Cursos

Etiquetas:
31/01/2023

O vindeiro 11 de febreiro arrinca unha nova edición do Plan de Formación Rural do Concello de Ribadeo. 

O primeiro obradoiro terá lugar na Escola de Cinxe os días 11 e 12 de febreiro e será de elaboración de queixos. Impartirase o sábado en horario de 10 a 15 horas pola mañá e de 17 a 20 horas pola tarde e o domingo de 10 a 14 horas.

A Escola de Remourelle acollerá un obradoiro de poda de froiteiras o 18 de febreiro en horario de 10:30 a 13:30 horas e de 15 a 18 horas. 

O 4 de marzo na Escola de Couxela será impartido un curso sobre mantemento de motoserras de 10 a 14 horas. 

O 11 de marzo de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas a Escola de Vilaselán acollerá  un obradoiro sobre elaboración de pan. 

Na Escola de Vilaframil será impartido o...

leer más
Etiquetas:
30/01/2023

O Concello de Viveiro organiza este venres e sábado, días 3 e 4 de febreiro, un Taller de Creación Audiovisual sobre Igualdade e Violencia de Xénero. 

"A loita pola igualdade real é para nós unha prioridade de goberno, e nesta tarefa é fundamental a formación das persoas máis novas", asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. 

A cita contará co Grupo de Participación Xuvenil do Concello de Viveiro.

O Taller está aberto a rapaces e rapazas de 13 a 17 anos, pero conta con prazas limitadas.

A actividade desenvolverase o venres de 17:00 a 20:00 horas e o sábado de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 horas. 

Para recibir máis información así como subscribirse pódese e acudir á Oficina de Información Xuvenil de Viveiro, chamar ao teléfono...

leer más
Etiquetas:
26/01/2023

A Asociación de Veciñ@s de San Román do Vicedo organiza un taller de elaboración de xabóns para o 4 de febreiro, sábado. Será de 17:00 a 20:00 horas na Escola do Vilar. 

O aforo está limitado a 25 persoas e hai que inscribirse previamente a través do teléfono 649.418.902. 

Esta actividade, que ten un prezo de 10 euros, inclúe teoría, materiais, a elaboración de dous xabóns, información impresa e mostra para levar.

A organización comenta que “o sábado 4 de febreiro pola tarde sacaremos os cacharros, as potas, a nosa culler de pau, mesturaremos compoñentes, faremos química e aderezaremos con plantas e follas que temos nos nosos campos. Queremos que veñades compartir con nós unha tarde agradable”.

Etiquetas:
24/01/2023

Dentro do programa municipal de fomento do deporte o Concello de Alfoz oferta a modalidade de ioga, que se leva a cabo na Escola de Nenos de Adelán en dous grupos diferentes: grupo A, con 2 horas á semana (martes e xoves de 17:00 a 18:00 horas); e grupo B, con 1 hora á semana (martes de 18:30 a 19:30 horas). 

Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 1) e as inscricións realízanse na Oficina de Rexistro do Concello de Alfoz.

 

18/01/2023

O Concello de Ribadeo organiza unha nova edición do programa As parroquias en marcha, que se desenvolverá do 30 de xaneiro ao 30 de xuño. Para participar nestas actividades de lecer as persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse nas escolas das parroquias ou chamando ao teléfono 625 10 42 74.

A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, explicou que “a veciñanza das parroquias de Ribadeo poderá asistir a actividades de memoria, obradoiros de novas tecnoloxías, cociña, xogos de mesa, tertulias…”.

A edil ribadense sinalou que “as actividades vanse facer nas diferentes parroquias do noso concello, tanto nas do interior como nas da costa. Son totalmente gratuítas e van comezar xa o 30 de xaneiro”.

Freire Rancaño engadiu que “se trata dun programa que ten moi boa acollida...

leer más
Etiquetas:
16/01/2023

A vindeira fin de semana arrinca a programación formativa de Apaga para este 2023. Será cun curso de soldadura con electrodo revestido, que se impartirá en Ribadeo. 

O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, explicou que “iniciamos unha nova etapa a nivel da formación continua que estamos impartindo e vamos facelo con 3 cursos de soldadura: un de electrodo revestido, de 16 horas e que vai ser os días 21 e 22 de xaneiro; outro de MIG/MAG, tamén de 16 horas, os días 4 e 5 de febreiro; e outro de TIG, tamén de 16 horas, os días 11 e 12 de febreiro”.

Doural contou que “a continuación vaise iniciar o plan de formación, que se desenvolverá ata o mes de xuño, con distintas accións relacionadas cos vehículos: desde cousas que están aterrando nestes momentos e aínda non teñen todo o...

leer más
Etiquetas:
13/01/2023

O Concello de Ribadeo, a través da Área de Desenvolvemento Local, colabora de novo na posta en marcha do programa de dixitalización para mulleres #Galegas Dixitais.

O edil Pablo Vizoso explicou que “esta formación vai dirixida a mulleres desempregadas ou en situación de mellora de emprego, co obxectivo de mellorar as súas competencias informáticas de cara a  incrementar o seu nivel de empregabilidade, impulsar o emprendemento e tamén reducir a fenda de xénero que  existe no acceso e no emprego das novas tecnoloxías”.

O concelleiro de Desenvolvemento Local indicou que “o programa presenta un itinerario formativo deseñado para ir avanzando dende o nivel máis básico ao máis elevado e está dividido en tres bloques, de 40 horas cada un: competencias dixitais básicas; competencias dixitais avanzadas; e competencias...

leer más
Etiquetas:
07/01/2023

O Concello de Cervo comeza o ano coa posta en marcha dun novo curso do taller de memoria que promove polas diferentes parroquias do municipio a delegación de Servizos Sociais que dirixe Pilar Armada.

As persoas interesadas en participar no taller que imparte a técnica do departamento, Elisabet Peña, poden anotarse no  teléfono 982 59 51 57 ou, de xeito presencial, na Casa da Cultura de San Ciprián, a partir do próximo luns, 9 de xaneiro.

Tal e como apuntan, será preciso un mínimo de 6 alumnos/as para a celebración do taller en cada unha das parroquias. No caso da actividade de Cervo, este ano mudará de localización trasladándose a unha sala habilitada no edificio dos xulgados.

Ao longo do curso tal e como apunta Peña “traballaremos técnicas e estratexias co fin de fortalecer e rehabilitar...

leer más
Etiquetas:
05/01/2023

O Concello está programando actividades para realizar en todas as Antigas Escolas recuperadas como centros socioculturais das parroquias de Alfoz. 

O obxectivo principal é dinamizar estes espazos como punto de encontro e reunión dos veciños e veciñas a través dun amplo abano de actividades: manualidades, formación en primeiros auxilios, seguridade, consumo responsable, medio ambiente,...Dirixidas á poboación adulta non só da parroquia na que se leve a cabo senón de todo o municipio, levaranse a cabo en sesións de 2 horas, en fins de semana para poder compaxinalas cos horarios laborais ou outras actividades que xa se están desenvolvendo coma as deportivas. Serán de balde e en grupos axeitados para garantir o seu éxito, podendo repetirse en caso de haber moita demanda.

O Programa de Dinamización das parroquias...

leer más
Etiquetas:
14/12/2022

O vindeiro luns, 19 de decembro, na Casa do Concello de 10 a 14 horas terá lugar dentro do Programa de Economía Circular un Obradoiro de CoCreación no que se traballará o deseño colectivo dun signo distintivo común (selo verde) para os establecementos comprometidos coa transición circular e sostible do turismo en Ribadeo.

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, explica que “desde o Concello de Ribadeo quérese avanzar no deseño dun distintivo diferenciador que poña en valor aos establecementos que aposten pola sostibilidade e pola economía circular. Aproveitárase a xornada para debater e traballar sobre outras posibles iniciativas que podan xurdir arredor de todas as oportunidades que está a xerar a economía circular”. 

A xornada estará aberta a todas persoas e establecementos que desexen participar...

leer más