Ribadeo
O mago Rafa presenta este sábado, día 2 de maio, en Ribadeo o seu espectáculo titulado Imposible!?. Será ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.
É unha actividade para público familiar incluída na programación cultural do Concello de Ribadeo.
O Vendaval Fest organiza o VIII Concerto do Galiñeiro no Cine Teatro de Ribadeo este venres, día 1 de maio, ás 22:00 horas coas actuacións dos grupos Sigilu e Beach Avenue.
Os promotores deste evento anuncian: “o vindeiro 1 de maio viviremos no Cine Teatro de Ribadeo unha noite chea de grunge e rock alternativo” e explican que o grupo Sigilu “nace en Lugo en 2015 cunha idea clara: mesturar o acústico e o electrónico sen límites. En 2017 lanzan o seu primeiro traballo, fusionando folk, electrónica e matices trip-hop, marcando o inicio do seu universo musical. En 2025 lanzan o seu segundo álbum, máis denso e expansivo, que conecta o rock progresivo, o metal e o alternativo dos noventa, con ecos da música española clásica. Influencias como Tool, Steven Wilson, Alice in Chains ou Radiohead marcan o seu son”. E Beach Avenue “nace en Lugo en...
leer másTodo está preparado en Ribadeo para a celebración do Foro Industria, Emprego e Innovación, que se celebrará este xoves, día 30 de abril, no CFPA Pedro Murias.
O alcalde, Dani Vega, anuncia: “está todo preparado para acoller o Foro Conecta Ribadeo, un foro que quere falar de industria, de emprego, de innovación e desde logo desde o Concello traballamos para que se sigan asentando empresas na nosa localidade, que sigan emprendendo, que sigan abrindo negocios, empresas, en definitiva, que Ribadeo siga avanzando como un polo de emprego, autoemprego, de industria e tamén de innovación”.
O rexedor comentou tamén: “aparte de tomar decisións para loitar para que veñan empresas para Ribadeo, tamén queremos que estes foros sexan imáns para atraer empresas para falar de futuro. A industria é clave na nosa comarca, tamén no...
leer másPara Mamá con ACISA é a campaña que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo está a desenvolver ata o 5 de maio. Acisa sorteará tres premios: dúas visitas guiadas a Bodegas Docampo, en Ribadavia, para dúas persoas con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo, e un conxunto de colar e pendentes, creación de Mon Castro para Terra Branca.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliña que “para agasallar nesta data poden atopar todo o que precisan nos negocios de Ribadeo, que agardan contar coa fidelidade da súa clientela unha vez máis. Para sorprender ás mamás na nosa vila temos de todo, xunto a un trato personalizado e próximo e tamén asesoramento. E na hostalería local poderán celebralo en familia como se merece”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “as...
leer másA asociación Xinetes de Remourelle, do municipio de Ribadeo, organiza a súa XIII Ruta Cabalar o día 2 de maio, sábado.
Ás 10:00 horas será a saída, haberá pinchos no medio da ruta e para as 14:30 horas está programada a comida, “con colchonetas para os peques e futbolín para os mas grandes, sorteos, agasallos e moitas sorpresas, acompañado da actuación dun DJ”.
Para participar hai que inscribirse previamente e a data límite é o 29 de abril.
O auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acollerá o espectáculo infantil titulado Dedín, dedín, dedal, creado por Baobab Teatro para Malasombra Producións. Será este domingo, día 26 de abril, ás 17:30 horas.
O Concello de Ribadeo explica que é Dedín, dedín, dedal hai “contos, xogos e cantigas para enredar, rir e bailar. Un espectáculo musical e teatral pensado para os máis pequenos/as da casa, onde a imaxinación e a música van da man. Unha experiencia próxima, divertida e chea de tenrura”.
Ribadeo presenta unha programación cultural diversa e para todos os públicos esta primavera.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “se trata dunha proposta ampla e variada que consolida a aposta do Concello por unha programación accesible, diversa e de calidade”.
A edil ribadense subliñou que “a axenda inclúe unha trintena de actividades que abranguen disciplinas como a música, o teatro, a literatura, o cinema, a danza ou as artes plásticas, pensadas para todos os públicos e idades. Entre as citas máis destacadas figuran o Festival de Jazz xa celebrado a principios deste mes de abril, concertos do Vendaval Fest en maio ou a sexta edición de Ribadeo Ilustrado en xuño, así como numerosas funcións teatrais e presentacións literarias”.
Para Sanjurjo “esta programación é o...
leer másO 26 de abril segue o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa. Este vindeiro domingo Sintético Fantástico actuará no lugar coñecido como Catro Calles a partir das 13 horas para animar o mediodía nesa zona do centro da vila ribadense.
O Domingueo en Ribadeo continuará os días 3 e 31 de maio e 7 e 14 de xuño por diferentes localizacións.
Desde o Concello ribadense e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar de todas as propostas que aquí van atopar os domingos, ou calquera outra xornada. Co bo tempo a programación de actividades na rúa increméntase, os días son grandes e toca aproveitalos ao máximo”.












