Cursos
O Concello de Trabada organiza o próximo día 8 de marzo, co gallo do Día Internacional da Muller, un curso de Autodefensa para Mulleres ante Situacións Violentas.
A Escola de Vilapercide acolle esta actividade, que se desenvolverá en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
A inscrición pódese formalizar xa nas oficinas do Concello de Trabada ou a través do teléfono 982.135.011.
O obxectivo deste curso de defensa persoal feminina é “procurar que as mulleres do concello de Trabada aprendan técnicas de autoprotección e protocolos básicos para mellorar a seguridade”.
A Concellaría de Igualdade organiza un obradoiro de biodanza. Denomínase Movéndonos cara o botrato e terá lugar os días 18 de marzo, 1, 15 e 29 de abril na Casa do Viejo Pancho en horario de 11 a 13:30 do mediodía.
A actividade será dinamizada pola psicóloga e facilitadora autorizada de Biodanza SRT, Mari Fidalgo. A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, explica que “este obradoiro traballa a relación entre o bo trato e a saúde, incidindo na importancia das prácticas de autocoidado e na conexión co corpo e as emocións para o benestar e a autonomía”.
A edil ribadense dixo que “a proposta principal deste taller de biodanza para mulleres é estimular a nosa autoestima nutríndonos de vivencias de vitalidade, creatividade e afectividade, fortalencendo a saúde integral desde a naturalidade”.
... leer másDentro do Programa de Dinamización das Parroquias o Concello de Alfoz organiza dous cursos de primeiros auxilios para o vindeiro mes de marzo. Serán os domingos 12 e 26 de marzo nas escolas de Bacoi e de Chao (O Pereiro), respectivamente, de 17:30 a 19:30 horas.
Estes cursos serán impartidos por persoal sanitario e a participación é de balde. Están abertos a todas as persoas interesadas en aprender técnicas que poden salvar vidas, recoñecer os síntomas dun ictus ou dun infarto, facer a reanimación cardiopulmonar, cómo actuar nun atragantamento ou ante unha hemorraxia.
Para inscribirse só hai que chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 2) ou pasar polo Concello.
O Concello de Barreiros, a través do seu programa +Igualdade Barreiros organiza a segunda edición doa Escola de Familias baixo o lema “ Educa,acompaña e alenta”. Estes obradoiros queren dar continuidade ao traballo comezado o pasado ano coas familias e que foi enormemente útil e satisfactorio para elas.
A Escola de Familias é un proxecto educativo baseado na Disciplina Positiva e que se centra na idea de formar ás familias e docentes para educar mellor ás crianzas, apostando por un trato respectuoso e amable pero evitando a permisividade.
A Concelleira de Igualdade, Montse Porteiro,explica que nesta segunda edición dos obradoiros poderán participar tamén as crianzas das familias inscritas de xeito que , por unha banda tentaremos introducir métodos vivenciais para que as familias entren no mundo das e dos nenos...
leer másO vindeiro día 15 de febreiro, mércores, terá lugar un curso sobre psicomotricidade e memoria na terceira idade. Esta actividade levarase a cabo no Edificio Multiusos do Concello de Ourol a partir das 16:00 horas.
“Se queres aprender a mellorar a túa capacidade física e mental, anótate nos teléfonos 982.55.91.09 ou 677.48.94.57. Este curso contará cunha sesión teórica e unha sesión práctica”, explican os promotores desta actividade.
Organiza o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol en colaboración coa Escola Galega de Saúde.
De febreiro a agosto terán lugar os Talleres Creativos no Rural Actívate, que organiza a Concellaría de Desenvolvemento Local a través do obradoiro de emprego Vilas Coidadoras. Están dirixidos ao colectivo de persoas maiores de Ribadeo. Haberá actividades como ximnasia, risoterapia, pintura, lectura, talleres de modelado ou arxila e xogos de mesa.
O edil de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, contou que “o Concello de Ribadeo, a través do obradoiro de emprego Vilas coidadoras, e dentro deste a especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais, vai poñer en marcha o programa Actívate para ofrecer ao colectivo de persoas maiores. Vaise levar a cabo desde o mes de febreiro ata o mes de agosto”.
O concelleiro ribadense explicou que “este programa buscará educar, entreter e integrar...
leer másO vindeiro 11 de febreiro arrinca unha nova edición do Plan de Formación Rural do Concello de Ribadeo.
O primeiro obradoiro terá lugar na Escola de Cinxe os días 11 e 12 de febreiro e será de elaboración de queixos. Impartirase o sábado en horario de 10 a 15 horas pola mañá e de 17 a 20 horas pola tarde e o domingo de 10 a 14 horas.
A Escola de Remourelle acollerá un obradoiro de poda de froiteiras o 18 de febreiro en horario de 10:30 a 13:30 horas e de 15 a 18 horas.
O 4 de marzo na Escola de Couxela será impartido un curso sobre mantemento de motoserras de 10 a 14 horas.
O 11 de marzo de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas a Escola de Vilaselán acollerá un obradoiro sobre elaboración de pan.
Na Escola de Vilaframil será impartido o...
leer másO Concello de Viveiro organiza este venres e sábado, días 3 e 4 de febreiro, un Taller de Creación Audiovisual sobre Igualdade e Violencia de Xénero.
"A loita pola igualdade real é para nós unha prioridade de goberno, e nesta tarefa é fundamental a formación das persoas máis novas", asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
A cita contará co Grupo de Participación Xuvenil do Concello de Viveiro.
O Taller está aberto a rapaces e rapazas de 13 a 17 anos, pero conta con prazas limitadas.
A actividade desenvolverase o venres de 17:00 a 20:00 horas e o sábado de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
Para recibir máis información así como subscribirse pódese e acudir á Oficina de Información Xuvenil de Viveiro, chamar ao teléfono...
leer másA Asociación de Veciñ@s de San Román do Vicedo organiza un taller de elaboración de xabóns para o 4 de febreiro, sábado. Será de 17:00 a 20:00 horas na Escola do Vilar.
O aforo está limitado a 25 persoas e hai que inscribirse previamente a través do teléfono 649.418.902.
Esta actividade, que ten un prezo de 10 euros, inclúe teoría, materiais, a elaboración de dous xabóns, información impresa e mostra para levar.
A organización comenta que “o sábado 4 de febreiro pola tarde sacaremos os cacharros, as potas, a nosa culler de pau, mesturaremos compoñentes, faremos química e aderezaremos con plantas e follas que temos nos nosos campos. Queremos que veñades compartir con nós unha tarde agradable”.
Dentro do programa municipal de fomento do deporte o Concello de Alfoz oferta a modalidade de ioga, que se leva a cabo na Escola de Nenos de Adelán en dous grupos diferentes: grupo A, con 2 horas á semana (martes e xoves de 17:00 a 18:00 horas); e grupo B, con 1 hora á semana (martes de 18:30 a 19:30 horas).
Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 1) e as inscricións realízanse na Oficina de Rexistro do Concello de Alfoz.












