Espiritualidad

10/02/2026

O día 20 de febreiro, venres, ás 20:30 horas terá lugar a presentación do libro titulado Espiritualidad no salón de actos da Casa da Cultura da Pontenova.

O coordinador da publicación, Pepe Vázquez Peinó, explica: “teño que agradecer a inestimable axuda de Rocío Oliva e o seu constante compromiso coa cultura e as actividade comunitarias na organización deste evento. Tamén debemos mostrarnos especialmente agradecidos ao Concello da Pontenova por cedernos o acolledor espazo da Casa da Cultura para dar a coñecer a obra que presentamos. O libro Espiritualidad, obra de oito autores, entre os cales me atopo eu como coordinador, é unha reflexión longa e profunda sobre a parte inmaterial do ser humano, organizada desde o principio reitor da empatía, o respecto e a busca común de xente de diversas orientacións espirituais....

leer más
23/12/2025

O libro titulado Espiritualidad, escrito en base a reflexións de oito persoas de orientacións relixiosas diferentes sobre o tema do espírito, presentarase en Lourenzá (no salón de actos municipal) este sábado, día 27 de decembro, ás 18:00 horas.

Os autores son: Jesús Álvarez Piñón (sacerdote católico); David Val Pena (idealista espiritual);  Omar Choraifi Salmi Saidi (musulmán); Carlos Matías Nicieza García (ateo materialista); Eugenia Iglesias Flórez (visión holística); Vicente Míguez Salgueiro (cristián); Arturo Fernández Fernández (budista) e José Vázquez Peinó (coordinador).

21/10/2025

O libro titulado Espiritualidad, escrito por oito persoas, será presentado en Foz o día 31 de outubro, venres. Será ás 21:00 horas no salón de actos do CENIMA.

Os autores explican que “é, máis que un traballo, unha reflexión conxunta entre persoas que buscan a verdade interior por diferentes camiños, que tentan atopar o ben de diversas formas. Espiritualidad naceu dun programa coloquio en Radio Burela a principios do ano 2018, que se continuou logo a través de diálogos e entrevistas telefónicas ao longo de diversos meses, incluso na época da pandemia do COVID. Agora presentámosvos o froito de tanto diálogo e tanta busca neste libro”.

Os autores son: Jesús Álvarez Piñón (sacerdote católico, actual párroco de Viveiro); David Val Pena (idealista espiritual, locutor de Radio Foz e promotor do poboado...

leer más