Patronais

Etiquetas:
31/08/2021

A Concellaría de Cultura ven de presentar a programación coa que se rememorarán as festas da Patroa do 4 ao 8 de setembro. Os espectáculos serán para ver sentados e en recintos perimetrados. Haberá concertos, pasarrúas e actividades infantís. En Ribadeo estará o Mago Antón o día 6 e o 8, Día da Patroa, os Cocos e os Cabezudos bailarán nun espazo habilitado para eles. Haberá misa cantada pola Coral Polifónica ribadense. Esa xornada tamén ofrecerá o seu tradicional concerto da Patroa a Banda Municipal de Música de Ribadeo. Non serán unhas festas patronais como as anteriores á pandemia, pero o Concello quere contribuír “a que siga vivo o noso espírito festeiro”, segundo declarou a concelleira de Cultura, Pilar Otero.

A edil dixo que “non queríamos deixar pasar un ano máis sen celebrar dalgún xeito as patronais. Seguimos en tempos incertos que...

leer más
Etiquetas:
04/06/2021

Burela prepárase para vivir dun xeito diferente a fin de semana grande das súas festas patronais, marcadas neste 2021 pola situación sanitaria ocasionada polo covid. 

Hoxe, venres, ás oito da tarde na praza da Mariña terá lugar o concerto do grupo de rock da Escola Municipal de Música de Burela. Mañá, 5 de xuño, desde as nova da mañá na praza do Concello desenvolverase a confección da alfombra floral. E haberá pasarrúas a cargo da Mekánika Rolling Band e da A.C.M. Dambara, un entre as 12 e as 15 horas e outro entre as 19 e as 21 horas. Xa ás nove da noite celebrarase misa solemne na igrexa parroquial de Santa María.

O domingo, 6 de xuño, a Banda de Santo Inocencio de Teixeira ofrecerá un pasarrúas por Burela. E ás 12 haberá de novo misa solemne na igrexa parroquial e á unha do mediodía interpretación da salve...

leer más
04/06/2020

Esta fin de semana haberá unha serie de actos en Burela para render unha homenaxe á xente do mar e ás veciñas e veciños do pobo despois de que foron suspendidas as festas patronais como consecuencia do Covid-19. O sábado haberá unha alfombra floral na praza do Concello, o domingo terá lugar unha misa e a baixada da Virxe ata o barco museo Reina del Carmen e o martes celebrarase a ofrenda floral aos náufragos. A presidenta da comisión de festas e concelleira Toñi Eijo agarda que non se produzan aglomeracións e que se manteña o distanciamento social.

Toñi Eijo contou que “imos facer unha alfombra, na praza do Concello, que farán dez persoas con EPIS, dedicada ao mar. Empezarán o sábado, ás nove e media, a facer a alfombra que terá dez metros de largo por cinco de ancho. A ver se o tempo nos permite deixala exposta do sábado para o domingo. O...

leer más
Etiquetas:
26/05/2020

O Concello de Burela organizará varias actividades os días 6 e 7 de xuño ao non poder celebrar as festas patronais debido ao Covid-19. O sábado haberá pasarrúas de cinco a oito da tarde a cargo de Dambara e as súas agrupacións de gaiteiros. O domingo a Banda de Santo Inocencio interpretará a Salve Mariñeira a carón do barco museo Reina del Carmen. Esa actuación gravarase e colgarase nas redes sociais. E finalmente o martes, 9 de xuño, terá lugar a ofrenda floral aos falecidos no mar.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “dada a situación que todos coñecemos respecto ao virus que nos cambiou os plans de todo tipo, incluídas as festas, en Burela se suspenderon como en todos os sitios. Ademais eran as primeiras do verán, entón eramos os primeiro que tíñamos que tomar decisións. Non sei si en agosto ou en setembro ao mellor se poden...

leer más
Etiquetas:
14/04/2020

Desde a organización explican que "tras un consenso dos comisionistas decídese cancelar as Festas do San Xoán de Covas, ten en conta a grave crise sanitaria e socio-económica que estamos a vivir. Para garantir unhas festas nunhas condicións axeitadas, vemos oportuno aprazalas cunha nova reorganización, nun principio para a fin de semana do 12 de setembro, na honra á nosa Señora dos Remedios, sempre e cando as condicións socio-sanitarias para daquela nolo permitan". 

Covas aprazará deste xeito as festas patronais que debían comezar na cuarta semana de xuño ao mes de setembro. Esta decisión debateuse cos principais responsables nunha reunión por vídeo conferencia.

A organización agarda que “nos próximos meses a situación cambie e en setembro nos poidamos reunir para festexar San Xoán e Nosa Señora dos Remedios....

leer más
Etiquetas:
12/03/2020

As festas patronais de Burela terán lugar do 5 ao 8 de xuño e a comisión organizada comeza estes días a recoller os donativos para sufragalas. Da comisión forman parte catro persoas: os concelleiros Toñi Eijo e José Díaz, xunto a Belén Ramudo e Paco González. Con eles colaboran persoas a título individual e tamén a asociación de palilleiras. 

José Díaz dixo esta mañá: “queremos anunciar que la comisión de fiestas de Burela va a empezar a trabajar para preparar los festejos de este año. Son menos componentes que otros años porque cada vez es más complicado conseguir que gente voluntaria eche un cable para todo lo que supone organizar las fiestas patronales. De hecho solo quedamos 4 en la comisión y lo que hicimos fue hablar con asociaciones, como la de palilleiras, que van a ayudar en el proceso de pedir donativos para las fiestas y toda la...

leer más
Etiquetas:
24/09/2019

Este xoves, 26 de setembro, dan comezo as festas de San Cosme de Barreiros. Ás 13:30 horas, haberá misa solemne na igrexa de abaixo con posterior procesión. Despois terá lugar a sesión vermú co grupo La Bamba, que tamén amenizará a verbena xunto ao dúo Estrellas.

O venres 27 ás 13:30 horas celebrarase unha misa solemne na igrexa de arriba. De seguido haberá sesión vermú co grupo Abanico que tamén estará na verbena xunto a Lecer.

Estes festexos están organizados por C.F. Celta Barreiros coa colaboración do Concello de Barreiros.

 

Etiquetas:
28/08/2019

Co pregón que pronunciará o xornalista ribadense Fabián Pérez Rego este sábado, 31 de agosto, darán comezo as festas patronais de Ribadeo 2019. Será ás 20:30 horas no Teatro. E no mesmo intervirán o presidente da comisión organizadora, Juan José Otero, e o alcalde, Fernando Suárez. O acto será conducido pola xornalista Carmen Cruzado.

O pregoeiro Fabián Pérez naceu en Ribadeo en 1993, estudou no Colexio Sagrado Corazón e no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros. En 2011 trasládase a Barcelona a cursar a carreira de Xornalismo e dous anos de Ciencias Políticas. Desde 2015 reside en Madrid, cidade á que se desprazou inicialmente para cursar un máster.

Pasou polo diario El Progreso en A Mariña no verán de 2014 e estivo na Cadena SER en Barcelona en 2015. Actualmente traballa como reporteiro no programa Todo es...

leer más
27/08/2019

O Concello do Valadouro organiza as Festas do Oito que darán comezo o 7 de setembro cunha xornada que estará patrocinada por locais hostaleiros, comerciais e polo propio Concello. Ese día ás 14:30 horas haberá sesión vermú co grupo Café Olé; ás 16:30 horas parque infantil con Diverneno; e ás 22:30 horas celebrarase a verbena con Café Olé, Los Alcántara e discoteca móbil Decibelios.

O domingo, 8 de setembro, ás 12:30 horas terá lugar a misa solemne na honra de Santa María; ás 14:30 horas haberá sesión vermú amenizada polo grupo Fénix; ás 20:00 horas presentarase o espectáculo de maxia Maxia de catro a catro co mago Pedro Bugarín, no salón de actos da Casa da Cultura; e ás 22:30 horas haberá verbena co grupo Fénix e Nazaret.

Xa o luns, 9 de setembro, ás 11:00 horas terá lugar o pasacalles coa banda de música Ars...

leer más
Etiquetas:
23/08/2019

Presentado o Programa das Festas Patronais de Xove 2019, dedicadas a San Bartolo (Patrón de Xove) e á Virxe do Carme.

No acto participaron os organizadores das Festas, o Concello coa presenza do alcalde, Demetrio Salgueiro, e a Comisión formada por Carlos Cociña, Benigno Canoura, Luis Pico e Dalmacio Fernández.

As Festas, que comezan o 29 de agosto co Día da Xuventude, van rematar o 2 de setembro co Día do Neno. Nas mesmas inclúese un intenso conxunto de actividades de todo tipo: concertos, bailes, teatro, deporte, exposicións e un amplo etc.. No deseño do programa tentouse de realizar  actividades para tódolos grupos de idades, dende os máis xoves ao máis maiores.