Cursos
O Concello de Cervo promove unha serie de obradoiros de lecer dirixidos ás crianzas de Educación Infantil que se desenvolverán na Casa da Cultura, cada martes e xoves, en horario de 17:00 a 18:00 horas.
Os/as pequenos/as desfrutarán da compañía especial da Ra Ramira, que compartirá anacos divertidos e didácticos con eles/as, nos que terán cabida todo tipo de actividades de lecer, como manualidades, contacontos, obradoiros de baile, cine...E un sen fin de alternativas para pasar unhas tardes de outono gozando e aprendendo entre amigos/as!
As inscricións xa están dispoñibles na Casa da Cultura!
Ademais, tamén está aberto o prazo para anotarse aos obradoiros temáticos dirixidos ao alumnado de primaria que terán lugar cada dous sábados na Casa da Cultura. O primeiro será esta mesma fin de semana, en horario de...
leer másO Concello de Barreiros organiza o programa ActivaMente, talleres lúdicos nos que haberá actividades de aprendizaxe e lecer, coas que se pretende favorecer o proceso de envellecemento, dando a coñecer este (as súas causas, consecuencias e recursos dispoñibles para palialo), traballando a memoria, a atención e a concentración e potenciando as relacións entre a veciñanza do concello.
O programa, que está destinado a maiores de 65 anos, xubilacións maiores de 60 anos ou con discapacidade do concello, dará comezo a semana do 23 de outubro e impartirase en: colexios vellos de San Miguel, os luns de 18 a 19 horas; centro social de Cabarcos, os xoves de 15 a 16 horas; centro social de San Xusto, os xoves de 16:30 a 17:30 horas; e
centro social de San Cosme, os xoves de 18:00 a 19:00 horas.
Os interesados/as en...
leer másO taller terá lugar na sala multiusos da Casa da Cultura de Burela. O horario será de 12 a 13 horas todos os luns.
Está organizado pola AECC e conta coa colaboración do Concello de Burela.
O Concello de Ourol organiza unha actividade de ioga para maiores co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida mediante a práctica de exercicios que axuden a xestionar o día a día con maior benestar físico, mental e emocional. As clases terán lugar os mércores de 10:30 a 11:30 horas no Edificio Multiusos, darán comezo o día 4 de outubro e desenvolveranse ata xuño.
O prazo de inscrición remata o 29 de setembro e debe facerse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.489.457). Para participar hai que estar empadroado no concello de Ourol e esta actividade require formar un grupo mínimo de 10 persoas.
O Concello de Xove organiza un obradoiro de ioga que se desenvolverá desde outubro de 2023 ata maio de 2024.
A actividade iniciarase o 2 de outubro, luns, e haberá cinco grupos. Catro deles serán os martes e xoves con estes horarios: de 10:30 a 12:00, de 17:30 a 19:00, de 19:00 a 20:30 e de 20:30 a 22:00. E no quinto grupo, para persoas coidadoras ou con enfermidades crónicas, o obradoiro desenvolverase os luns e mércores de 17:30 a 19:00 horas.
As inscricións deben facerse ata o 28 de setembro na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), onde tamén poden consultarse os prezos.
O Sindicato Labrego Galego organiza un curso de transformación e conservación de produtos agrarios en no municipio de Ribadeo os días 2, 4, 6, 9 e 11 de outubro de 16:00 a 20:00 horas. Será en As Anzas 75 (Covelas).
Esta actividade está dirixida a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.
Para máis información e inscricións as persoas interesadas deben contactar a través do teléfono 698.159.667 ou do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal.
O prazo para apuntarse remata o 28 de setembro.
A piques de rematar un intenso verán, a Sociedade Cultural Ledicia informa que ao tempo que empezaba o curso escolar, comezou tamén a actividade habitual de outono na asociación.
Está en marcha a escola de baile e música tradicional, con ensaios de música os mércores e venres, e de baile os xoves para adult@s e os venres para a sección infantil (que participará o vindeiro venres nas actividades organizadas pola delegación de medioambiente do concello de Burela con motivo da semana da mobilidade)
Tamén está activo o curso de bordado, os xoves a partir das 16:30 no local social; e a partir do mes de outubro dará comezo un curso multidisciplinar de encaixe de bolillos, calceta e ganchillo os mércores a partir das 20:30 horas.
Para máis información, contactar a través do mail...
leer másA Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), retoma as actividades coa organización dun obradoiro de elaboración de xabóns artesáns que se desenvolverá este sábado, 23 de setembro, ás 17:00 horas. Será no centro social de Bravos.
Este obradoiro inclúe teoría audiovisual, elaboración de dous xabóns, documentación impresa e mostras para levar.
O prezo para os socios do colectivo organizador é de 10 euros e os que non o sexan terán que pagar 2 euros máis.
As prazas son limitadas e as inscricións deben facerse a través do teléfono 661.86.65.52, preferiblemente por WhatsApp.
Xove acollerá a fin de semana do 29 de setembro ao 1 de outubro un obradoiro de performance sobre sustentabilidade e protección da auga. É para persoas que teñan entre 15 e 35 anos e as prazas son limitadas.
Esta actividade está organizada por Artefeito Produccións e será impartida por Lucho Penabade, de Os Quinquilláns.
Para obter máis información e inscribirse os interesados deben dirixirse á Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove ata o 28 de setembro.
O Concello de Xove organiza un obradoiro de bordado e bolillos que se desenvolverán desde outubro de 2023 ata maio de 2024.
As actividades iniciaranse na semana do 2 de outubro e haberá grupos e horarios en función do número de inscricións, que deben facerse ata o 28 de setembro na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), onde tamén poden consultarse os prezos.
As solicitudes de inscrición están dispoñibles na páxina web do Concello de Xove.