Infantil
O auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acollerá o espectáculo infantil titulado Dedín, dedín, dedal, creado por Baobab Teatro para Malasombra Producións. Será este domingo, día 26 de abril, ás 17:30 horas.
O Concello de Ribadeo explica que é Dedín, dedín, dedal hai “contos, xogos e cantigas para enredar, rir e bailar. Un espectáculo musical e teatral pensado para os máis pequenos/as da casa, onde a imaxinación e a música van da man. Unha experiencia próxima, divertida e chea de tenrura”.
O Concello de Xove organiza un obradoiro gratuíto para nenos e nenas maiores de 6 anos. Será este sábado, día 11 de abril, ás 17 horas na Casa do Director.
As prazas son limitadas e para participar é imprescindible inscribirse previamente a través do teléfono 691.235.185 (Olalla).
A organización desta actividade explica: “si tu peque tiene más de 6 años, este taller es para él/ella. A través del juego, el movimiento y la respiración, aprenderán a relajarse, concentrarse mejor, conectar con su cuerpo y expresar sus emociones. Un espacio divertido, tranquilo y lleno de buena energía”.
O Concello de Barreiros anuncia: “como continuidade da nosa aposta por favorecer a conciliación familiar, organizamos un campamento infantil para que a cativada estea entretida e as familias poidan cumprir, da mellor maneira posible, coas súas obrigas. O prazo de preinscrición comeza o luns 16 e finaliza o día 20 de marzo”.
As taxas desta actividade son: 5 euros para crianzas censadas no Concello de Barreiros e 20 euros para as que non estean.
O Concello de Riotorto organiza un Entroido infantil para este martes, día 17 de febreiro. Será desde as 17:00 horas no pavillón municipal.
Haberá inchables e repartirán chocolate con churros para todos a partir das 20:00 horas.
A Pontenova celebrará un Entroido infantil este domingo, día 15 de febreiro. Será no pavillón municipal Tito Margaride desde as 17:00 horas.
Está organizado polo Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) de A Pontenova coa colaboración do Concello, que anuncia: “o vindeiro 15 de febreiro ás 17:00 horas agardámoste no Pavillón Municipal Tito Margaride para gozar dunha tarde chea de xogos, música e baile pensada para os máis pequenos e para toda a familia! Prepara o teu mellor disfrace e ven vivir un Entroido máxico, divertido e cheo de sorpresas”.
O Auditorio Municipal de Burela acollerá o sábado 25 de abril ás 18.00 horas o espectáculo familiar A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, unha proposta escénica da compañía A Xanela do Maxín dirixida a público infantil e familiar, recomendada a partir de 2 anos.
O Concello de Burela explica que esta obra “presenta a historia dunha toupiña que, tras sufrir un inesperado incidente ao saír do seu tobo, decide iniciar unha peculiar investigación pola granxa para descubrir cal dos animais foi o causante. No seu percorrido atoparase con diferentes personaxes, nunha sucesión de situacións cheas de humor e sorpresa. Cun ton divertido, o espectáculo conecta co público máis novo e tamén co adulto, ao tempo que introduce valores como o respecto polos animais, a curiosidade e a importancia de reflexionar sobre si...
leer másA Praza do Souto, de Cervo, acollerá este mércores, 24 de decembro, a XVI Noiteboa Infantil organizada pola asociación Fervenza de Sargadelos. As actividades comezarán ás 18:00 horas.
“Un ano máis celebramos a Noiteboa Infantil. Contaremos cun espectáculo de maxia, baile e humor da man de Rudi Dudi, chocolatada e a visita, como é habitual, de Papá Noel. Vémonos o 24 na Praza do Souto!”, anuncia a asociación Fervenza de Sargadelos.
EducaTeatro Producións ofrecerá o musical infantil Os tres porquiños en Viveiro este sábado, día 15 de novembro. Será no Teatro Pastor Díaz ás 18:00 horas.
Este espectáculo ten unha duración de 50 minutos e está dirixido ao público infantil a partir de 2 anos de idade.
Está dirixido por Luís Crespo e o elenco artístico está formado por: Paulo Medal, Leonor Sangabriel, Alicia Rodríguez, Nicolás Martínez e Ademar Silvoso.
O Concello de Viveiro explica que “Os tres porquiños é unha obra musical con bonecos a tamaño real. Unha revisión da tradicional fábula para adaptala aos novos tempos, incluíndo a figura de Xan e Xiana, dous exploradores moi afeccionados aos contos, que se adentran no bosque para coñecer os seus personaxes favoritos. Na súa viaxe, ademais de descubrir a...
leer másA Gladiator Kids volve a Ribadeo con carácter solidario. A proba de obstáculos infantil terá lugar o 9 de novembro. O importe das inscricións será doado integramente á Cruz Vermella ribadense.
A Gladiator Race regresa a Ribadeo o próximo 9 de novembro para celebrar a súa versión Family, unha proba de obstáculos para os máis pequenos da casa cun fin solidario. A carreira está dirixida a nenos e nenas entre 3 e 11 anos e o diñeiro das inscricións será doado integramente a Cruz Vermella Ribadeo.
Dita xornada, patrocinada por Mediolanum Aproxima (o proxecto solidario de Banco Mediolanum), pola Fundación Mediolanum en España e polo Concello de Ribadeo, será na Praza de España a partir das 12:00 horas. O custo das inscricións será de 6 euros e poderán abonarse a través da web oficial da carreira:...
leer másLydia Botana presenta o espectáculo musical infantil titulado De aquí para alá coas emocións en Viveiro. Será este sábado, día 25 de outubro, no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, ás 18:00 horas.
Cunha duración de 60 minutos está dirixido ao público infantil, de 3 a 10 anos.
O elenco artístico está formado por Lydia Botana, Marta Figueiredo, Lúa Cadernas e Charly Drop.
E a sinopse é a seguinte: “un proxecto didáctico musical para público infantil no que viaxamos arredor do mundo aprendendo e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe ao público que nos acompañe na procura de novos sons! Trátase de espertar o interese dos nenos e das nenas pola música e as culturas doutros lugares, dando valor á diversidade e por suposto, respectándoa, dun xeito divertido e didáctico na nosa lingua...
leer más












