Deportes

26/10/2025

A Gladiator Kids volve a Ribadeo con carácter solidario. A proba de obstáculos infantil terá lugar o 9 de novembro. O importe das inscricións será doado integramente á Cruz Vermella ribadense.

A Gladiator Race regresa a Ribadeo o próximo 9 de novembro para celebrar a súa versión Family, unha proba de obstáculos para os máis pequenos da casa cun fin solidario. A carreira está dirixida a nenos e nenas entre 3 e 11 anos e o diñeiro das inscricións será doado integramente a Cruz Vermella Ribadeo.

Dita xornada, patrocinada por Mediolanum Aproxima (o proxecto solidario de Banco Mediolanum), pola Fundación Mediolanum en España e polo Concello de Ribadeo, será na Praza de España a partir das 12:00 horas. O custo das inscricións será de 6 euros e poderán abonarse a través da web oficial da carreira:...

leer más
Etiquetas:
24/10/2025

Muras acollerá o vindeiro 9 de novembro a oitava edición do Trail das Bestas, unha cita de referencia no calendario galego de carreiras por montaña e integrada no circuíto Galicia Trail Running Series.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, o alcalde de Muras Manuel Requeijo, a tenente alcalde Paula Gómez e o vicepresidente da Federación Galega de Atletismo Jesús Vázquez Tallón presentaron este xoves a proba, organizada polo concello coa colaboración da institución provincial e da Federación Galega de Atletismo.

A proba ofrece catro distintas e modalidades de participación: Maraton, de 43 quilómetros e 2.080 metros de desnivel, o Trail Classic, de 27 quilómetros con 1.260 de desnivel, Trail Curto, de 12 quilómetros e 570 de desnivel, e a Andaina, tamén de 12 quilómetros de 570 de desnivel.

... leer más
Etiquetas:
23/10/2025

A oitava edición da Marcha Xoviética para bicicletas todo terreo será este sábado, día 25 de outubro, en Xove.

O Club Ciclista Komando Xoviético anuncia que a entrega de dorsais e bolsa de corredor farase o dia da proba de 9:30 a 10:45 horas. A bolsa do corredor inclúe o correspondente dorsal, un vale de almorzo, unha camiseta Teamergy e un vale de cea para aqueles que se inscribiron con esa opción.

A saída da proba será ás 11:00 horas, a ruta é de aproximadamente 45 quilómetros e 1.450 metros de desnivel acumulado. Non é unha marcha competitiva e haberá alternativas para as zonas técnicas.

“Dispoñemos de servizo de limpeza de bicicletas e ducha con auga quente para todos os participantes. Para os que vos inscribistes con cea, as portas do pavillón abrímolas ás 19:00 horas e poderedes...

leer más
Etiquetas:
21/10/2025

El Club Atletismo Lourenzá presentó su equipo para la temporada 2025-2026, en la que contará con cinco corredores federados. El acto se celebró en la casa consistorial de Lourenzá.

El club que preside Fernando Lago pretende seguir en la misma línea que en temporadas anteriores, “participando en todas las carreras que sea posible”. En la campaña 2024-2025 hubo representantes del club laurentino en 167 pruebas.

Etiquetas:
14/10/2025

O Concello de Burela anuncia que está aberto ata o 31 de outubro o prazo de inscrición para participar nas ligas de Ping Pong e UNO. As actividades terán lugar na Casa da Xuventude de luns a xoves de 17:00 a 20:00 horas e “están dirixidas a mozos e mozas de 12 a 18 anos aproximadamente”.

As inscricións poderán facerse na Casa da Xuventude, chamando ao teléfono 982.581.141 ou a través do correo electrónico  casaxuventude@burela.org.

Etiquetas:
09/10/2025

Este sábado, día 11 de outubro, ás 16:30 horas no Campo Municipal Boavista, de Folgueiro (O Vicedo) celebrarase un torneo triangular de fútbol en memoria de Kubala, ex xogador do Folgueiro recentemente falecido. Os equipos veteranos participantes serán: Folgueiro, Landrove e O Vicedo.

A Unión Deportiva Folgueiro explica que “este encontro pretende ser un acto de recoñecemento e gratitude pola súa entrega ao club e polo legado humano que deixou entre compañeiros, amigos e afección. Será unha xornada de lembranza e respecto, na que todo o mundo está convidado a participar para renderlle a merecida homenaxe. A súa memoria permanecerá sempre entre nós!”.

09/10/2025

O Complexo Deportivo de Trabada acollerá unha exhibición de pump track este sábado, día 11 de outubro desde as 11:30 horas.

Haberá exhibición e nocións técnicas a cargo de Kevin Broda (piloto oficial Haibike) e Iván García (campión galego de Pump Track).

“Ven coa túa bicicleta e aprende a desfrutar do pump track!”, anuncian os organizadores.

Esta actividade é gratuíta e para os participantes o casco é obrigatorio.

06/10/2025

Este luns presentouse a IX edición do Trail Monte Comado, que se celebrará en Barreiros este sábado, día 11 de outubro. Ao acto acudiron a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; o concelleiro de Deportes e deputado provincial, Dani García; o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manolo Cadramón; e membros da entidade organizadora, Asociación Praias de Comado.

Ermida quixo poñer en valor o esforzo das asociacións: nestes anos, nos que vimos traballando en dinamizar Barreiros, desestacionalizar o turismo e promover o deporte, debemos agradecer moito o traballo que fan as asociacións que organizan este tipo de eventos. Neste caso estamos a presentar unha proba que vai pola súa IX edición e que está máis que consolidada no calendario das carreiras de montaña, o que fai que sexa todo un orgullo para Barreiros”.

... leer más
03/10/2025

As saunas da piscina olímpica municipal de Cervo reabrirán o día 7 de outubro, martes.

 O Concello de Cervo anuncia: “a partir do martes 7 de outubro xa poderás gozar novamente das saunas da nosa piscina olímpica municipal. Ven relaxarte e desfrutar dun espazo pensado para o teu benestar!”.

O horario de uso das saunas e os martes e os xoves de 10:00 a 15:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

O Concello de Cervo explica que é obrigatorio informar na recepción da instalación cando se vaia facer uso da sauna.

Etiquetas:
01/10/2025

O Concello de Alfoz presenta o II Curso de Pádel para Adultos, que se desenvolverá dende o 18 de outubro ata o mes de xuño. As sesións impartiranse os sábados en horario de tarde, adaptadas aos diferentes niveis de xogo: nivel de iniciación (para persoas que nunca xogaron ou que tiveron un primeiro contacto), sábados de 16:00 a 17:00 horas; nivel intermedio (para quen xa asistiu a cursos previos ou xoga ocasionalmente), sábados de 17:00 a 18:00  e de 18:00 a 19:00 horas; nivel de perfeccionamento (para xogadores/as habituais con experiencia en competición), sábados de 19:00 a 20:00 horas.

O custo da actividade será de 10 euros ao mes e as persoas participantes deberán levar a súa propia pala de xogo.

O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o 2 e o 9 de outubro, tramitándose a través do Concello. As prazas...

leer más