Deportes

Etiquetas:
19/09/2023

Dende a Área de Deportes do Concello de Alfoz organízanse unha serie de actividades para os nenos de 4 a 16 anos: clases de patinaxe os luns a dende as 16:00 ata as 18:00 horas, en dous grupos de 1 hora; e atletismo, que terá lugar os venres de 16:00 a 17:00 horas. Ambas actividades levaranse a cabo no pavillón municipal de Alfoz.

O prazo para inscribirse en calquera destas actividades finalizará o día 25 de setembro, e poderase facer tanto a través da Sede Electrónica como na Oficina de Rexistro, na Casa do Concello. 

 

Etiquetas:
19/09/2023

Ribadeo estrea unha sala de cross na piscina municipal. Conta cunha superficie de 140 metros cadrados e está destinada a adestramentos de alta intensidade. O investimento realizado por BeOne ascende a máis de 216.000 euros.

O alcalde, Dani Vega, subliñou que “Ribadeo mellora as instalacións da piscina municipal. Vai contar cunha nova sala de cross de 140 metros cadrados  para adestramentos de alta intensidade. Iso o que demostra é que a colaboración coa empresa que está a xestionar a piscina municipal é total e absoluta. Quero agradecer o seu traballo, a súa dedicación e a súa profesionalidade”.

Para o rexedor “investir en deporte é investir en saúde e desde o Concello valoramos positivamente a inversión que fai esta empresa de máis de 216.000 euros  neses 140 metros cadrados que van estar dedicados ó deporte”....

leer más
19/09/2023

O Concello do Valadouro ofrece escolas deportivas municipais para a tempada 2023-24 en dúas modalidades: patinaxe a atletismo. Son para nenos e nenas de 4º de Infantil a 4º da ESO.

As inscricións poden facerse ata o 25 de setembro na sede electrónica, nas oficinas da Casa da Cultura ou nas Oficinas da Casa do Concello do Valadouro en horario de atención ó público.

Etiquetas:
18/09/2023

Desde hoxe e ata o 29 de setembro está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais de inverno do Concello de Ribadeo. Son 11 as modalidades ofertadas para este curso 2023-24.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “desde hoxe e ata o 29 de setembro está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais de inverno do Concello de Ribadeo. As nenas e os nenos poderán practicar deportes como atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hoquei liña, natación, pádel, patinaxe, tenis, tenis de mesa ou ximnasia rítmica”. 

O edil ribadense subliñou que “se trata dunha ampla oferta entre a que poder elixir. O pagamento da matrícula, que son 60 euros por escola, poderá realizarse ata o 16 de outubro. Poderán matricularse todas as nenas e os nenos nados entre os anos 2010...

leer más
Etiquetas:
17/09/2023

As escolas deportivas municipais de Foz ofrecen para a tempada 2023-24 nove especialidades: ximnasia rítmica, patinaxe, teatro, cerámica, multideporte, tenis coreodance kids, badminton e kickboxing.

As actividades, que son para nad@s entre os anos 2007 e 2019, empezarán o 2 de outubro e a inscrición pode facerse ata ao 29 de setembro. Para máis información os interesados poden dirixirse á Casa da Xuventude, teléfono 982.133.037.

A Delegación de Xuventude e Deportes do Concello de Foz agradece ao CEIP O Cantel e ao CEIP Nº 1 pola cesión das súas instalacións para o desenvolvemento destas actividades.

 

Etiquetas:
16/09/2023

O Concello de Alfoz organiza desde outubro ata maio catro actividades deportivas para adultos: ximnasia de mantemento, aerobic, ioga e pilates.

A ximnasia de mantemento será os martes e os xoves de 18:30 a 19:30 horas no pavillón municipal.

O aerobic tamén se desenvolverá no pavillón municipal os martes e xoves, pero en horario de 19:30 a 20:30.

O ioga será os luns e os mércores de 19:30 a 20:30 horas na escola de nenos de Adelán.

E tamén na escola de nenos de Adelán terá lugar o pilates os mércores en horario de 20:30 a 21:30 horas.

As prazas son limitadas, por orde de entrada. Deben entregarse as solicitudes no Concello de Alfoz (Oficina de Rexistro ou Sede Electrónica) do 18 ao 25 de setembro.

Etiquetas:
14/09/2023

Acisa colabora un ano máis coa Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. Todas as persoas que completen a novena edición o vindeiro sábado, 16 de setembro, recibirán unha medalla conmemorativa xentileza do colectivo empresarial ribadense. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado,  contou que “este sábado, 16 de setembro, celébrase a IX Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. Todos os corredores e corredoras que completen o percorrido recibirán unha medalla conmemorativa xentileza de Acisa Ribadeo, que colabora deste xeito con esta proba. Como novidade, algúns negocios asociados a Acisa tamén quixeron aportar unha pequena colaboración, en forma de regalos para sortear entre os participantes”

Desde Acisa amósanse satisfeitos de poder colaborar un ano máis coa Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. O xerente, Jesús Perez, dixo: “...

leer más
Etiquetas:
13/09/2023

O Concello de Cervo e o C.D. San Ciprián, xunto a un grupo de veciños afeccionados ao pádel, organizan o IV Torneo de Pádel Cervo que terá lugar nas pistas municipais do complexo deportivo da Veiga do 19 ao 24 de setembro, ambos incluídos.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o próximo domingo, 19 de setembro, no teléfono 639 05 40 15 (Fran) ou a través da plataforma Mis Torneos Online.

Os xogadores poderán competir nas categorías masculina, iniciación masculina, feminina e mixta; ata un máximo de 16 parellas por categoría. O prezo establecido para inscribirse será de 18 euros nunha categoría e de 25 euros en dúas categorías. O premio será material deportivo e trofeos para os mellores clasificados, e haberá cadro de consolación tamén en todas as categorías.

A rexedora, Dolores...

leer más
Etiquetas:
13/09/2023

Desde a organización explican que “o dia 24 de setembro as 11 da mañá vamos celebrar o dia da bici en Xove, invitámosvos a todos os que queirades a pasar unha boa mañá de bici”.

As inscricións serán antes da saída (todos os menores de idade necesitarán unha autorización paterna).

Para os mais maiores será unha ruta circular duns 10 quilómetros e para os pequenos contaremos cunha estrutura na praza do Concello.

Haberá un avituallamento ao rematar a ruta e un sorteo.

Organiza o evento o Club Ciclista Komando Xoviético coa colaboración de Xove Costa Trail, Concello de Xove e ACD Xove. 

 

Etiquetas:
12/09/2023

O Concello de Cervo vén de abrir o prazo de inscrición para a nova temporada das Escolas Deportivas Municipais e dos cursos de natación.

Nas escolas deportivas infantís impartiranse as modalidades de ximnasia rítmica, multideporte, patinaxe, ioga e volei; mentres que nas escolas deportivas de adultos as clases serán de fit-dance, pilates, ximnasia de mantemento e ioga. 

As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse no Concello ou na Casa da Cultura e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación.

Tamén se abre o prazo para os cursos de natación da temporada 2023-2024 tanto para nenos/as como para adultos. Hai diferentes grupos en función do nivel de natación da persoa usuaria e tamén se impartirán clases de Aquagym. Os cursos son de aforo limitado e o...

leer más