Cursos
O programa de atención a inmigrantes da concellería de Inmigración, Cooperación e Integración do Concello de Burela impartirá unha nova acción formativa para axudar a alcanzar un bo grao de integración ás persoas estranxeiras.
Desde o Concello informan dun curso de formación dixital cunha duración de 20 horas, dirixido principalmente ao coñecemento e uso das novas tecnoloxías e á aproximación e familiarización con trámites necesarios na actualidade á hora de dirixirse a distintas institucións ou entidades. Ao longo da formación poderán adquirir as ferramentas necesarias para abordar determinadas situacións nun momento no que a meirande parte das xestións fanse de modo dixital.
A concelleira de Inmigración, Cooperación e Integración, Noelia Ben, explicou que este tipo de accións son “moi importantes para aprender a...
leer másO alcalde de Foz e a directora da Uned en Lugo presentaron novas titulacións para o curso 2022-2023.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, recibiu á directora da UNED en Lugo, Ana Traseira, e presentaron a campaña de matrícula para o curso 2022-23 e as novas titulacións que se impartirán no centro lucense.
Ana Traseira explicou que “este curso vamos implantar tres novas titulacións: a de Maxisterio en Educación Infantil, o Grao en Enxeñería da Enerxía e Ciencias Ambientais. A primeira viña sendo demandada de xeito insistente polo alumnado da UNED dende hai moito tempo e por fin podemos ofertarlla aos nosos estudantes de xeito semipresencial, e polo tanto tamén aos do concello de Foz e da área da Mariña. A segunda acaba de ser creada pola UNED e aprobada pola ANECA e esta titulación creo que moi acaída nos momentos de crise enerxética que estamos a vivir e todo este inverno ao que nos temos que enfrontar supón a necesidade de revisar os nosos...
leer másA alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a directora da UNED de Lugo, Ana Traseiras, presentaron a campaña de matrícula para o curso 22-23 e as novas titulacións que se implantan no centro de Viveiro.
Tanto a directora da UNED de Lugo como a alcaldesa amosaron a súa satisfacción pola implantación de tres novos graos, que permitirán ao alumnado da Mariña estudar ‘Maxisterio: Educación Infantil’, Enxeñería da Enerxía ou Ciencias Ambientais a través da modalidade semipresencial, sen desprazarse do seu lugar de orixe.
As tres carreiras cursaranse en catro anos na modalidade semipresencial. A UNED non ten prazas límites, polo que todo o alumnado que desexe cursar os graos simplemente ten que cumprir cos requisitos de acceso.
María Loureiro destacou “a colaboración fluída coa UNED, que no...
leer másO Concello de Burela organiza cursos de bordado e de bolillos. Comezarán os días 17 e 18 de outubro.
O Concello de Burela organiza cursos de bordado e de bolillos. O de bordado dará comezo o 17 de outubro e rematará o 17 de abril. Impartirase na Casa da Xuventude os luns e os mércores de 10 a 13 horas ou de 17 a 20 horas. Ao inscribirse no CIM as persoas asistentes poderán elixir quenda e día.
E o curso de bolillos será do 18 de outubro ao 16 de marzo. Tamén será impartido na Casa da Xuventude. O horario para elixir día e quenda será os martes e os xoves de 10:30 a 13:30 horas ou de 16:30 a 19:30 horas.
O prezo da matrícula en ambos casos será de 30 euros.
A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia retoma a súa actividade formativa en Ribadeo este sábado, 15 de outubro. Será cun curso sobre a diagnose con osciloscopio.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explica que “é un curso que nós deseñamos o ano pasado, a petición de técnicos de empresas. Está dedicado á utilización do osciloscopio como elemento de diagnose nos vehículos; é eminentemente práctico, con 8 horas de duración. Empezará ás dez da mañá e acabará ás oito da tarde e hai 10 prazas”.
Doural subliña que “con isto empezamos as actividades, que continuarán a finais de mes, concretamente o día 29, cando teremos outro curso, neste caso sobre pneumáticos, que tamén é práctico, de 8 horas de duración e temos un número reducido de prazas”.
Desde a Asociación de Profesores de...
leer másNa Aula CeMIT do Concello de Ribadeo impartiranse tres cursos presenciais durante este mes de outubro.
O 17 de outubro de 10:30 a 11:30 terá lugar un curso sobre o DNI electrónico. O 20 de outubro a Ciberseguridade e a protección na internet protagonizarán a xornada de 11 a 13 horas. E o 24 de outubro o curso versará sobre trámites online sen certificado dixital de 10:30 a 11:30 horas.
Estes cursos permitirán acadar conceptos relacionados cos trámites dixitais coas distintas administracións, e tamén aprender a como protexerte na internet e non caer nas trampas.
Os cursos son de balde e para tódolos públicos. As persoas interesadas en asistir poden reservar a súa praza enviando un correo electrónico a cemit.ribadeo@xunta.gal
... leer más
O Concello de Ribadeo, a través da Área de Desenvolvemento Local, colabora na posta en marcha do programa de dixitalización para mulleres Galegas Dixitais.
Está dirixido a mulleres desempregadas ou en situación de mellora de emprego, e ten por obxectivo mellorar as capacidades dixitais das mulleres residentes en zonas rurais, de cara a incrementar o seu nivel de empregabilidade e impulsar o emprendemento, así como reducir a fenda de xénero existente no acceso ao emprego e ás novas tecnoloxías.
O programa ofrece un itinerario formativo deseñado para ir avanzando dende o nivel máis básico ao máis elevado. Está formado polos seguintes bloques, de 40 horas cada un:
-Competencias dixitais básicas
-Competencias dixitais avanzadas
-Competencias dixitais para o emprendemento
A...
leer másA lingua é palabra de amor, de pesar e pensar, de verdade, é forza, identidade, cultura, historia, irmandade, pobo...
Nos últimos anos a poboación galego falante descendeu notablemente e para evitar que unha lingua desapareza hai que crear as condicións propicias para que quen a fala a siga usando, se sinta “orgullosos” dela e a ensine aos seus fillos e fillas, así o recomenda a subdirectora de Cultura da UNESCO, Françoise Rivière.
Tamén desde a UNESCO alertan do perigo do “bilingüismo pasivo” termo que alude a que nenos e nenas entendan a súa lingua materna, pero non a falen.
É ademais necesaria a utilización dunha linguaxe non sexista que valora por igual a homes e mulleres, xa que serve de ferramenta para sensibilizar en igualdade e de modelo de reflexión.
Por outra banda, o...
leer másO Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración do Concello de Burela vai organizar de novo unha acción formativa de alfabetización de persoas adultas para a aprendizaxe dos idiomas da nosa Comunidade.
Esta acción está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo, dando comezo o vindeiro 3 de outubro.
Con esta formación trátase de axudar a lograr unha adquisición lingüística favorable para o bo desenvolvemento tanto na vida social como laboral das persoas estranxeiras, xa que “entendemos que o bo coñecemento e o bo uso do idioma é un dos motores principais para a integración”, explicou a concelleira Noelia Ben.
Ante calquera dúbida, poderán solicitar máis información na Casa do Concello ou ben chamando...
leer más