euros e de chourizo por 1´5 euros a unidade. A festa estará amenizada polo DJ FDB.
Colaboran na organización deste evento: Concello de Cervo e A.C. Airiños do Xunco.
O 3 de agosto celebrarase a XVI Festa do Percebe de Rinlo, que foi presentada esta mañá a carón das vellas cetáreas. En total vanse poñer á venda, na carpa da organización, 750 quilos deste produto e o prezo da ración será de 13 euros. Como novidade haberá visitas guiadas ás antigas cetáreas de Rinlo, unha pola mañá e outra pola tarde, e tamén un vaso conmemorativo deste evento gastronómico.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, declarou que “é a décimo sexta edición da Festa do Percebe de Rinlo, van máis de tres lustros desde esta idea que xurdira do Concello de Ribadeo nos primeiros anos, e despois foi trasladada á confraría de pescadores, singularmente a esta agrupación de percebeiros e percebeiras que a compoñen. Durante todo este tempo estiveron facendo unha festa que atrae a moitísima xente, que se fai no mellor da época estival,...
leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á festa do viño Albariño, de Cambados, evento que está declarado de interese turístico internacional. A viaxe será o día 3 de agosto, sábado.
A actividade inclúe o desprazamento en autocar, o almorzo, a comida e seguro de asistencia de viaxe. O prezo é de 45 euros por persoa.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
Presentada a XXII Festa da Merluza de Celeiro, que se celebra o vindeiro sábado, 20 de xullo, a partir das 21 horas na Lonxa Vella de Celeiro. Repartiranse entorno a 2000 racións de merluza fresca do pincho e 7 modalidades diferentes: especial Penalba, a la gallega, en salsa verde, en salpicón, en caldeirada, en empanada o en Galipizza. Os prezos oscilarán entre os 4 e os 10 euros.
Esta Festa é posible grazas a:
Aos 100 voluntari@s que colaboran na organización
Cofradía de Pescadores de Celeiro
Puerto de Celeiro S.A.
Concello de Viveiro
Deputación de Lugo
Abanca
Gadis
Desde a organización animan a acudir a Celeiro este sábado: "achégate a probar a merluza de Celeiro, a mellor do mundo enteiro!".
A III Festa do Chicharro Lañado terá lugar este venres, 19 de xullo, no peirao de San Ciprián, a partir das 19:30 horas.
A cita está organizada pola A.P.A. Coletiñas e A Rebolaxe, coa colaboración do Concello de Cervo.
O rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e a de Medio Ambiente, Mali Méndez, presentaron a cita acompañados dunha representación das dúas asociacións organizadoras.
Repartiranse racións de chicharros lañados, cachelos e pan a un prezo de 5 euros, e haberá música en directo a cargo de DJ Posesion e Jam Session; a tarde estará amenizada polos Misturos.
O programa de actos dará comezo ás 12:00 horas, na praza do Concello, coa actuación da charanga Os Charangos e Disco Móbil. Ás 12:30 horas presentarase Acuario, obra de teatro coa que descubrir a riqueza biolóxica e gastronómica do litoral xovense. Ás 13:30 horas haberá un obradoiro de chapas, na praza do Concello ou, en caso de mal tempo, no salón de actos municipal, con entrada de balde ara completar aforo.
Non faltará como é habitual a tradicional degustación deste exquisito produto e doutros manxares desta terra.
Ademais ata o día 28 de xullo, na Sala de Exposicións do Concello, pode visitarse a mostra O percebe e o seu ecosistema, en horario de 10:00 a 21:00.
O evento está organizado polo Concello de Xove, a asociación de festexos A Medorra, o Grupo de Acción Local do Sector...
leer másO grupo Compay Segundo actuará o 14 de xullo na vila. Trátase dun dos pratos fortes do VI Ribadeo Indiano, que organizan o Concello e Acisa. Entre as novidades deste 2019 figuran un Ciclo de Cine Cubano e o I Certame de Pintura Rápida. Ademais a ONCE dedica un dos seus cupóns ao Ribadeo Indiano.
Desde a organización indican que “despois de cinco anos nos que o éxito foi a máis, agora toca afrontar unha nova edición coa ilusión posta nunha celebración que nos dá a coñecer polo mundo adiante e que se ten convertido nunha das referencias fundamentais do verán”.
Unha nova edición, este ano dedicada a Cuba, cargada de propostas diferentes para facer que o Ribadeo Indiano reluza con máis esplendor. Esta edición celebrará os seus días fortes do 12 ao 14 de xullo e como novidade estrela o domingo no barrio de San Roque...
leer másA comisión organizadora, o concelleiro de Cultura, José Díaz, e o alcalde, Alfredo Llano, presentaron esta tarde a VIII Festa Castrexa que terá lugar os días 28 e 29 de xuño. Durante estas xornadas haberá desfile de clans, teatro e xogos castrexos, queimada popular, exhibición de cetrería, espectáculos na rúa, mercado castrexo, gastronomía e música, entre outras actividades.
Alfredo Llano invita “a todo o mundo, tanto de Burela como da comarca da Mariña e de toda Galicia a que se aproximen este venres e este sábado para poder apreciar a festa castrexa que facemos aquí cunha grande vistosidade. O venres temos un importante desfile e ao día seguinte temos xogos e infinidade de actividades atractivas e suficientemente motivadoras para que nos veña a ver moita xente a participar ou polo menos observar e disfrutar desta cita”.
... leer másO Centro Comercial Aberto de Foz organiza a sexta edición da Festa Vintage que se celebrará os días 28 e 29 de xuño.
Os comercios participantes ofrecerán descontos especiais durante esas dúas xornadas. Ademais haberá actividades de animación nas rúas, algunhas dedicadas especialmente aos máis pequenos e a música tamén será protagonista para amenizar a sesión vermú.
Xoyma colabora coa Festa Vintage organizando unha sesión vermú a mediodía e un concerto pola noite o sábado. Será a carón deste local. E Pastelería Anduriña tamén ofrecerá unha sesión vermú o sábado nas inmediacións deste establecemento.
E diante da xoguetería Buxo, na glorieta de Vilalba, haberá unha sesión de globoflexia para nenas e nenos.
O CCA conta coa colaboración do Concello de Foz e da...
leer másA asociación A Rebolaxe organiza a Festa de San Xoán en San Ciprián o 23 de xuño.
O programa de actividades dará comezo ás 13:00 horas con Mi rollo es el rock en sesión vermú. A partir das 19:00 horas haberá xogos tradicionais para nen@s e adult@s e ás 19:30 horas poderá degustarse chourizo, panceta e salchichas.
Ás 20:30 horas actuará Cacharela; ás 22:00 The Lazy Bones, e ás 24:00 horas dará comezo a fogueira. Ao longo da tarde celebraranse sorteos dun circuíto spa, Cd´s de Sés e de Lazy Bones e un xamón. Haberá aparcamento no estanco da praia do Torno.
Colaboran na organización: Concello de Cervo e Deputación de Lugo.