Día do Libro
O Concello de Cervo anuncia que o día 23 de abril “celebramos a maxia das historias, da imaxinación e das palabras que nos fan viaxar sen movernos do sitio. Dende o Concello de Cervo animámosvos a participar no noso Certame do Día do Libro, unha oportunidade perfecta para deixar voar a creatividade”. Os traballos poden presentarse ata o día 30 de abril.
Hai 3 categorías: infantil (de 3 a 6 anos): facer un marcapáxinas orixinal; primaria (de 7 a 11 anos), facer un relato continuando a historia; e adultos (de 12 ou máis anos): relato dunha anécdota familiar ou seguir unha historia. Os traballos poden enviarse por correo electrónico, á dirección prensa@concellodecervo.com ou por WhatsApp ao número 683.315.939.
O Concello de Ribadeo celebrará o Día do Libro cunha actividade que se desenvolverá na biblioteca municipal El Viejo Pancho este xoves, 23 de abril, a partir das 17:00 horas.
“O vindeiro xoves 23 de abril queremos que a biblioteca sexa, máis que nunca, a túa casa. Para celebrar o Día do Libro temos preparado algo diferente: sentarnos e falar das nosas lecturas. Non importa se es de novela negra, poesía ou se estás comezando o teu primeiro libro do ano. Queremos escoitarte! Que faremos? Un faladoiro sobre o que estamos lendo agora mesmo, compartir frases e citas que nos marcaron e crear entre todos e todas unha listaxe de recomendacións. Porque, ao final, os libros son a escusa perfecta para xuntarnos e facer comunidade. Así que, xa sabes, trae o teu libro debaixo do brazo e ven pasar a tarde con nós”, anuncia o Concello de Ribadeo.
O Concello de Burela celebra o Día do Libro cunha programación de actividades dirixidas a fomentar a lectura e a participación cidadá, con iniciativas pensadas para diferentes idades. Este xoves, día 23 de abril, a Biblioteca Municipal acollerá unha mesa libre de intercambio de libros. As persoas asistentes poderán deixar, coller ou compartir exemplares, nunha proposta que “está orientada a facilitar o acceso á lectura de maneira aberta”. No mesmo día a Casa da Cultura será escenario dun taller de iniciación ao estampado téxtil, que terá lugar entre as 19:00 e as 20:30 horas. A actividade, impartida por Xogando nas Nubes, está dirixida á mocidade e persoas adultas, e permitirá ás persoas participantes estampar unha bolsa de tea para transportar libros. O taller conta con prazas limitadas e require inscrición previa na Biblioteca Municipal. A programación continuará...
leer másO Concello do Vicedo celebrará o Día do Libro cun evento que terá lugar o vindeiro mércores, día 30 de abril, ás 17 horas na Casa da Cultura. Trátase dunha actividade de animación á lectura pertencente ao programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia, xunto co Concello de O Vicedo. O espectáculo chámase Historias fabulosas coa maxia, a cargo da compañía 2 Minds Combined.
A entrada é gratuíta.
Con motivo da celebración do Día do Libro, o Concello de Cervo convoca un certame de creatividade dirixido ás crianzas e tamén ás persoas adultas. Os traballos poden presentarse ata o día 30 de abril.
“As crianzas de 3 a 6 anos poden facer o seu marcapáxinas orixinal; as crianzas de 7 a 11 anos deben continuar o relato que se inclúe no cartaz; e as persoas de 12 anos en diante poden escoller entre contar unha anécdota familiar ou seguir a historia que aparece no cartel. Animádevos! Tedes ata o 30 de abril para presentar os vosos traballos a través do correo prensa@concellodecervo.com ou por whatsapp ao 683.315.939”, anuncia o Concello de Cervo.
O Concello de Alfoz anuncia: “o vindeiro 26 de abril temos unha tarde chea de diversión, contos e sorrisos na Casa da Cultura de Alfoz, pensada para os máis pequenos e as súas familias”.
De 16:30 a 19:30 horas haberá Xogos no Día do Libro, que consistirá en “actividades variadas para gozar dunha tarde moi entretida”. E ás 19:30 horas, espectáculo Un libro baixo a almofada, da man de Caxoto, “ideal para público infantil e familiar”.
Son actividades para nenos e nenas de 3 a 12 anos, completamente de balde. Para asistir non fai falla inscrición.
O Concello de Cervo convoca un concurso en conmemoración do Día do Libro, que se celebra este martes, 23 de abril. Os participantes están divididos en tres categorías diferentes en función da súa idade: entre 3 e 6 anos, entre 7 e 11 anos e maiores de 12.
Os máis pequenos, comprendidos entre os 3 e os 6 anos, terán que facer un marcapáxinas. Os nenos e nenas de entre 7 e 11 anos deberán continuar a seguinte historia: “Todo se torceu o domingo a mediodía cando Xoves, o cuarto anano de Brancaneves, non aparecía por ningures. Os recordos de Brancaneves cos seus sete ananos eran ledos e con centos de aventuras divertidas e incribles, que resultaba moi triste pensar que xa non volvería ser así. Por iso, toda a vila das Neves …”. Os maiores de 12 anos poderán elixir entre contar unha anécdota familiar ou proseguir a seguinte historia: “Nunca...
leer más









