Deportes
O Gran Camiño chegará por primeira vez ás comarcas da Mariña e da Terra Chá. As praias de Barreiros acollerán a meta lucense da volta profesional galega, que terá a saída en Vilalba e que conta unha edición máis co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O vicepresidente Efrén Castro, o deputado de Rural, Mar e Mocidade Daniel García e o organizador da volta Ezequiel Mosquera, adiantaron os puntos de saída e meta da etapa esta mañá, xunto ás alcaldesas de Barreiros Ana Ermida e de Vilalba Marta Rouco.
No acto, celebrado na Casa do Concello de Barreiros, Efrén Castro sinalou “a colaboración mantida con O Gran Camiño desde a primeira edición, apostando polo ciclismo como plataforma para poñer en valor o territorio” e , nese sentido, subliñou que “a proba chegue por primeira vez ás comarca da Mariña e...
leer másA piscina municipal de Cervo será o escenario esta fin de semana, días 24 e 25 de xaneiro, da Copa Galega absoluta de Wáter-polo masculina e feminina, unha das citas máis destacadas do calendario autonómico desta disciplina deportiva, organizada pola Federación Galega de Natación (FEGAN) coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Cervo.
O evento foi presentado oficialmente nun acto no que participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e o presidente da FEGAN, Juan Carlos Brión, que puxeron en valor “a relevancia dunha competición deste nivel para o municipio e para o conxunto do deporte galego”.
Durante a presentación, a alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou que “para Cervo é unha satisfacción poder acoller un evento deportivo autonómico desta categoría, que amosa a capacidade das...
leer másO municipio de Cervo acollerá este domingo 25 de xaneiro o Campionato de Aninovo de Nihon Tai-jitsu.
O evento foi presentado pola alcaldesa, Dolores García Caramés; polo concelleiro Adrián Arias; e polo presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Tai-jitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo.
O Concello de Cervo anuncia: “estímase que medio cento de competidores de toda Galicia acudirán ao Pavillón do CEIP Península da Paz para disputar a competición, desde a categoría alevín ata a sénior na madoralidade de kata individual e expresión técnica por parellas”.
Desde o Concello de Cervo convidan aos veciños e visitantes “a desfrutar desta actividade que abre o calendario de competicións das artes marciais este 2026 e que busca promover a importancia da actividade física e a competición deportiva”.
Ribadeo acollerá o día 7 de febreiro, sábado, unha velada de boxeo: RibadeoBox I. Será no pavillón municipal a partires das 19:00 horas.
Desde a organización anuncian que “haberá combate profesional (6 asaltos de 3 minutos), 6 combates amateur, o trofeo RibadeoBox e grandes lendas convidadas do boxeo: Nino, Javier Castillejos, Rigo Álvarez (adestrador de Canelo Álvarez), Alfredo Evangelista e Berdonce”.
O prezo das entradas será de 15 euros para as cadeiras, 12 euros para as gradas e Vip 150 euros (por mesa e cinco cadeiras).
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, dixo que “os amantes do boxeo teñen unha cita con esta disciplina deportiva o vindeiro 7 de febreiro en Ribadeo cunha velada na que haberá combates profesionais e amateurs”.
O...
leer másRibadeo será escenario os días 24 e 25 de xaneiro, sábado e domingo, da primeira manga da Liga Nacional de Clubs Segunda Ouro de bádminton, que reunirá a 150 participantes.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anunciou que “serán once os equipos que se dean cita en Ribadeo os días 24 e 25 de xaneiro para conseguir os primeiros puntos da competición. Proceden de diferentes puntos da península e tamén de Canarias”.
O edil ribadense dixo que “as xornadas desenvolveranse no pavillón municipal de nove e media da mañá a seis da tarde”. E engadiu: “comezamos o 2026 con forza as fins de semana, primeiro teremos cross o dia 17 e despois bádminton. Dúas citas que serán un revulsivo para a hostalería local no inverno e que nos servirán para dar a coñecer os atractivos turísticos da nosa vila”.
... leer másRibadeo acollerá o sábado 17 de xaneiro o Campionato Galego de Cross Xogade 2025-26, que terá lugar a partir das 11:00 horas no Campamento Xuvenil da Devesa. A cita está organizada por A.D.E. A Mariña coa colaboración do Concello de Ribadeo, Deporte Galego, Gadis, Clun e Club Atletismo Ribadeo.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou que “empezamos o ano albergando competicións deportivas en Ribadeo, que son un aliciente as fins de semana para o noso concello e sobre todo para a nosa hostalería. Os pasados 29 de novembro e 13 de decembro xa acollemos probas e campionatos clasificatorios na Devesa e agora temos unha nova cita o vindeiro 17 de xaneiro a partir das once da mañá”. O edil dixo: “estamos moi contentos de acoller este tipo de eventos en Ribadeo, polo que supoñen para o deporte, para a promoción turística do...
leer másEste mércores, día 31 de decembro, celebrarase a primeira edición da carreira San Silvestre en O Vicedo.
A saída das probas será desde a rúa Francisco Vilasuso: a infantil ás 16:30 horas, a andaina ás 16:50 horas e a carreira de adultos ás 17:00 horas.
Este evento deportivo está organizado pola Comisión de Festas de Santo Estevo e Santa Lucía, que agradece “a gran acollida e participación que tivo esta actividade por parte do pobo, ademais da colaboración por parte dos locais da zona, sodes os mellores”.
O Concello de Barreiros anuncia que a tradicional carreira solidaria de Reis disputarase este domingo, día 4 de xaneiro, “con récord de participación na categoría absoluta”. As inscricións permanecerán abertas ata o xoves día 1 incluído.
Barreiros acollerá a primeira das probas do ano 2026 pertencentes ao seu circuíto de carreiras populares Circuíto +kmsBarreiros, que ademais da carreira absoluta e de menores contará cunha andaina solidaria con dúas distancias (8 e 13 quilómetros) a escoller polas persoas participantes.
O aporte solidario desta edición irá destinado a prol da asociación SOMOS, unidos por el cáncer e desde o Concello de Barreiros agardan superar a cifra recadada o ano anterior, que foi de 667 euros. Na páxina web do evento (...
leer másA XXXV San Silvestre reunirá en Ribadeo a 995 corredores e corredoras o vindeiro 31 de decembro.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou que “estamos diante dunha participación de auténtico récord na San Silvestre, de Ribadeo, feito que nos alegra. O prazo de inscrición estivo aberto desde o 17 de novembro ao 25 de decembro e o que queda claro é que ninguén quere perder esta cita coa que despediremos o ano 2025 dun xeito saudable e facendo deporte todos xuntos”.
A saída da mini San Silvestre para nenas e nenos menores de catro anos partirá ás 16:40 horas; para as nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 7 anos a proba dará comezo ás 16:45 horas; e ás 16:50 horas será a saída da milla para a rapazada de 8 a 11 anos.
Para as 17 horas está prevista a saída...
leer másA XXXV San Silvestre reunirá en Ribadeo a 995 corredores e corredoras o vindeiro 31 de decembro.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou que “estamos diante dunha participación de auténtico récord na San Silvestre, de Ribadeo, feito que nos alegra. O prazo de inscrición estivo aberto desde o 17 de novembro ao 25 de decembro e o que queda claro é que ninguén quere perder esta cita coa que despediremos o ano 2025 dun xeito saudable e facendo deporte todos xuntos”.
A saída da mini San Silvestre para nenas e nenos menores de catro anos partirá ás 16:40 horas; para as nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 7 anos a proba dará comezo ás 16:45 horas; e ás 16:50 horas será a saída da milla para a rapazada de 8 a 11 anos.
Para as 17 horas está prevista a saída...
leer más











