Memoria
O grupo Itaca Teatro porá en escena a obra Formigas no peto no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, este sábado, 6 de novembro, ás 20:30 horas.
Trátase dunha proposta innovadora e orixinal que une a narración oral co teatro de imaxes e personaxes moi recoñecibles e familiares vencellados á nosa historia cotiá dende as nosas avoas ata nós mesmos.
O protagonista desta historia entra no Bazar da Memoria e dende alí cóntanos, sinte e viaxa por momentos e emocións da súa patria que é, nin máis nin menos que, a súa infancia ou a nosa.
A obra está dirixida por José Campanari, quen é o autor xunto a Ana Carreira, e interpretada por Carlos Rebolo.
A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 162 ou en rbg.cultura@viveiro.es...
leer másO Concello de Cervo inicia un novo curso do taller de memoria que programa cada ano – a excepción do anterior debido á pandemia - a delegación de Servizos Sociais, e que imparte polos locais das diferentes parroquias do municipio a técnica deste departamento, Elisabet Peña.
Ao longo deste curso trabállanse técnicas e estratexias co fin de fortalecer e rehabilitar a atención, a orientación, a memoria, o razoamento, a linguaxe, o cálculo, a psicomotricidade e as funcións neurocognitivas.
Sinala o rexedor Alfonso Villares que “é unha actividade máis que consolidada dentro da programación que deseñamos para os nosos maiores; tentando ofrecerlles todas as ferramentas que están ao noso alcance para estimular e dinamizar o seu día a día, ao tempo que traballan e exercitan esa facultade tan importante que temos, como é...
leer másO Concello de Ourol organiza un obradoiro de ximnasia de mantemento e outro de entrenamento da memoria, ámbolos dous para persoas maiores.
O obradoiro de ximnasia de mantemento dará comezo os días 5 e 8 de outubro. Haberá grupos os martes e os venres, en horario de 11:00 a 12:00. Cada grupo terá un límite de 6 prazas por motivo das restricións sanitarias.
A actividade terá lugar no edificio multiusos e será obrigatorio o uso de máscara. O obxectivo deste obradoiro é mellorar a calidade de vida das persoas maiores e retrasar os efectos do envellecemento a través da realización de exercicio físico adaptado.
O obradoiro de entrenamento da memoria comezará o día 13 de outubro e terá lugar os mércores, no edificio multiusos, en horario de 11:00 a 12:30, sendo obrigatorio o uso de máscara. O...
leer másA asociación Nordés organiza a décima edición das Xornadas Memoria dun Tempo, que se celebrarán os días 20, 21 e 22 deste mes de agosto. O aforo será limitado. É necesario inscribirse.
O programa dará comezo este xoves, 20 de agosto, ás 19:30 horas coa conferencia titulada Democracia e violencia na II República, que correrá a cargo de Emilio Grandío, profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago; e Eliseo Fernández, historiador e grande coñecedor do anarquismo en Galicia.
O venres 21 ás 20:00 horas intervirá Francisco J. Leira Castiñeira, doutor en Historia pola Universidade de Santiago e premio Miguel Artola, pola tese La socialización de los soldados del ejército sublevado (1936-1945), quen falará da incorporación obrigada ao exército golpista de milleiros de homes. Francisco Leira...
leer másO Concello de Xove pon en marcha durante o mes de xullo o Taller de Memoria.
O obxectivo da Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Ana Abad, é continuar deste xeito realizando actividades dirixidas a manter un envellecemento activo das persoas maiores do municipio.
Este ano, debido ás medidas de seguridade decretadas pola alerta sanitaria do Covid-19, a actividade non será presencial. Os participantes teñen que ser maiores de 60 anos e as persoas interesadas deben contactar telefonicamente coa educadora familiar Angélica Casabella, responsable do servizo. Unha vez anotadas deberán recoller, no Concello, o material de memoria cada quince días.
O Concello de Cervo reparte xa casa por casa o material didáctico do taller de memoria a domicilio que puxo en marcha a través da delegación de Servizos Sociais.
Pilar Armada recorda que esta actividade, que xa conta cunha trintena de participantes e que está dirixida tanto para as persoas usuarias habituais do obradoiro como para a veciñanza en xeral, foi concibida “co obxectivo de achegarlles eses exercicios tan saudables para exercitar a nosa memoria para que os poidan realizar desde a casa. Son actividades –engade- que ademais de axudar a exercitar a nosa mente, consideramos que tamén poden ser unha boa opción para ocupar o noso tempo neste días de confinamento”.
Aquelas persoas que desexen recibir o material didáctico no seu domicilio deben poñerse en contacto con nós a través do teléfono 615 32 13 86: e no...
leer másA Concellería de Servizos Sociais en Lourenzá organiza un taller de memoria na casa dirixido a toda a veciñanza. Ademais imprime tarefas e apuntes escolares aos alumnos e alumnas que non dispoñan de medios tecnolóxicos para facelo nos seus fogares.
O taller de memoria na casa está dirixido a todos os alumnos e alumnas que participaban nesta actividade antes do confinamento e tamén ao resto de veciños do municipio. O material para os participantes nesta iniciativa será enviado aos seus domicilios a través dun empregado municipal. Os interesados deben contactar cos Servizos Sociais do Concello e falar con Dolores no número de teléfono 982.12.10.36 en horario de 09:00 a 13:00 de luns a venres.
Por outra parte, a impresión de tarefas e apuntes escolares é unha iniciativa que o Concello de Lourenzá leva a cabo en...
leer másO Concello de Cervo pon en marcha un taller de memoria a domicilio aberto tanto para as persoas usuarias da actividade como para a veciñanza en xeral, tan e como precisa a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada.
Armada explicou que, por circunstancias que todos coñecemos, tivemos que clausurar as clases presenciais ás que asisten uns corenta veciños e veciñas e que impartimos polas diferentes parroquias, moito antes do previsto –a actividade cesa normalmente durante os meses de verán-.
Co obxectivo de que os usuarios poidan seguir a realizar nos seus fogares esas actividades tan saudables para exercitar a nosa memoria, decidimos poñer en marcha un obradoiro a domicilio que queremos achegar a toda a veciñanza.
Aquelas persoas que desexen recibir o material didáctico no seu domicilio deben...
leer másO Concello de Ourol organiza un curso de memoria para maiores.
A actividade dará comezo o día 16 de outubro e terá lugar no Edificio Multiusos, en horario de 11:00 a 12:30 horas. O curso desenvolverase todos os mércores e rematará no mes de xuño.
As persoas en obter máis información poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais, co número de teléfono 982 55 91 09.
O Concello de Cervo inicia un novo curso do taller de memoria que programa cada ano a delegación de Servizos Sociais, e que imparte polos locais das diferentes parroquias do municipio a técnica deste departamento, Elisabet Peña.
Comeza un novo curso no que, fundamentalmente, se traballan técnicas e estratexias co fin de fortalecer e rehabilitar a atención, a orientación, a memoria, o razonamento, a linguaxe, o cálculo, a psicomotricidade e as funcións cognitivas en xeral.
Sinala o rexedor Alfonso Villares que “é unha actividade máis que consolidada dentro da programación lúdico-cultural que deseñamos para os nosos maiores; tentando ofrecerlles todas as ferramentas que están ao noso alcance para estimular e dinamizar o seu día a día, ao tempo que traballan e exercitan esa facultade tan importante que temos, como...
leer más












