Ribadeo

Etiquetas:
28/01/2022

Presentacións de libros, teatro, danza, música, actividades do Apego, do Concello cos coles e Cultura nas Parroquias conforman a axenda ata marzo que hoxe presentou a concelleira de Cultura, Pilar Otero Cabarcos. 

O edil ribadense explicou que “comezamos coa mención de dúas presentacións de libros na sala que se habilita para este fin no segundo andar da Casa do Viejo Pancho. Hoxe mesmo Pablo Trabadelo (nado na Veiga en 1991) presenta o seu poemario Jaloffein e o vindeiro 11 de febreiro, tamén venres, Roberto Mera trae Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos exiliados republicanos, arredor dunha figura que xa se vén chamando o Schindler galego”.

Otero Cabarcos contou que “tamén esta fin de semana comeza a programación do Apego, o proxecto de ámbito galego que pula pola transmisión do galego aos nosos...

leer más
Etiquetas:
27/01/2022

CARTELERA DE CINE RIBADEO DEL 28 DE ENERO AL 3 DE FEBRERO

VIERNES 28, SÁBADO 29 Y DOMINGO 30
-La abuela – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-Lunáticos – 18:00 horas
-El método Willians – 20:00 horas
-El callejón de las almas perdidas – 23:00 horas

LUNES 31, MARTES 1 (DÍA DEL ESPECTADOR) Y JUEVES 3
-La abuela – 20:30 y 23:00 horas
-El método Willians – 20:15 horas
-El callejón de las almas perdidas – 23:00 horas

MIÉRCOLES 2 (NO HAY SESIÓN) 

Etiquetas:
26/01/2022

O Club de Piragüísmo Altruán de Ribadeo organiza un curso de augas bravas que se celebrará o día 13 de febreiro.

As persoas interesadas poden inscribirse nos números de teléfono 658 796 905 e 680 981 279.

A actividade será impartida por Fredi Burcio e desenvolverase no río Sor.

O Club de Piragüísmo Altruán celebra o seu 40 aniversario cun calendario cheo de actividades lúdicas e formativas que dará comezo con este curso de augas bravas. Ademais continuará coas súas excursións, aluguer de canoas e organización de rutas de kayak de mar.

O club ribadense, creado en 1982, leva varias tempadas colleitando moitos éxitos na práctica do piragüísmo.

 

Etiquetas:
24/01/2022

A Concellaría de Cultura organiza dous obradoiros do Apego para as familias, que terán lugar os días 29 de xaneiro e 5 de febreiro. A inscrición está aberta xa nas instalacións do Apego na Casa do Viejo Pancho. O primeiro, que se celebrará este sábado, será o de Instalacións de Xogos para crianzas de 1 a 3 anos de 11:00 a 12:30 horas. O segundo terá lugar o 5 de febreiro, titúlase Os Minimundos e está dirixido a nenas e nenos de 3 a 6 anos. Neste caso o horario será de 12:00 a 13:30 horas.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “son dous obradoiros. O primeiro deles está dedicado a crianzas de 1 a 3 anos e vai ser este próximo sábado, 29 de xaneiro, de once a doce e media. Todas as familias interesadas poden xa comezar a inscribirse na oficina de Cultura, no horario de apertura, na Casa do Viejo Pancho. O seguinte dos...

leer más
24/01/2022

O escritor veigueño Pablo Trabadelo presentará o vindeiro venres, 28 de xaneiro, en Ribadeo o seu libro "Jaloffeim".

Trátase do seu segundo libro de poesía recentemente editado por Toxosoutos. A presentación terá lugar na Casa do Viejo Pancho ás 20:00 horas.

Pablo Trabadelo presentará ademais o 17 de febreiro en Vegadeo o libro "Navalla", o seu debut editorial publicado con Bajamar no 2020.

 

20/01/2022

Co propósito de seguir a promocionar a vila como destino turístico o Concello ven de editar o calendario RibadeoXQSi 2022.

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, explica que “este calendario presenta a ribadenses, peregrinos e visitantes, a gran riqueza e diversidade que ofrece o noso municipio. Un lugar onde descubrir paisaxes naturais espectaculares nos que perderse e nos que practicar todo tipo de actividades, ou adentrarse nun casco histórico único, de marcado carácter ilustrado, e que conecta cun dos máis importantes legados indianos existentes en Galicia. Gozar da súa cultura, onde sempre se atopará algo que ver e facer”.

O edil ribadense indica que “o calendario destaca doce recursos ou produtos turísticos, un por mes, e conta con códigos QR escaneables que permiten acceder á información ampliada sobre o...

leer más
Etiquetas:
20/01/2022

CARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 27 DE ENERO

VIERNES 21, SÁBADO 22 Y DOMINGO 23
-El callejón de las almas perdidas – 17:00, 20:00 y 23:00 horas
-El método Williams – 17:00, 20:00 y 23:00 horas

LUNES 24 Y MARTES 25 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-El callejón de las almas perdidas – 20:00 y 23:00 horas
-El método Williams – 20:00 y 23:00 horas

MIÉRCOLES 26 (NO HAY SESIÓN) 

JUEVES 27 
-El callejón de las almas perdidas – 20:00 y 23:00 horas
-El método Williams – 20:00 y 23:00 horas

Etiquetas:
19/01/2022

Esta mañá inaugurouse en Ribadeo a mostra “A memoria do son”, con fondos instrumentais e do arquivo documental do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O deputado provincial, Efrén Castro, e os concelleiros de Cultura e Turismo, Pilar Otero e Pablo Vizoso, presentaron  a mostra que pode verse na Oficina de Turismo de Ribadeo ata o 20 de febreiro. 

A exposición, cun formato itinerante pensado para achegar as distintas localidades o patrimonio musical da Colección de Instrumentos e Obxectos Sonoros do Centrad, inclúe unha giga, unha rota, unha cítola, unha viola de perna, unha viola de brazo, unha zanfona e un organistro, construídos a partir de representacións escultóricas destes instrumentos en lugares emblemáticos como o Pórtico da Gloria ou o Pazo de Xelmírez ou dos datos recollidos en...

leer más
Etiquetas:
17/01/2022

Os días 29 e 30 de xaneiro arrinca en Ribadeo o novo plan de formación da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia baseado na Aula Invertida. O presidente do colectivo, Álvaro Doural, considera que deste xeito o alumnado aproveita mellor o tempo e o nivel de coñecemento dos participantes será bastante maior. 

Doural dixo que “o que se pretende con isto é cambiar totalmente o sistema para que a xente cando veña ás actividades presenciais faga prácticas soamente; e o resto deixase para realizar por vídeo conferencia e a través da plataforma de formación. É un cambio substancial con respecto ao que se estaba facendo, para o que hai ferramentas como os vídeos e a utilización de libros electrónicos, no que nós somos unha das entidades a nivel do estado español que empezamos a dar os primeiros pasos hai moitos anos xa. Entón utilizando...

leer más
Etiquetas:
17/01/2022

El Restaurante Marinero de Ribadeo organiza las Jornadas del Cocido, que darán comienzo el próximo sábado, 22 de enero, y se prolongarán hasta el 30 de este  mes.

El menú constará de sopa de cocido, cocido gallego y postres de Carnaval. El precio es de 20 euros por persona, bodega aparte. Las reservas pueden realizarse a través del número de teléfono 982 128 504.

El propietario del Restaurante Marinero, sito en el puerto de Porcillán, Roberto Rivas señala que “con estas jornadas comenzamos la temporada gastronómica de este 2022. Esperemos que la situación sanitaria nos permita que la vida discurra con cierta normalidad y podamos ir retomando citas como esta con la que rendimos homenaje al Carnaval”. 

Desde el Marinero destacan que “el cocido también lo preparamos para llevar a casa. Esta...

leer más