Deportes
O torneo de baloncesto 3x3 Feira do Bonito disputarase en Burela desde o día 30 de xullo ata o 2 de agosto.
Está organizado polo Clube Baloncesto Burela, que anuncia: “del 30 de julio al 2 de agosto la Plaza de A Mariña volverá a ser escenario del mejor baloncesto callejero. ¡Hasta 2.800 euros en premios en juego! Equipos de todas las edades y niveles. Ambiente deportivo, festivo y familiar. Emoción y mucho espectáculo. ¡Animaros a participar o a venir a disfrutar del deporte! Inscripciones abiertas ya”.
Xove acollerá un torneo de fútbol 3x3 para categorías prebenxamín, benxamín e alevín os días 22 e 23 de xullo, martes e mércores. A inscrición é limitada e o prazo está aberto ata o 18 de xullo.
Este evento deportivo, denominado Torneo do Parque 3x3 Xove, foi presentado polo alcalde, Demetrio Salgueiro; e tres representantes do Xove Fútbol Sala, Antonio, Jesús e Naya.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 20 de xullo, domingo, un descenso en piragua polo río Sella desde Arriondas (Asturias). A saída desde a vila focega será ás 07:30 horas.
Os prezos desta actividade son 90 euros para os socios e 95 euros para as persoas que non o son.
O prazo para anotarse remata este venres, 11 de xullo, e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta actividade a organización recomenda levar roupa e calzado adecuado para meterse no río.
Burela acollerá un torneo de fútbol praia nas categorías sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16. Será os días 14 e 15 de xullo, luns e martes, a partir das 19:30 horas.
“Por segundo verán consecutivo, desde o Concello de Burela, xunto co club SD Burela, presentamos este emocionante torneo de fútbol praia. O ano pasado gozamos dun ambiente espectacular en todas as categorías, cunha gran afluencia de público que encheu de vida a nosa praia urbana. Apunta na axenda os días 14 e 15 de xuño para disfrutar desta festa deportiva no entorno da praia. Inscricións abertas: escanea o código QR e anota o teu equipo!”, anuncia o Concello de Burela.
Burela acollerá o primeiro Torneo de Fútbol 7 Sub-16 e Sub-19 a partir do día 14 de xullo, luns.
O Concello de Burela anuncia que “o campo da Marosa converterase no escenario dun torneo que busca moito máis ca competición: compañeirismo, valores e ilusión polos deportes”.
“Dende a Concellería de Deportes e a Asociación Cultural Deportiva Veteranos SD Burela impulsamos esta iniciativa para rapaces das categorías Cadete e Xuvenil, dentro das actividades deportivas do verán de 2025. Para participar as inscricións están abertas. Enviade ficha de inscrición, copia do DNI, autorización familiar e xustificante de pago a actividadesdeportivas@burela.org”, explica o Concello de Burela.
Ribadeo Basket Pro 2025 terá lugar do 13 ao 19 de xullo. Trátase dun stage de perfeccionamento técnico-táctico feminino de baloncesto destinado a rapazas nadas no 2011 ou en anos anteriores.
Da man de grandes profesionais gozarán de adestramentos específicos, traballo individualizado, desenvolvemento de fundamentos técnico-tácticos ofensivos e defensivos, preparación física orientada ao xogo ou nutrición deportiva.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou que “as rapazas que participen neste stage recibirán formación de adestradores de primeiro nivel e tamén de preparados físicos e fisioterapeutas”.
E engadiu: “seguimos apostando polo baloncesto e acollemos este verán unha nova edición de Ribadeo Basket Pro. Agardamos que moitas rapazas se animen a participar”.
... leer másO Concello de Foz anuncia que o verán no municipio “concentra actividades de todo tipo e este ano as noites tamén terán contido para que rapaces e rapazas teñan alternativas para desfrutar. Estas actividades do programa Noites Alternativas desenvólvense a partir das dez da noite para mozos de 10 anos en diante”.
As Noites comezarán a vindeira semana, co fútbol sala 3x3 no Campo da Cabana, os días 7, 9 e 10 de xullo. O 28 e 29 será a quenda do lasertag. O wipeout será o 4, 6 e 7 de agosto. As seguintes actividades trasladaranse á praia da Rapadoira: os días 11, 12 e 13 de agosto haberá volei praia e o 18, 20 e 21 de agosto, fútbol praia; para rematar o 25, 27 e 28 co baloncesto 3x3 de novo no polideportivo do Campo da Cabana.
“Son deportes moi demandados e este ano incluímos como novidade o lasertag, un xogo moi...
leer másO vicedecano dos trofeos futbolísticos de verán en España, o ribadense Emma Cuervo, disputarano nesta ocasión o RC Deportivo da Coruña e o Real Oviedo. Ambos equipos enfrontáronse por última vez en Ribadeo no ano 2016, cando o Depor se impuxo por 2-0. Trátase dos dous clubs máis laureados do Emma Cuervo: o Real Oviedo conta con 40 participacións, logrando gañar en 17 ocasións; e o RC Deportivo da Coruña con 18, conseguindo o título en 10 delas. O LXXIV Emma Cuervo terá lugar o día 6 de agosto, mércores, ás 19:00 horas no campo municipal Pepe Barrera.
Os prezos das entradas serán de 20 euros para as persoas maiores de 15 anos e de 5 euros para nenas e nenos de 8 a 15 anos. Os menores de 8 anos accederán de xeito gratuíto.
As entradas poderán mercarse en varios puntos en Ribadeo: cafetería Rosa Lar, DeLira...
leer másEste sábado, día 5 de xullo, o Concello de Xove xunto con Sportskids organizan unha das probas da Copa de Galicia Pumptrack 2025.
“Este ano é puntuable para o ranking nacional da Real Federación Española de Ciclismo e non deixará indiferente a ninguén”, destaca o Concello de Xove, que engade: “o Pumptrack de Xove é dos máis punteiros de Galicia e actualmente está entre os 3 favoritos de todos os riders galegos”.
O Concello de Xove “un ano máis aposta por esta modalidade de ciclismo e por traer xente de toda España e Portugal” e agarda que “todos os ciclistas que se desprazarán para a proba, de toda a xeografía española e portuguesa, gocen dun gran evento.
A proba poderá ser seguida en vivo a través de Youtube.
Do luns 7 ao venres 11 de xullo terá lugar en Ribadeo un campus de fútbol do Real Oviedo. Está destinado a nenas e nenos nacidos entre os anos 2010 e 2019.
O concelleiro de Deportes ribadense, Francisco José Silvent, comentou que “aínda quedan algunhas prazas libres para participar neste Campus do Real Oviedo, que se desenvolverá do 7 ao 11 de xullo no Campo do Outeiro, na Devesa, en horario de 9 a 14 horas”. As persoas interesadas poden obter máis información na web www.campusrealoviedo.es.
O edil ribadense aludiu “a ampla oferta de campus de fútbol e doutras disciplinas deportivas que durante...
leer más