Viveiro

22/11/2023

O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na sua cidade. Pon en marcha dende o este xoves 23 ata o sábado 25 de Novembro a campaña “Black Friday, Os mellores Descontos Mercando no comercio Local”, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos. 

Serán 43 negocios facendo super descontos e promocións, participan tanto comercios como servizos, hai dende tendas de roupa, calzado, complementos, deportes, moda de nenos, lencerías, mercerías, ópticas, moblerías, xoierías, xogueterías, telefonía, cerámica, salóns de peiteado, tratamentos de beleza e servizos de masaxes. Un amplo abanico de negocios e sectores que fan que esta campaña sexa moi atractiva para mercar no comercio local. 

Unha oportunidade de vir a Viveiro a mercar, dando un...

leer más
Etiquetas:
21/11/2023

Este mércores, 22 de novembro, terá lugar no salón de actos do Concello de Viveiro ás 19:30, a III edición do Club de Lectura en Feminino, dinamizado por Estíbaliz Veiga. 

Esta reunión contará coa presenza da autora Leticia Costas, co seu libro "Golpes de Luz", sendo parte da programación municipal con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Contra a Violencia de Xénero

Aínda que esta xuntanza será presencial, o club leva desenvolvéndose en liña dende o pasado día 26 outubro, co apoio dos fondos do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero 2023. Estará en funcionamento ata o vindeiro 30 de maio de 2024

 

Etiquetas:
17/11/2023

O obxectivo destas colaboracións é poñer en valor “o cine”, un sector tan sumamente castigado nos últimos tempos e que non podemos permitir que desapareza o único que queda en Viveiro. Por este motivo, o CCHV, a Asociación Prato-Do co seu proxecto Viveiro Sostible e Cines Viveiro continúan a sumar forzas para fomentar e apoiar a cultura cinematográfica nos mais novos.

Estas asociacións explican que "o ano pasado iniciamos este tipo de colaboracións, no que se ofrecían descontos en forma de vales para animar ós pais e nenos a ir ó cine e a iniciativa foi moi ben acollida. Para esta fin de semana, poremos en marcha de novo esta iniciativa para achegar o cine a tódolos pequenos. Consiste nun vale desconto de 2€ para o sábado 18 ou o domingo 19 de novembrocon 3 películasde animación e aventurasa elexir,“Trolls 3, “La Patrulla Canina” y “Una...

leer más
Etiquetas:
17/11/2023

Os actos comezarán mañá, sábado 18 de novembro, co obradoiro ‘Cultura Urbana on Tour’, organizado pola asociación de familias monoparentais 'Fagamos'.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca “a necesidade de seguir combatindo a lacra que supón a violencia machista, co obxectivo de conseguir erradicala por fin da nosa sociedade”.

Pola súa banda, a concelleira de Muller e Igualdade, Lara Fernández Fernández-Noriega, sinala “a importancia de sensibilizar e visibilizar o que supón a violencia machista para as vítimas e as familias”. “Estamos pendentes de confirmar máis actividades nos vindeiros días”, explica a concelleira.

A xornada de mañá terá lugar no no pavillón do CEP Lois Tobío en horario de 17:00 a 19:00 horas. O espazo está aberto a todas as familias, con prioridade de acceso...

leer más
Etiquetas:
16/11/2023

Os partidos serán do 26 ao 30 de decembro 

O Concello de Viveiro será unha das sedes da primeira fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala nas categorías sub 16 e sub 19 masculinas, un evento que terá lugar do 26 ao 30 de decembro.

“Un evento importante para o noso concello e para toda a comarca da Mariña”, afirma o concelleiro de Deportes, Eleazar José Rodríguez Abuín.

As seleccións galegas mediranse nesta primeira fase aos combinados de Madrid, Cataluña, Canarias e Ceuta.

O pavillón municipal de Viveiro presentará as súas mellores galas para ser testemuña dunha cita de primeiro nivel durante as festas de Nadal.

 

Etiquetas:
15/11/2023

Nesta mostra repásase a historia deste museo, lembrando o fito que supuxo conseguir mercar, restaurar e musealizar esta casa en pleno franquismo grazas á colaboración de milleiros de persoas.

A mostra, cuxa inauguración prevista a principios de novembro tivo que ser adiada pola situación meteorolóxica, está comisariada por Pepe Barro, tamén responsable da museoloxía da Casa-Museo. E está apoiada pola Deputación de Lugo.

A Casa-Museo abriu ao público o 15 de xullo de 1971, grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración. A partir da proposta de José Manuel Rey de Viana organizáronse colectas en moitas vilas e en case todos os centros galegos na diáspora, uníronse máis de 70 concellos, varios bancos, equipos de fútbol e innumerables asociacións de todo o país.

... leer más
11/11/2023

A Banda de Música O Landro ofrece un concerto na honra de Santa Icía o 18 de novembro, sábado, ás 20:30 horas no teatro Pastor Díaz, de Viveiro. A entrada é de balde.

A organización anuncia que será “un concerto tan especial coma fascinante baseado na investigación do musicólogo Javier Franco Juiz e narrado por el mesmo. Interpretaranse xoias do arquivo musical dunha banda de música con máis dun século de vida e baixo a dirección de Rodrigo Rodríguez Rodríguez”.

Etiquetas:
10/11/2023

As xornadas de divulgación do coñecemento da cultura marítima na comunidade educativa de Viveiro, denominadas Vivemar, desenvolveranse do 13 ao 19 de novembro nos colexios do municipio: Cep Lois Tobío, Ceip Covas, Ceip Celeiro, Ceip Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CPR Landro. Están coordinadas por Lucas Requeixo, de Vivemar, e patrocinadas pola Consellería do Mar.

O programa de actividades empezará o luns 13 ás 20:30 horas coa inauguración da exposición “O mar en Xosé Conde Corbal” na Sala Multiusos do Concello de Viveiro. O martes 14 ás 20:30 horas proxectarase o documental "A Construción da Dorna Irmandiña", tamén na Sala Multiusos do Concello de Viveiro, onde o mércores 15 ás 20:30 horas poderá verse o documental "As bateas e o mexillón" e o xoves 16 ás 20:30 horas haberá a charla e proxección “A obra mariñeira de Xosé Conde Corbal”,...

leer más
Etiquetas:
10/11/2023

CARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 16 DE NOVIEMBRE

1 THE MARVELS DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO V 21:00

1 THE MARVELS DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO S 19:30 22:00

1 THE MARVELS DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO D 17:30 20:15

2 FIVE NIGHTS AT FREDDY'S DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO V 21:00

2 FIVE NIGHTS AT FREDDY'S DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO S 19:15 22:00

2 FIVE NIGHTS AT FREDDY'S DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO D 17:30 20:15

3 ALIMAÑAS DIGITA L 2D ORIGINAL CASTELLANO V 21:00

3 ALIMAÑAS DIGITA L 2D ORIGINAL CASTELLANO S 22:00

3 ALIMAÑAS DIGITA L 2D ORIGINAL CASTELLANO D 20:30

3 TROLLS 3: TODOS JUNTOS DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO S 19:00

3 TROLLS 3: TODOS JUNTOS DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO D 17:30

Etiquetas:
07/11/2023

O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha excursión a Ferrol para o 18 de novembro, sábado. Inclúe visitas ao Museo Naval e da Armada, ao Museo de Historia Natural e ao castelo de San Felipe. O xantar será no restaurante Manuel, que está no barrio de A Malata. A saída será ás 9 da mañá dende a estación de autobuses de Viveiro.

O prezo da actividade é de 30 euros para os membros do colectivo organizador e de 35 euros para os que non pertencen ao Seminario de Estudos Terra de Viveiro. Os tickets retíranse en Seguros Mapfre Aquilino.