Deportes

Etiquetas:
17/08/2023

A asociación Sendeiros de Foz organiza a última andaina para este verán. Esta será unha travesía de 13 kms polo cordal dos montes do Buio o sábado 26 de agosto. O punto de encontro terá lugar no Cenor Belianorte de Foz ás 9 da mañá.

Os organizadores comentan que a dificultade da ruta será media e aconsellan levar calzado con debuxo e bastóns para as zonas de pendente con grava solta.

Como  noutras ocasións, é obrigatorio anotarse de antemán. Neste caso poderá facerse ata o 24 de agosto nos teléfonos 670.369.017 e 606.718.482 ou no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es ; onde tamén poderase recibir información adicional. Ademais os non federados deben pagar 5 euros.

Etiquetas:
16/08/2023

Celebrarase na praza da Mariña e, se é necesario por mal tempo, trasladarase ao Pavillón dos Castros. Haberá competicións nas categorías sub 10, sub 12, sub 14, e sub 16, tanto masculino, como feminino ou mixtos. 

O presentación do campionato correu a cargo de Mario Pillado, concelleiro de Xuventude; Carlos Méndez, concelleiro de Deportes, e Iván Cao, técnico municipal de deportes.

“Unha das citas máis esperadas do verán, animamos a toda a mocidade a participar no campionato, nun ambiente festivo e de cordialidade”, asegura Mario Pillado, mentres que Carlos Méndez destacou “a importancia de fomentar o deporte e os hábitos de vida saudables durante todo o ano, tamén no verán”.

Os partidos comezarán ás 20:00 horas e as inscricións deben facerse na Casa da Xuventude de 9 a 13 horas (982 581...

leer más
Etiquetas:
13/08/2023

O areal de Lago, no municipio de Xove, acollerá un curso de iniciación ao balonmán praia desde o mércores 16 ata o venres 18 de agosto de 16:00 a 20:00 horas.

Está actividade, que é totalmente gratuíta, está dirixida a nenos e nenas de 6 a 16 anos.

Está financiada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

 

Etiquetas:
12/08/2023

El próximo 26 de agosto se llevará a cabo el V Trofeo de Pesca de Altura Real Club Náutico de Ribadeo. 

Esta competición será exclusivamente en la modalidad de curricán de altura y está organizada y regulada por el comité organizador y de seguridad del Real Club Náutico de Ribadeo.

Se puede consultar el reglamento de la competición en el apartado de noticias de la web del Real Club Náutico de Ribadeo. 

Inscripciones hasta el 18 de agosto. 

Etiquetas:
11/08/2023

Xove acogerá del 28 de agosto al 3 de septiembre la décima edición del torneo de pádel San Bartolo, que se disputa en categorías masculina, femenina y mixta.

Las inscripciones, que son limitadas, pueden realizarse llamando a la OMIX de Xove, a través del teléfono 982.57.18.16, o en Activity, al número 982.58.13.81.

Se entregarán premios en material deportivo por un valor total de 1.500 euros.

 

Etiquetas:
10/08/2023

A XIV edición da carreira popular Run Foz Run celebrarase o 13 de agosto en horario de mañá. Brinda a posibilidade de que toda a familia participe xa que conta con diversas categorías: carreira de Pícaros (200m), Benxamíns (800m), Alevíns (1000m), Infantís e Cadetes (1600m) e competición Absoluta (7000m). Tanto a saída como a meta será na Avenida da Ribeira, fronte ao Cenima/Casa de Mar de Foz.

A inscrición pode realizarse ata o 11 de agosto na páxina web www.sportmaniacs.com e os organizadores contan que os apuntados superan xa os 500.  Así, prevén que sexa un evento moi concorrido debido a que se trata dunha das probas puntuables do circuíto de carreiras populares DUACODE-RUNFOZRUN.

Ademais, haberá unha andaina solidaria, sorteos, música e DJ e hasta un DanceFest. Os...

leer más
Etiquetas:
09/08/2023

O CD San Ciprián organiza a VI edición do torneo futbolístico Maruxaina, que disputará contra UD Xove Lago dentro da programación das festas.

O enfrontamento deportivo será o 10 de agosto ás 20 horas no Campo de fútbol A Veiga de San Ciprián.

Os organizadores contan coa colaboración do Concello do Cervo.

Etiquetas:
07/08/2023

Viveiro acollerá o próximo mércores, 9 de agosto, a VII Carreira Popular de Viveiro #TODOSCONADRY, que servirá tamén de homenaxe a Adrián Ben.

No acto de presentación da carreira participaron o propio Adrián Ben; a alcaldesa, María Loureiro, e o concelleiro de Deportes, Eleazar José Rodríguez Abuín.

O día 9 desde ás 20:00 horas na praza Maior, celebraranse as carreiras nas categorías Pitufos (2016 e posteriores); Sub10 (2014-2015); Sub12 (2012-2013); Sub16 (2008-2009); Sub14 (2010-2011), e Absoluta (2007 e anteriores...

leer más
Etiquetas:
07/08/2023

O próximo 14 de agosto celebrarase a duodécima edición da Marcha Nocturna, que organiza a asociación Sendeiros de Foz. Como sempre, será pola ruta das praias de Foz e dará comezo ás 22 horas diante do Concello. Os organizadores lembran a importancia de levar farol ou lanterna.

Para participar é obrigatorio anotarse antes do 12 de agosto nos teléfonos 606718482 ou 670369017 e no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prezo a pagar será de 5 euros para os non federados, que incluirá seguro de accidentes. Ademais haberá chocolate e biscoito.

O evento conta coa colaboración do Concello. Pasando por diferentes puntos da vila, a marcha rematará na praia da Rapadoira.

Etiquetas:
04/08/2023

O Concello de Trabada organiza rutas de sendeirismo durante o verán. Todas elas darán comezo ás 10 horas na Oficina de Turismo cada mércores e domingo de agosto. Para participar, é preciso anotarse nos teléfonos 982-14-39-56 e 982-13-50-11 en horario de 10 a 14h ata o día antes da ruta que se desexe realizar.

A primeira ruta será o mércores 9 pola Fraga de Becerreira, que se repetirá tamén o domingo 27. Seguidamente, o 13 poderá realizarse a ruta do Monte Roxal-Teixido e o mércores 16 a ruta do Vento. Tamén, o domingo 20 está organizada a ruta da Subida ao Picato, que tamén está prevista para o domingo 30.