Cursos

Etiquetas:
21/11/2023

A asociación de veciñ@s San Román do Vicedo organiza un obradoiro de coiro para este sábado, 25 de novembro. Será na Escola do Vilar, en San Román do Val, desde as 10:00 horas. Impartirao Rubén, artesán galego que ten a firma Obradoiro do Coiro.

Os organizadores explican: “na asociación de veciños San Román do Vicedo tentamos realizar actividades que fomenten a unión entre todxs nós. Procuramos, ademais, acadar a maior riqueza en termos económicos e de benestar; entendendo esta riqueza no seu concepto máis amplo, tanto material como intanxible, tentando contribuír así ao desenvolvemento, de non soamente a nosa parroquia, senón tamén da zona. Fomentamos a realización e promoción de actividades innovadoras con novas técnicas e materiais, dar pé á utilización de produtos da zona para combinar e realizar pezas orixinais. Froito do convenio...

leer más
Etiquetas:
18/11/2023

O Grupo de Participación Adolescente e a aula de educación medioambiental Gaia, de Burela, celebran o mes da ciencia en galego nas bibliotecas cuns obradoiros de experimentos científicos. Terán lugar o vindeiro martes, día 21 de novembro, na sala de usos múltiples da Biblioteca de Burela. Serán ás 17:00 horas para o grupo de 3 a 7 anos e ás 18:00 horas para o grupo de 8 a 12 anos.

As prazas son limitadas, sendo necesaria a inscrición previa na Casa da Xuventude de Burela de 9:00 a 14:00 horas ou no número de teléfono 982.58.11.41.

Etiquetas:
10/11/2023

Ribadeo acollerá do 13 ao 17 de novembro unha xuntanza do proxecto europeo de robótica no que participa Apaga. Ao encontro asistirán vinte profesores e alumnos chegados de Turquía, Polonia e Italia, que ademais visitarán centros de ensino e empresas e coñecerán a comarca e outras cidades como Lugo, Santiago e Avilés. 

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, contou que “esta é a última xuntanza deste proxecto europeo, que reúne a centros educativos de Turquía, Polonia e Italia. Nesta parte final hai un apartado dedicado á actividade cultural e visitas a empresas. Empezaremos o día 13, cando teremos un acto de acollida no local de Apaga. E despois, ás 10 da mañá, haberá unha recepción no Concello de Ribadeo, na que estará o alcalde. A continuación actuará un grupo de gaitas ribadense e pola tarde faremos unha visita cultural guiada polo casco...

leer más
04/11/2023

O Concello do Valadouro organiza desde o 9 de novembro un programa de apoio e formación para familiares que coidan dos seus maiores, denominado Coidarte.

Serán oito sesións totalmente de balde ata completar aforo (10 persoas coidadoras). Desenvolveranse os xoves de 16:00 a 18:00 horas na Casa da Cultura do Valadouro.

Os organizadores explican que os participantes adquirirán coñecementos, técnicas e habilidades coas que desenvolver e mellorar o benestar e a calidade de vida da persoa maior, sen descoidar o benestar físico, emocional e social do coidador.

Para máis información e inscricións os interesados deben dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello do Valadouro ou contactar cos teléfonos 982.57.40.00 ou 644.032.222.

 

Etiquetas:
02/11/2023

A Aula Universitaria da UNED de Foz vén de inaugurar unha nova sección denominada UNED Foz mes a mes, na que se expón a programación da aula para cada mensualidade. Así o anunciaron a concelleira da Aula Universitaria, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez. Para este mes de novembro deron a coñecer tres actividades: unha exposición e dous cursos de extensión universitaria.

A exposición do CEIDA, que leva por título O coidado do noso mar, estará ubicada na sala de exposicións do CENIMA do 6 ao 30 deste mes.

En Extensión Universitaria anúnciase unha formación en francés básico, en concreto no Nivel A2 do MCERL, do 3 ao 16 de novembro; e outra centrada na vulnerabilidade da infancia denominada Análise do maltrato físico, psíquico e emocional da infancia (Desenvolvemento da Lei 8/2021...

leer más
29/10/2023

O Concello do Valadouro organiza un obradoiro creativo de manualidades, que será impartido no Local Social Concepción Arenal (Antigo Matadoiro) a partir do 7 de novembro ás 16:00 horas.

A duración das actividades está prevista dende o 7 de novembro de 2023 ata o 28 de xuño de 2024. O prazo de solicitude iníciase este luns, 30 de outubro.

As solicitudes realizaranse nas Oficinas Municipais en horario de atención ao público de 09:00 a 14:30 ou na Casa da Cultura do Concello do Valadouro tamén en horario de atención ao público de 09:00 a 20:30.

As persoas interesadas poden atopar aquí as bases de participación e o modelo de inscrición.

https://cutt...

leer más
Etiquetas:
28/10/2023

O vindeiro luns, 30 de outubro, arrinca unha nova edición de Preto de ti, un conxunto de actividades organizadas para dinamizar as parroquias ribadenses. O programación foi presentada polo alcalde, Dani Vega, e pola concelleira de Benestar Social, Elena Sierra. 

O rexedor explicou que “bota a andar Preto de Ti, un conxunto de actividades que queremos acercar a todas as parroquias, a todos os lugares”.

Vega dixo: “eu en primeiro lugar quero felicitar aos técnicos municipais da Concellería de Benestar Social por todo o traballo que están a realizar; isto é grazas a eles. Tamén ás traballadoras que van levar a cabo todo o traballo en Preto de ti. E ademais á concelleira Elena Sierra, que grazas ao seu empeño e á súa dedicación Preto de ti é unha realidade”.

O alcalde indicou que “este...

leer más
Etiquetas:
27/10/2023

A Reserva da Biosfera Terras do Miño, que xestiona a Deputación de Lugo, en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Miranda e co Concello de Alfoz, realizará un curso de recolección e cultivo de setas en Alfoz. Será na Escola Chao de Pereiro do 6 ao 10 de novembro de 16:00 a 21:00 horas.

Hai 12 prazas e a inscrición pode facerse a través do correo electrónico terrasmiranda@gmail.com ou no teléfono 982.507.111.

Estes cursos ofrécense de forma gratuíta, co fin de dar unha oferta lúdica e formativa e promover os valores naturais e medioambientais da Reserva da Biosfera.

21/10/2023

A Concellería de Cultura do Valadouro presenta o luns 23 de outubro ás 18:00 horas na Casa da Cultura Manuel Lourenzo a actividade denominada ‘Terroríficas’. É un obradoiro de Andrea Barreira que combina a lectura e a escritura de relatos de terror. 

A través dunha perspectiva de xénero, crítica e creativa, quen participe viaxará a través de distintas autoras (Cris Pavón, Uxía Casal, Paula Carballeira, Mary Shelley, Shirley Jackson, Pilar Pedraza...) pola literatura do medo e o misterio, o que lles permitirá construír o seu propio relato terrorífico. Esta actuación está inserida no programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, promovido pola Xunta de Galicia. É unha actividade especialmente indicada para nenos/as a partir de 10 anos.

 

 

Etiquetas:
18/10/2023

A Casa da Xuventude do Concello de Burela albergará desde este venres, 20 de outubro, o ciclo de obradoiros ‘Ciencia á feira’, que teñen como obxectivo achegar temas de interese científico á sociedade.

Os obradoiros que se van a desenvolver no ciclo serán os de ‘Enfermidades transmitidas por carrachas’ entre outubro e decembro, ‘Xestión sustentable da auga’ entre xaneiro e marzo, e ‘Propagación vexetal e as súas implicacións’ entre abril e xuño.
 
A primeira sesión, como parte do obradoiro de ‘Enfermidades transmitidas por carrachas’, terá lugar ás 12:00 horas do venres 20 de outubro. Cada sesión comporase dunha charla de 30 minutos e dun obradoiro de hora e media de duración.
 
As actividades realizaranse coincidindo coa feira municipal, que ten lugar os venres, e instalarase un posto no mercado de Burela, onde se...

leer más