Palilleiras
Burela acollerá o sábado 16 de maio a celebración do XVI Encontro de Palilleiras, organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras As Encaixeiras, unha cita que terá como escenario principal o porto de Burela e que incluirá diferentes actividades en distintos puntos da vila.
Na presentación do evento destacouse “tanto o traballo da organización como o impacto desta xuntanza na dinamización cultural e social do municipio”, explica o Concello de Burela, que anuncia: “a programación desenvolverase ao longo de toda a xornada do sábado, comezando ás 10:30 horas coa recepción das palilleiras, seguido da demostración de traballos ata as 13:30 horas. Ás 11:30 terá lugar a inauguración oficial e ás 12:00, unha degustación de empanada de merluza de Burela. Durante a mañá tamén están previstas visitas ao Monte Castelo, á igrexa...
leer másO Concello de Cervo celebrará o XIX Encontro de Palilleiras e Feira de Artesanía este sábado, día 11 de abril, na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián.
“Con 19 edicións de traxectoria, o Encontro de Palilleiras é unha cita xa plenamente consolidada no calendario do municipio, coa finalidade de poñer en valor unha tradición artesanal de gran relevancia cultural, que se mantén viva grazas á paciencia, á dedicación e á creatividade das persoas que a practican. Durante a xornada, as persoas asistentes poderán gozar da beleza dos traballos artesanais e ver en directo a destreza das palilleiras, contribuíndo así á conservación e á posta en valor dun oficio con gran tradición e séculos de historia”, anuncia o Concello de Cervo, que engade: “o encontro complétase cunha Feira de Artesanía e conta coa colaboración da asociación...
leer másO concello de Cervo celebrará o XIX Encontro de Palilleiras e Feira de Artesanía o sábado 11 de abril, na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián.
O evento foi presentado pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, pola concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, e por unha representación das palilleiras de San Ciprián, na Casa do Mar, no local que empregan habitualmente para desenvolver a súa actividade.
O Concello de Cervo explica que “con 19 edicións de traxectoria, o Encontro de Palilleiras é unha cita xa plenamente consolidada no calendario do municipio, coa finalidade de poñer en valor unha tradición artesanal de gran relevancia cultural, que se mantén viva grazas á paciencia, á dedicación e á creatividade das persoas que a practican. Durante a xornada as persoas asistentes poderán...
leer másO departamento de Muller e Igualdade do Concello de Xove anuncia que xa está aberto o prazo, ata o 30 de setembro, para inscribirse no XIV Encontro de Palilleiras Coas nosas mans, que se celebrará o día 4 de outubro, sábado.
“Desde que se abriu o prazo o 1 de setembro xa se anotaron case un centenar de palilleiras de distintas provincias galegas e máis de vinte postos de venda de produtos e de artesanía de Galicia e Asturias. Ata o 30 de setembro poderán seguir inscribíndose; os vendedores e vendedoras só poderán facelo cubrindo a solicitude para postos de venda que encontrarán na web www.xove.es, e enviándoa ó correo electrónico encontropalilleiras@xove.es. As palilleiras, ademais de poder inscribirse no correo electrónico mencionado enchendo a...
leer másO Concello de Burela anuncia que a décimo quinta edición do Encontro de Palilleiras celebrarase o sábado 17 de maio e explica que será “unha xornada para poñer en valor o traballo artesanal das palilleiras, con demostracións, visitas culturais, boa gastronomía... e moito máis”.
O programa de actividades inclúe: ás 10:30 horas, recepción de palilleiras; de 10:30 a 13:30, demostración de traballos; ás 11:30 será a inauguración; ás 12:00, degustación de empanada de pescada, visita ao Monte Castelo e á igrexa da Vila do Medio; de 14 a 16 horas, comida; ás 16:00, demostración de traballos; ás 17:30, sorteo de agasallos; e ás 19 horas, despedida. A xornada estará amenizada por Arume, globoflexia e pintacaras.
O Concello de Cervo xa está traballando na organización do XVIII Encontro de Palilleiras e Feira de Artesanía que se celebrará o día 5 de abril, sábado, na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián.
A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; a concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada; e polas palilleiras de San Ciprián na Casa do Mar, no local que empregan para desenvolver a súa actividade.
Dolores García destaca que “con 18 anos de historia, o Encontro de Palilleiras é un evento máis que consolidado en Cervo co fin de poñer en valor unha tradición artesanal que cremos primordial que se manteña viva. Unha cita que rende homenaxe á paciencia, á dedicación e á creatividade de todas esas persoas que manteñen viva esta artesanía tan especial que garda un legado que se transmitiu de...
leer másA décimo terceira edición do Encontro de Palilleiras “Coas Nosas Mans” do Concello de Xove, que se celebrará o sábado 5 de outubro no Pavillón Municipal de Deportes, ten aberta a inscrición para participar ata o día 30 de setembro.
“Neste momento xa superamos as 150 palilleiras anotadas para este evento, as cales veñen dende as catro provincias galegas e tamén da veciña Asturias. Hai anotadas varias mozas menores de 15 anos e un mozo, un dato que nos ofrece moi boas perspectivas sobre a renovación xeracional neste bonito oficio artesanal e tamén pequenos indicios de superación do estereotipo de que a costura, os palillos e o bordado son oficios unicamente de mulleres. Polo que respecta ás vendedoras e vendedores, xa superan os 20 postos e estamos a piques de pechar a súa inscrición por falta de espazo. Para inscribirse as asociacións de...
leer másDende a departamento de Muller e Igualdade do Concello de Xove informan que xa está aberto o prazo ata o 30 de setembro para inscribirse no XIII Encontro de Palilleiras Coas nosas mans, do Concello de Xove, que se celebrará o próximo 5 de outubro.
Poderán inscribirse tanto asociacións de palilleiras como postos de venda ata o 30 de setembro. Os vendedores e vendedoras só se poderán inscribir cubrindo a solicitude para postos de venda que encontrarán na web www.xove.es, e enviándoa ó correo electrónico encontropalilleiras@xove.es
As palilleiras, ademais de poder inscribirse no correo electrónico mencionado enchendo a solicitude que atoparán na web do Concello, poderán facelo tamén chamando ó teléfono do Concello 982592001 ata o 30...
leer másO Concello de Cervo celebrará este sábado, 25 de maio, o XVII encontro de palilleiras na carpa instalada na Praza dos Campos, de San Ciprián. Como actividade complementaria terá lugar unha feira de artesanía e alimentación que convivirá no mesmo espazo acondicionado para a ocasión. A inauguración, amenizada polo grupo A Rebolaxe, está prevista para as 12:00 horas, e haberá exhibicións, sorteos e moitas sorpresas.
O Concello de Cervo retomará este sábado, 25 de maio, o Encontro de Palilleiras, que non se celebraba desde a pandemia e que se traslada por primeira vez ao centro de San Ciprián, concretamente á carpa instalada na Praza dos Campos.
A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; por membros da asociación Mulleres de San Ciprián, de A Rebolaxe, e da asociación Saúde Mental A Mariña, que...
leer másBurela acollerá o vindeiro 18 de maio o seu XIV Encontro de Palilleiras, un evento organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras As Encaixeras, que agarda recibir a centos de palilleiras para compartir arte e tradición.
O evento presentouse no Concello de Burela coa presenza da alcaldesa, Carmela López, o deputado provincial Iván Castro e a presidenta de As Encaixeiras, Paqui Romo.
O encontro desenvolverase integramente no porto de Burela, con horario de mañá e de tarde de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Durante a xornada tamén será posible visitar o Barco Museo Reina del Carmen.
A programación comezará coa recepción das palilleiras, dando paso ás 11:30 horas á inauguración do evento, seguida dunha degustación de empanada de pescada e dunha viaxe ó Monte...
leer más- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »












