Obradoiro

Etiquetas:
08/04/2022

Mañá sábado ás 12:30 horas na Praza do Souto, de Cervo, haberá un taller infantil de Ovos de Pascua. Vai enfocado a nenos de 5 a 12 anos e as inscricións farase antes de comezar o obradoiro na propia praza.

Tamén mañá sábado ás 21:30 horas na Praza dos Campos, dentro do ciclo de concertos O son do Nordeste, actuará o grupo de versións de rock THE NUNZIA'S ROCK COVER BAND. 

E o domingo ás 13:30 horas na Praza do Souto, dentro do ciclo de concertos A Caixa de Música, actuará o grupo Axóuxere de Roupar.

Para todas actividades están habilitadas dúas carpas, tanto na Praza do Souto como na Praza dos Campos.

 

Etiquetas:
31/03/2022

Este sábado, 2 de abril, celébrase o día do libro infantil, coincidindo co aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, autor danés ben coñecido por todo o público polos seus inmortais contos.
 
Para conmemorar esta data importante no mundo do libro, na Libraría Bahía, de Foz, organizan un contacontos acompañado dun obradoiro plástico  titulado La invasion de los pulgones, a cargo da autora e ilustradora Nelo Polichi. 

Será  o mesmo sábado ás 12 da mañá na libraría. E unha actividade gratuíta e aberta para todas as nenas e nenos que queiran participar. “Logo de dous anos sen poder realizar apenas actividades no interior da libraría por mor da pandemia, fainos moita ilusión recuperar este espazo de animación á lectura tamén para a xente máis pequena”, sinalan desde Bahía.

Etiquetas:
28/03/2022

O Concello de Cervo organiza esta semana un obradoiro sobre a importancia da muller na historia familiar para os dous colexios de primaria do municipio.

“As mulleres que nos constrúen”, de Tarabela Creativa, é o título deste taller, que busca indagar nas historias das orixes e como as mulleres que forman parte das nosas familias aportan e lles dan valor aos nosos relatos de identidade.

Tirando dos fíos familiares entenderán a importancia de todas e cada unha das mulleres da súa familia, como seres individuais e como parte da comunidade.

O obradoiro comezou a impartirse hoxe, e estarán ata mañá martes, no CEIP de Cervo. O mércores e o xoves será a quenda para o alumnado do CEIP Península da Paz.

As actividades incluídas no taller están dirixidas a todos os cursos...

leer más
Etiquetas:
08/02/2022

O Concello de Viveiro impulsa o obradoiro “As mulleres que nos constrúen”, co obxectivo de unir a figura de Rosalía de Castro, cuxo día se celebra o vindeiro 23 de febreiro, coa historia das orixes de cada persoa. 

A actividade celebrarase os días 19 e 20 de febreiro na Sala Multiusos do Concello de Viveiro. O obradoiro diríxese a nenos e nenas a partir de 6 anos, para que indaguen na historia das mulleres que forman parte da súa familia. Os participantes afondarán en como as decisións e acontecementos na vida destas mulleres atravesaron o tempo ata chegar ás seguintes xeracións. 

As persoas interesadas en participar nesta actividade gratuíta deben inscribirse por teléfono na Biblioteca Municipal de Viveiro: 982570606. A continuación, facilitarase vía e-mail a información necesaria. 
Os nenos e nenas...

leer más
Etiquetas:
11/12/2021

Erikas e Peluxías e a asociación A Tribo da Travesía organizan, coa colaboración do Concello de Ribadeo, un obradoiro de percusión africana que se celebrará o vindeiro xoves, 16 de decembro, de 19:30 a 21:30 horas, na escola vella de Rinlo.

As persoas interesadas poden anotarse por whatsapp no 649 808 993. As prazas son limitadas. Para participar non é preciso levar instrumento nin ter coñecementos previos.

Ás 21:30 horas soarán os ritmos africanos nos tambores de Thorsten e Paz.

Etiquetas:
20/09/2021

Ribadeo acollerá un obradoiro teatral que se celebrará, o vindeiro sábado, 25 de setembro, previo á función teatral da compañía Anabel Díaz Producciones, A casa de Bernarda Alba. Ás dúas actividades inclúense no ciclo Camiño Escena Norte, que trae á nosa comunidade compañías da cornixa cantábrica e leva a esas comunidades compañías galegas.

Segundo informa a Concellaría de Cultura ribadense o obradoiro, impartido pola directora da compañía, Anabel Díaz, abordará a contextualización do espectáculo A mamá: unha nova mirada da casa de Bernarda Alba. Desenvolverase no vestíbulo do Auditorio Hernán Naval, na rúa Bos Aires, 14, en horario de 17:30 a 19:00 horas. O número máximo de participantes é de 15 persoas, que deberán coñecer o texto ou ben a historia e trama do espectáculo. A inscrición pódese facer no correo coordinació...

leer más
Etiquetas:
19/07/2021

O Complexo Regalxunqueira de Viveiro organiza este sábado, 24 de xullo, un obradoiro de arteterapia con barro titulado Modela a túa inimiga interior para transformarte na túa mellor aliada.

A actividade desenvolverase de 11:00 a 14:00 horas e será dirixida por Renata Otero, artista de orixe mariñá que leva establecida hai uns anos en Santiago e que conta con vintecinco anos de experiencia como formadora de arte e combina o coaching de vida co arteterapia desde hai seis anos.

Trátase dunha proposta diferente que mestura o lecer co autodesenrolo persoal e que ofrece a posibilidade de favorecer un encontro entre a persoa e a arxila que vai manipular dun xeito profundo e sanador. Nas tres horas que dura o obradoiro, practicarase unha meditación moi doada para non iniciados, un pouco de escritura automática,...

leer más
Etiquetas:
09/07/2021

A Concellería de Cultura organiza un obradoiro infantil de iniciación ao graffiti, que terá lugar durante a celebración do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte en agosto. O prazo de inscrición ábrese o 12 de xullo. 

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “a partir deste próximo luns, 12 de xullo, ábrese o prazo de inscrición para un obradoiro infantil que imos facer durante o desenvolvemento do Certame de Pintura Mural Amarte deste ano, que se vai celebrar entre o 5 e 8 de agosto. A xente pode chamar á Casa da Xuventude ao teléfono 982 58 11 41 para anotarse. O taller será completamente gratuíto”.

O edil burelés sinalou que “o sábado 7 de agosto de once da mañá a dúas da tarde vaise facer un taller para nenos de entre 10 e 15 anos de iniciación á pintura en graffiti. Vai ser no mesmo muro,...

leer más
Etiquetas:
21/10/2020

A Concellería de Medio Ambiente organiza un obradoiro titulado Alquimia na cociña, que se celebrará o 7 de novembro ás 16:00 horas na Praza de Abastos da vila.

A duración do curso será dunhas tres horas e media e para poder asistir é necesario estar empadroad@ en Burela. As persoas interesadas poden anotarse na oficina de Gaia, na Praza de Abastos, ou a través do número de teléfono 647 136 673. As prazas son limitadas.

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, dixo: ¿preguntácheste algunha vez por qué algunhas persoas sempre teñen frías as mans ou os pés, outros arrefríanse con facilidade ou incluso precisan unha cervexa para relaxarse?”.  

A edil burelesa explicou que “neste curso descubrirase como facer alquimia na cociña e na vida utilizando ferramentas que todos temos. Abordarase...

leer más
Etiquetas:
15/09/2020

O Concello de Burela organiza un obradoiro de xabóns artesanais e medicinais, que se celebrará este venres, 18 de setembro. A actividade enmárcase na programación da Semana Europea da Mobilidade, que da comezo mañá. 

O obradoiro está pensado para adultos e é gratuíto. Terá lugar na Praza de Abastos e desenvolverase de 17:00 a 20:30 horas. As persoas interesadas poden inscribirse a través do número de teléfono 647 136 673. O número de prazas é limitado e para participar é necesario estar empadroad@ no Concello burelés.

Neste obradoiro elaboraranse distintos tipos de xabóns de xeito tradicional, tanto para o uso cosmético como para o fogar. Farase unha introdución ás plantas medicinais e ás súas propiedades, como ingrediente para a elaboración dos xabóns. Traballaranse distintas técnicas de decoración e tinguido e...

leer más