O Vicedo
A Xunta de Galicia organiza no Vicedo, neste mes de marzo e en abril, dous cursos para persoal das agrupacións de voluntarios de Protección Civil.
“A primeira actividade comezou xa no Vicedo, que acolle dende o sábado 21 de marzo un curso básico de Protección Civil que se impartirá en dúas fins de semana (comezou a pasada e completarase os próximos sábado 28 e domingo 29). Este tipo de cursos ofrecen ao persoal de novo ingreso a formación básica necesaria para o exercicio das funcións de Protección Civil”, indica a Xunta, que tamén anuncia que se ofrecerá un curso presencial de prevención e loita contra os incendios urbanos e forestais nos municipio do Vicedo do 10 ao 19 de abril.
O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, explica que este cursos forman parte da programación da Academia...
leer másA presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López Moreno, participou este luns na Casa da Cultura do Vicedo na presentación do II Serán, a cita que se celebrará no campo da festa da parroquia de Negradas este sábado, día 21 de marzo. O evento, que “inclúe unha ampla e variada programación, está organizado pola Asociación Cultural Os do 21, entidade coa que a institución provincial mantén un importante compromiso achegando 21.000 euros para financiar actividades coma esta e colaborar cos gastos de mantemento do colectivo”, anunciou a Deputación.
Carmela López puxo en valor que “a Deputación é o concello dos concellos” e destacou que “apoiar o rural é unha das principais liñas de acción que vertebra o noso goberno. Por iso, estamos ao carón de entidades coma esta, para que poidan desenvolver actividades que dinamicen as nosas parroquias e...
leer másO Folgueiro, no municipio de O Vicedo, celebrará unha festa de Antroido este sábado, día 28 de febreiro, desde as 20:30 horas.
Este evento está organizado polo club de fútbol UD Folgueiro, que anuncia: “este sábado 28 de febrero celebramos o Antroido no Folgueiro por todo o alto. A partir das 20:30 horas haberá degustación de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Antroido (gratis ata fin de existencias). E despois, baile ata que o corpo aguante cos dúos D’Vicio e Venus. Haberá premios para os mellores disfraces: grupos, 150 puntos; parellas, 100 puntos; e individual, 50 puntos”.
O grupo Andanzas, de Viveiro, representará a obra titulada Los hombres no mienten, este sábado, día 28 de febreiro, ás 19:30 horas na Casa da Cultura do Vicedo.
Trátase unha comedia destinada a público adulto e con entrada gratuíta.
No Vicedo haberá festa de Entroido este sábado, día 21 de febreiro. As actividades comezarán ás 13:30 horas coa sesión vermú.
Este evento está organizado pola comisión de festas na honra a Santo Estevo e a Santa Lucía, que anuncia: “nesta ocasión celebramos o Entroido coas actuacións dos grandísimos artistas dúo Alba y Selu e Juanjo Music , que estarán con nós tanto na sesión vermú dobre coma na gran verbena. Coma sempre, haberá festa infantil organizada pola APA e, deseguido, merendola na carpa. Tamén contaremos co tradicional desfile tanto infantil coma adulto, cos seus respectivos premios aos mellores disfraces”.
A parroquia de San Román do Val, no municipio de O Vicedo, celebrará unha festa de Entroido este venres, día 20 de febreiro, a partir das 21:30 horas. Este evento está organizado pola Asociación de Mulleres de San Román do Val, en cuxo local terá lugar a celebración.
Haberá premios para os mellores disfraces (individual, parella e grupos) e degustación de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Entroido. E a festa estará amenizada coa música do dúo Primera Línea.
La comisión de las fiestas del Carmen de O Vicedo organiza una comida popular para el día 31 de enero, sábado.
Las actividades del evento empezarán a las 13:30 horas con sesión vermú a cargo del dúo Caramelo. A continuación habrá la comida popular, que incluye sopa, cocido, bebida, pan, postre, café y chupito. Para participar hay que apuntarse antes del 26 de enero. Después de la comida habrá verbena amenizada por el dúo Caramelo.
La organización destaca que dispondrán de carpa climatizada.
O grupo musical Escolma de Meus, de Viveiro, ofrecerá un concerto no Vicedo este sábado, día 3 de xaneiro. Será ás 19:30 horas na Casa da Cultura.
O Concello do Vicedo anuncia: “comezaremos o ano cultural 2026 cun concerto a cargo do grupo de Viveiro Escolma de Meus. Un día para lembrar grandes cancións da historia da música”.
Este mércores, día 31 de decembro, celebrarase a primeira edición da carreira San Silvestre en O Vicedo.
A saída das probas será desde a rúa Francisco Vilasuso: a infantil ás 16:30 horas, a andaina ás 16:50 horas e a carreira de adultos ás 17:00 horas.
Este evento deportivo está organizado pola Comisión de Festas de Santo Estevo e Santa Lucía, que agradece “a gran acollida e participación que tivo esta actividade por parte do pobo, ademais da colaboración por parte dos locais da zona, sodes os mellores”.
A Banda da Agrupación Cultura e Musical Dambara, de Burela, actuará no Vicedo este sábado, día 27 de decembro. Será ás 19:30 horas na Casa da Cultura.
“No concerto da Banda da ACM Dambara de Burela máis de 30 integrantes subirán ao escenario da Casa da Cultura para ofrecernos un concerto de Nadal”, anuncia o Concello do Vicedo.












