Deportes
Lourenzá acollerá este sábado, día 6 de setembro, desde as 16:30 horas o XVI Campionato de Galicia de Milla en Ruta e Galego de 1.000 metros.
“Lourenzá volve a ser o epicentro das carreiras máis rápidas de Galicia: o Campionato Autonómico de Milla e o Campionato Galego de 1.000 metros. Sábado 6 de setembro a partir das 16:30 horas temos unha cita ineludible. Espectáculo garantido!”, anuncian as Escolas Deportivas Concello de Lourenzá.
As inscricións populares poden facerse a través da web www.carreirasgalegas.com.
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro; o deputado de Mocidade, Daniel García; e a alcaldesa de Barreiros Ana Ermida asistiron esta maña á presentación da 23ª Volta Ciclista a Galicia, que se celebrará do 11 ao 14 de setembro e que disputará a terceira etapa -o 13 de setembro – na comarca da Mariña. Barreiros será o epicentro deste etapa de 147 quilómetros, con saída e meta na Praza do Concello, en San Cosme, e paso por estradas de Ribadeo, A Pontenova, Riotorto e Trabada, con tres portos de segunda categoría -Augaxosa, Fórnea e Monte Comado- e outro de terceira categoría,Marco de Alvare.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coa Federación Galega de Ciclismo na organización desta proba que “reúne aos mellores corredores das categorías Élite e Sub-23, que preparan o salto ao ciclismo profesional”.
... leer másEl Torneo Burela Bonita será el partido de presentación a la afición del equipo masculino del Burela FS, encuentro contra el Kuwait FA que se jugará este miércoles, día 3 de septiembre, a las 20:30 horas en el pabellón Vista Alegre con entrada gratuita.
Este lunes frente a la playa urbana de Burela se celebró un acto para presentar el encuentro, al que acudieron por parte del Concello de Burela el concejal de Deportes, Carlos Méndez; el concejal de Turismo, Ramiro Fernández, así como el teniente de alcaldesa, Mario Pillado. Representando al club visitante, el Kuwait FA, participaron el entrenador ferrolano Bruno García acompañado por personal del cuerpo técnico del club kuwaití. Por parte del CD Burela FS acudieron a la cita el presidente José Luis Sáez y los directivos Marcelino Luna y Juan López, además del entrenador David Rial, el...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza o 14 de setembro unha saída especial a Luarca para participar no Encontro dos Amigos do Club de Luarca G. M. Estoupo, que celebra o seu aniversario.
A actividade inclúe dúas opcións: unha ruta de sendeirismo, de 13 km cunha dificultade media e outra ruta turística, pensada para aquelas persoas que prefiran unha alternativa máis tranquila.
A saída realizarase ás 7:30 h desde Foz (Cenor Belianorte) e ás 7:45 h desde Ferreira.
As persoas interesadas deberán inscribirse antes do domingo 7 de setembro, chamando aos teléfonos 606 718 482 (Laura) ou 670 369 017 (Morís), ou a través do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
O prezo da actividade, que inclúe o xantar, é de 50 euros para socios federados, 55...
leer másRibadeo celebrará unha nova edición do Día da Bicicleta este domingo, día 31 de agosto, a partir das 11 horas. A saída será desde a Casa do Concello ata a Illa Pancha e a volta realizarase por Vilaselán e o casco urbano. Ao remate haberá sorteo de agasallos entre os participantes.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima “a coller a bici o vindeiro domingo e a pedalear todos xuntos. Será unha maneira divertida e saudable de despedir o mes de agosto en Ribadeo”.
A concentración dos participantes a carón do Pazo de Ibáñez está prevista para as 10:30 horas.
O Día da Bicicleta está organizado polo Concello de Ribadeo, conta co patrocinio de Vegalsa e está promovido por La Voz de Galicia. Colaboran: BeOne, Decathlon, Deportes Docobo, Atleet Ribadeo, Cerezo Bikes, Pillabikes,...
leer másO club de fútbol SD Burela presenta o primeiro equipo para esta tempada 2025-26 cun partido fronte ao Ribadeo FC e pancetada. Será este venres ás 20:00 horas no campo da Marosa, con entrada gratuíta.
Ademais haberá pancetada, a partir das 20:45 horas, a 5 euros cada ración e sortearase un xamón e un abono da SD Burela para esta tempada.
A Delegación de Deportes do Concello de Burela organiza o Día da Bicicleta para este domingo, día 31 de agosto, desde as 11:00 horas na Praza da Mariña.
“Chega o Día da Bici a Burela. Un plan perfecto para desfrutar do deporte, da vila e da familia sobre dúas rodas. Dúas rutas para gozar en familia: infantil, ruta curta máis circuíto na praza; e adultos, ruta longa. Inscricións na Casa da Xuventude (do 26 ao 29 de agosto) ou no correo electrónico actividadesdeportivas@burela.org. Tamén podes inscribirte directamente aquí:...
leer másAta o 1 de outubro está aberto o prazo de inscrición para participar no primeiro Trail de Ribadeo. Está organizado polo Concello e terá lugar o 5 de outubro.
O obxectivo deste evento é fomentar a práctica do deporte ao aire libre, promover o respecto polo medio natural e dar a coñecer o patrimonio paisaxístico e cultural da zona.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “haberá tres modalidades: trail longo (24 quilómetros), trail curto (12 quilómetros) e andaina popular (12 quilómetros). Para participar nos trails será preciso ter cumpridos os 18 anos e para a andaina a partir de 12 anos (menores acompañados dun adulto responsable)”.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse en...
leer másA Xunta de Galicia patrocina o Trofeo Burela Turismo de Galicia, que este xoves, día 28 de agosto, enfrontará ao Burela Fútbol Sala feminino e o 5 Coruña FS no pavillón de Vista Alegre, a partir das 20.00 horas. O encontro servirá como presentación oficial do equipo diante da súa afección antes do comezo da nova tempada, previsto para o 6 de setembro.
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou na presentación do partido, nun acto que se desenvolveu no porto de Burela e no que tamén estiveron o presidente do CD Burela FS, José Luis Sáez; a adestradora do equipo feminino, Belén Feal; e unha representación do plantel de xogadoras.
Arias detallou que a Administración autonómica “destina 20.000 euros a través da Axencia de Turismo de Galicia a patrocinar en exclusiva este partido, que terá entrada...
leer másO 21 de setembro Barreiros acollerá a Valkiria Race, “unha carreira de obstáculos chea de diversión, deporte e aventura. O evento, que forma parte da Liga Española AOCO, atraerá a deportistas de toda a xeografía, poñendo a Barreiros como un punto de referencia. En colaboración co Concello de Barreiros, a organización do evento vén de anunciar a creación de 2 códigos de desconto para as persoas empadroadas en Barreiros co obxectivo de fomentar a participación entre a veciñanza”, explica o Concello de Barreiros.
Para as nenas e nenos, de 4 a 15 anos, o código de desconto é BARREIROSKIDS e aplicando este código,a proba pasa a ser totalmente gratuíta para a cativada barreirense. Para persoas adultas aplicando o código de desconto BARREIROS35 obterase un desconto de 12 euros nas carreiras Odin 9k, para as cales é válido, quedando o prezo final...
leer más












