Deportes

Etiquetas:
31/08/2026

O Club de Remo Celeiro (Viveiro) ofrecerá dúas charlas sobre a nova tempada este martes, día 1 de setembro.

A primeira será ás 18:00 horas “para todos os nenos e nenas que fixeron remo en tempadas pasadas e para todos os nenos e nenas que queiran vir a probar un deporte de equipo e compañeirismo, con moita tradición. A partir de 8 anos”, explica o Club de Remo Celeiro.

E a segunda será ás 19:30 horas para adultos, tempada que comeza con novo adestrador, José Antonio Rodríguez Martínez, que é licenciado en Educación Física, adestrador nacional de remo e remeiro con importantes logros deportivos: olímpico en Barcelona 92, dez podios en campionatos de España e campión de Europa en dobre scull sub-23, destaca o Club de Remo Celeiro, que engade: “Se xa remaches algunha vez contamos contigo! Se nunca remaches pero...

leer más
Etiquetas:
28/08/2026

O trofeo de fútbol de verán Memorial Tarrío enfronta en Viveiro ao equipo local co Ribadeo FC este domingo, día 30 de agosto.

Será ás 19:00 horas no Estadio Cantarrana-Kiko Rey.

Etiquetas:
27/08/2026

A Deputación de Lugo anuncia que comezou a conta atrás para que A Mariña se converta, os días 12 e 13 de setembro, nun dos epicentros do surf feminino. A praia da Marosa, no concello de Burela, acollerá o Iberdrola Surfing Day Burela, unha cita que “combinará deporte, formación, participación e sensibilización e que conta co apoio da Deputación de Lugo, cunha achega económica de máis de 30.000 euros”.

“Entre as principais actividades da xornada destaca o clínic de surfing feminino, unha sesión formativa que combinará traballo técnico en terra e unha sesión práctica na auga. As persoas participantes poderán compartir espazo con deportistas de referencia, coñecer as súas experiencias e traballar diferentes aspectos relacionados coa práctica do surf”, explica a Deputación de Lugo, que engade: “a programación inclúe tamén...

leer más
26/08/2026

Este venres, día 28 de agosto, ás 21:00 horas o Praias de Barreiros C.D. Feminino recibirá no pavillón municipal barreirense ao Planta 14 FSF, equipo asturiano que se desprazará ata A Mariña para disputar un encontro que servirá tamén para estrear a nova tempada do conxunto local, anuncia o Concello de Barreiros.

Este evento deportivo foi presentado no pavillón municipal Barreiros e ao acto asistiron en representación do Concello de Barreiros Carmen Veiga e Antonio Veiga, xunto ao xefe provincial de deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, e membros da directiva do club Praias de Barreiros.

 

Etiquetas:
26/08/2026

Ribadeo celebrará unha nova edición do Día da Bicicleta o vindeiro domingo, 30 de agosto, a partir das 11 horas. A saída será desde a Casa do Concello ata o faro para retornar ao punto de partida. Ao remate haberá sorteo de agasallos entre os participantes.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima “a coller a bici o vindeiro domingo e a pedalear todos xuntos. Será unha maneira divertida e saudable de despedir o mes de agosto en Ribadeo”.

A concentración dos participantes a carón do Pazo de Ibáñez está prevista para as 10:30 horas.

O Día da Bicicleta está organizado polo Concello de Ribadeo, conta co patrocinio de Vegalsa-Eroski e está promovido por La Voz de Galicia e RadioVoz. Colaboran: BeOne, Decathlon Ribadeo, Deportes Docobo, Atleet Ribadeo, Cerezo Bikes, Pillabikes,...

leer más
Etiquetas:
26/08/2026

O Concello de Burela anuncia que este domingo, día 30 de agosto, celebra o Día da Bicicleta e explica que haberá un circuíto na praza da Mariña, pensado para o público infantil, e dúas rutas, unha infantil e outra para persoas adultas.

Para participar é necesario inscribirse a través do correo electrónico actividadesdeportivas@burela.org ou na Casa da Xuventude ata este venres, 28 de agosto, en horario de 9:00 a 14:00.

As rutas sairán cara á Marosa, onde “nenos e nenas darán volta e os e as maiores seguirán pasando pola Vila do Medio ou O Cantiño ata volver á praza da Mariña”, explica o Concello de Burela, que engade: “á chegada sortearanse 4 agasallos doados por Cerezo Bikes, así como e botellíns e camisetas do enduro. Ademais, haberá uns petiscos para repoñer...

leer más
22/08/2026

Iberia CF e Ribadeo disputarán o torneo de fútbol XLII Trofeo do Emigrante no campo das Valgas, en San Miguel de Reinante (Barreiros), este domingo, día 23 de agosto, ás 18:30 horas.

Na presentación deste evento deportivo participaron Manolo Cadramón, como representante da Xunta de Galicia; e Dani García, do Concello de Barreiros, como entidades colaboradoras co torneo, e Marcos Rodríguez, presidente do Iberia CF.

Etiquetas:
21/08/2026

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o concelleiro de Deportes, Ángel Fernández Neira, participaron na presentación da 44 edición da histórica proba de piragüismo Travesía Ría de Foz, organizada polo Club Kayak de Foz, en colaboración coa Federación Galega de Piragüismo e o Concello de Foz. Disputarase este domingo, 23 de agosto, ás 12:30 horas.

O rexedor municipal destaca “o traballo e esforzo do Clube Kayak de Foz e do seu presidente Nacho Romillo por dar continuidade a unha proba con tanta tradición, pero especialmente por formar a tantas rapazas e rapaces nun deporte do que saíron campións que levaron o nome de Foz por toda Europa” que ademais explica que “o Concello de Foz colabora co Club Kayak cunha subvención de 7.000 euros para gastos de funcionamento do club e outros 7.000 euros para a organización desta travesía, que xa vai pola 44...

leer más
Etiquetas:
21/08/2026

O municipio ribadense acollerá a VIII carreira nocturna Rinlo-Ribadeo este sábado, día 22 de agosto, e baloncesto co CB Breogán o domingo 23

Récord de inscritos na VIII Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que terá lugar este sábado, 22 de agosto. Son 700 os corredores e corredoras que se darán cita na proba organizada polo Club Atletismo Ribadeo coa colaboración, entre outros, do Concello, da Xunta, da Deputación de Lugo e de Acisa.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, agradece “o traballo do club organizador desta carreira, que xa é un clásico do verán en toda a contorna e tamén a todas as persoas voluntarias que velarán polo seu bo desenvolvemento. O Concello, como ven sendo habitual, colaborou co Club Atletismo Ribadeo en todo o que precisou. Agardamos que participantes e familiares disfruten da...

leer más
Etiquetas:
19/08/2026

O vindeiro 21 de agosto ás 19:00 horas terá lugar no estadio municipal Pepe Barrera o II Trofeo de Fútbol Illa Pancha, que disputarán o Rayo Ribadeo e Asociación de Veteranos de Vegadeo. A entrada é gratuíta. 

A cita está organizada polo Rayo Ribadeo, que conta coa colaboración do Concello ribadense. Na presentación do evento xuntos aos equipos participantes estivo o edil de Deportes, Francisco José Silvent, que anima “ás veciñas e veciños de Ribadeo e de Vegadeo a acudir este venres ao Pepe Barrera a disfrutar dunha tarde de fútbol entre equipos de concellos irmáns e con entrada de balde”.