Premios
29/06/2015
Mañá, martes, celébrase a II Gala do Deporte, que organiza o Concello ribadense. Será a partir das 21:30 horas no pazo municipal de deportes. En total serán premiados 234 rapaces e rapazas de 10 modalidades deportivas. O evento foi presentado esta mañá polo alcalde, Fernando Suárez, e polo novo concelleiro de Deportes, David Rivas.
O rexedor dixo que “é a segunda vez que facemos esta Gala, quedounos moi bo sabor de boca o ano pasado cando intentamos xuntar a todos os rapaces e rapazas que en torneos e competicións tiveron algún tipo de recoñecemento: que gañaron ou que quedaron subcampións, etcétera. Pretendemos facelo así porque se facemos recepcións esporadicamente a algúns sempre quedarían outros equipos. Pero o Concello de Ribadeo ten que tratar a todo o mundo por...
leer más 10/06/2015
O próximo 26 de xuño celebrarase a Cea-Baile do Praias de Barreiros C.D. Terá lugar no Refugio O Castro ás 22:00 horas.
MENÚ:
- Entrantes Ibéricos
- Mexillóns ó vapor
- Croquetas
- Pastel de cabracho
- Medallóns de solomillo en salsa
- Tarta da avoa
- Bebida
- Café e chupito
PREZOS:
- Socios...
leer más 05/06/2015
O grupo hostaleiro Galipizza&cia, coa súa campaña “Facendo Co-Mar-Ca”, premia as compras realizadas en todo tipo de comercios da Mariña Lucense a través dos seus locais en Viveiro e Ribadeo.
A empresa invita ós seus clientes a participar depositando en calquera momento os seus tickets de compra nas urnas ubicadas en Galipizza Ribadeo e Viveiro, así como en As Tixolas e Dékada, tamén en Covas.
Ó final de cada mes escóllese por sorteo un ticket en Viveiro e outro en Ribadeo, e o premiado recibirá un cheque polo importe do ticket seleccionado. Galipizza ven de realizar o sorteo do mes de maio, e os premiados foron Juan Manuel Rego Rivas, con un ticket de compra de 187,35€ en Erosky Center Viveiro, e Enrique Rocha, cunha compra de...
leer más