Memoria
A asociación Nordés organiza as xornadas Memoria dun tempo que se celebrarán na Casa da Cultura de O Vicedo os días 22, 23 e 24 de agosto.
O xoves 22 ás 20:00 horas proxectarase o documental El silencio de los otros, galardoado co Goya 2018 e co Premio do Público da Berlinale, entre outros. De seguido haberá un debate con Luís Bará de Iniciativa Galega pola Memoria.
O venres 23 ás 20:00 horas o profesor e investigador Claudio Castro Lage falará de Luciano Pérez Riveira, que foi alcalde durante a II República do Concello de Riobarba (dende 1952 O Vicedo). A partires das 22:00 horas, ofrecerá un recital o músico e cantautor de O Carballiño Andrés Fernández.
E o sábado 24 ás 12:00 horas na ponte vella de O Barqueiro celebrarase unha homenaxe ás persoas represaliadas en xeral e na comarca en...
leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, o editor Manuel López Martínez de Gráficas Lar, e o autor Paco R.Salgueiro, presentaron na Casa Escola desta parroquia “Galdo, o que queda na memoria”, unha publicacióncoa que colabora o Goberno da Deputación.
No acto tamén estiveron presentes o Alcalde de Burela e Presidente da Mancomunidade da Mariña Lucense, Alfredo Llano García, así como membros da corporación municipal, ademais do Presidente da Asociación de Veciños do Camiño de Galdo, Francisco Rivera. O Presidente dixo que “a parroquia de Galdo vive un momento histórico. Hoxe preséntase unha edición coa recompilación de gran parte da súa historia. Pero o que é mais importante, un libro que pon cara, cor e calor con nomes, apelidos e alcumes dos seus protagonistas”.
... leer másO 24 de agosto comezan no concello de Mañón, en O Barqueiro, as VII Xornadas Memoria dun tempo, organizadas pola asociación Nordés e que se desenvolverán ata o sábado 26.
Nesta edición as xornadas están totalmente dedicadas ao papel da muller dende a perspectiva da memoria histórica, e o xoves 24 intervirán Victoria Martíns Rodríguez e Ángel Rodríguez co relatorio O compromiso coa igualdade: unha visión de futuro desde a análise do pasado. Previamente proxectarase o seu documental Digna Rabia, ás 20:00 horas no salón de actos do Concello de Mañón.
O venres 25, participará Montse Fajardo Pérez quen forma parte do equipo redactor do programa A memoria das mulleres, promovido pola Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra, e é tamén autora de ...
leer más







