Deportes

21/10/2026

A Gladiator Kids volve a Ribadeo con carácter solidario. A proba de obstáculos infantil terá lugar este domingo, 25 de outubro. O importe das inscricións será doado integramente á Cruz Vermella ribadense.

A Gladiator Kids regresa a Ribadeo, unha proba de obstáculos para os máis pequenos da casa cun fin solidario. A carreira está dirixida a nenos e nenas entre 3 e 12 anos.

Dita xornada, patrocinada por Mediolanum Aproxima (o proxecto solidario de Banco Mediolanum), pola Fundación Mediolanum en España e polo Concello de Ribadeo, será na Praza de España a partir das 12:00 horas. O custo das inscricións é de 6,20 euros e pode abonarse a través da web oficial da carreira:...

leer más
Etiquetas:
14/10/2026

A primeira edición da Milla Internacional do Cantábrico (MIC) celebrarase esta fin de semana, os días 17 e 18 de outubro, en Viveiro, con máis de 500 persoas inscritas segundo o total, xa pechado, publicado pola organización. A cita, que conta co apoio da Deputación de Lugo, reunirá atletismo de elite, deporte popular, carreiras para as categorías base e unha proposta inclusiva, cun programa que combina competición e actividades para achegar este deporte á cidadanía.

Carmela López, a presidenta da institución provincial, participou este mércores na presentación do evento, promovido polo Concello de Viveiro coa colaboración do CD CAMOVI. No acto estiveron tamén a alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde; o presidente do CD CAMOVI, Felipe Martínez; ou o deportista Adrián Ben, entre outras autoridades.

López destacou a importancia de que...

leer más
Etiquetas:
13/10/2026

O Concello de Cervo colabora co Club Xadrez San Roque, de Viveiro, na organización de clases de xadrez que se desenvolverán os mércores, de 16:45 a 18:00 horas, na Casa do Mar.

A presentación da actividade correu a cargo da alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada por Aitor López, presidente do Club Xadrez San Roque e mestre desta disciplina, que será o encargado de dirixir as clases.

O Concello de Cervo explica que esta iniciativa “ofrece ás nenas e nenos do municipio a oportunidade de achegarse ao xadrez, aprender e mellorar as súas habilidades nunha actividade que fomenta a concentración, a memoria, a paciencia, o razoamento lóxico e a toma de decisións”.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou a importancia de apoiar propostas deportivas e de lecer dirixidas á infancia e á...

leer más
Etiquetas:
13/10/2026

A décimo terceira edición do Aberto de Billarda Vila de Ribadeo disputarse este domingo, día 18 de outubro, ás 11:00 horas no campo do Outeiro, que está na parroquia de A Devesa.

Esta proba deportiva, que está organizada polo club ribadense Billardeiros Musicais, forma parte da segunda xornada da Liga Nacional de Billarda (LNB).

09/10/2026

Ribadeo acollerá a proba Gravel Rebels de ciclismo o día 24 de outubro, sábado. Está organizada por Galician Gravel Cycling, que conta coa colaboración do Concello ribadense.

A inscrición está aberta ata o día 23 deste mes e hai tres modalidades: Gravel Rebels track grande; solo menú picoteo acompañante + 1 extra; e Gravel Rebels track pequeno.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anuncia que “os amantes do ciclismo teñen unha importante cita o vindeiro 24 de outubro en Ribadeo coa Gravel Rebels, na que se darán cita un máximo de 60 participantes. O aforo destas convocatorias é moi limitado. As saídas fanse en varios grupos de forma escalonada”.

Os organizadores explicaron que “é unha modalidade recente que ten aspectos de aventura, integradora e inclusiva, que conectará...

leer más
01/10/2026

Barreiros acolleu a presentación “dunha das probas estrela do outono deportivo na comarca”, o Trail Monte Comado, que este ano cumpre dez edicións. Ao acto de presentación acudiron a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; o concelleiro de Deportes e deputado provincial, Dani García; o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Otero; e membros da entidade organizadora, a Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado.

O Concello de Barreiros destaca que “alcanzar unha década de vida converte nunha edición moi especial a esta proba”, un fito que puxo en relevo a alcaldesa, Ana Ermida, quen destacou “o traballo constante das asociacións no esforzo por dinamizar Barreiros, desestacionalizar o turismo e promover o deporte. Chegar a dez edicións dunha carreira de montaña demostra a solidez dun proxecto que xa é todo un orgullo para...

leer más
Etiquetas:
27/09/2026

O Concello de Burela anuncia que o día 4 de outubro, domingo, chega a primeira edición do Trail Monte Castelo, organizado por Move-t, con dúas modalidades “para gozar do noso monte: Trail de 14 quilómetros e 900 metros de desnivel positivo e andaina de 10 quilómetros e 350 metros de desnivel positivo”.

“Acompañamos a Móvete para dar a coñecer esta nova cita deportiva e contribuímos a impulsala con apoio económico e coa colaboración de persoal municipal”, explica o Concello de Burela, que engade: “as inscricións pechan o 1 de outubro”.

Etiquetas:
25/09/2026

Os concellos de Alfoz e O Valadouro presentaron a V Carreira Popular Alfoz-Valadouro, que se celebrará o vindeiro sábado 3 de outubro, “consolidándose como unha cita deportiva e de convivencia entre os dous municipios”.

Na presentación participaron Manolo Cadramón, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo; Daniel García, deputado provincial de Mocidade; Efigenia Maseda, alcaldesa de Alfoz; José Manuel Lamela, alcalde do Valadouro; e Eliseo Lorenzo e Senén A. Castro, concelleiros de Deportes de Alfoz e do Valadouro respectivamente.

Nesta quinta edición a proba absoluta partirá do pavillón municipal de Alfoz ás 10:30 horas e terá a meta no pavillón municipal do Valadouro, cun percorrido de 6,6 quilómetros. Previamente, ás 10:00 horas, terá lugar a andaina popular sobre a mesma distancia....

leer más
15/09/2026

Ata o día 30 de setembro está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas de inverno do Concello de Ribadeo. En total ofértanse 13 disciplinas: atletismo, bádminton, baloncesto, fútbol, fútbol-sala, hockei-liña, natación, pádel, patinaxe, tenis, tenis de mesa, xadrez e ximnasia rítmica.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explica que “o inicio das escolas terá lugar entre o 16 de setembro e o 15 de outubro e a súa finalización entre o 15 de maio e o 15 de xuño. Están destinadas a nenas e nenos nad@s desde 2013 ata 2022, ambos incluídos. Nas escolas con límite de prazas realizarase un sorteo entre os inscritos o día 1 de outubro, tendo preferencia as/os empadroadas/os ou escolarizadas/os en Ribadeo”. E engade: “a cota por escola deportiva é de 60 euros e o pagamento da matrícula poderá realizarse ata o 15 de outubro....

leer más
14/09/2026

O Concello de Alfoz pon en marcha unha nova edición das actividades deportivas dirixidas á poboación adulta, cunha oferta que “combina propostas xa tradicionais con outras incorporadas nos últimos anos e que, tras a boa acollida, se consolidan dentro da programación municipal, como pilates e pádel”.

O prazo de inscrición permanecerá aberto do 15 ao 22 de setembro, podendo realizarse a solicitude a través da sede electrónica ou de maneira presencial na oficina de rexistro do Concello. As prazas son limitadas.

O Concello de Alfoz explica que “a programación inclúe ximnasia de mantemento, ioga, aeróbic, pilates e pádel. A ximnasia de mantemento desenvolverase os martes e xoves, de 18:30 a 19:30 horas, no Pavillón Municipal; o ioga, os luns e mércores, de 19:30 a 20:30 horas, na Escola de Nenos de Adelán; e o aeróbic...

leer más