Cursos

Etiquetas:
14/09/2022

Argadelo, as voltas da música ao teatro volveu hai uns días na Escola das Anzas. Este obradoiro, enmarcado no ciclo Cultura nas Parroquias, chegará esta tempada tamén a Vilaselán. 

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, lembrou que “Argadelo comezou a súa andaina o pasado mes de maio. Trátase dun proxecto do Concello de Ribadeo en colaboración co músico e actor focego Manolo Vázquez, Mano Panforreteiro”.

Otero Cabarcos dixo que “Argadelo non é só música, teatro ou acción. É un xeito de xuntar persoas de todas as idades arredor dunha idea común, comunitaria, de verse unha vez por semana e crear cultura tendo como espazo a aldea. Comezamos en maio nas Anzas, un lugar dos máis dinámicos de Ribadeo, onde logramos reunir a unha quincena de persoas arredor de Argadelo. Descansamos en agosto e volvemos con máis folgos o...

leer más
Etiquetas:
14/09/2022

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá un curso presencial sobre a sede eletrónica da Xunta. Será o 20 de setembro en horario de 18 a 20 horas. 

Desde a Aula CeMIT explican que “hoxe en día cada vez son máis as persoas que se relacionan de xeito telemático coa administración, e o abanico de trámites que se fan a través das diferentes sedes electrónicas dos organismos non fai máis que medrar”.

E engaden que “a través deste curso, coñecerase o funcionamento interno dunha das sedes electrónicas máis utilizadas en Galicia. Aprenderán cómo facer instancias, trámites, achegar documentación e moitos máis conceptos que serán explicados dun xeito que todo o mundo o poida asimilar”.

As persoas interesadas en asistir poden reservar a súa praza no teléfono 982 120 732 ou no correo electrónico...

leer más
13/09/2022

Volve o programa As parroquias en marcha, que organiza o Concello de Ribadeo. A primeira parte xa tivo lugar de maio a xullo e a segunda desenvolverase do 15 de setembro ao 15 de decembro. Para participar é preciso inscribirse chamando á Casa da Xuventude ao teléfono 982 129 889. A veciñanza das parroquias de Ribadeo poderá asistir a actividades de memoria, obradoiros de novas tecnoloxías, cociña, xogos de mesa, tertulias, excursións e teatro.

O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que “tras o descanso estival volve outra vez o programa de actividades ás nosas parroquias. Toda a programación deseñada está dirixidas aos veciños e veciñas que queiran participar e sexan maiores de idade e a todas aquelas persoas que queiran compartir un tempo de lecer”.

O rexedor lembrou que “as actividades das Parroquias en marcha van...

leer más
Etiquetas:
11/09/2022

O venres 30 de Setembro de 16:00 a 20:00 horas terá lugar na Praza da Mariña, de Burela, un obradoiro de debuxo urbano para mozos e mozas a partir de 12 anos. Será impartido por Kiko da Silva, director de O Garaxe Hermético - Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración.

Dez concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entre eles o de Burela, acollen esta actividade gratuíta de sensibilización ambiental.

Os interesados en participar deben anotarse chamando á Casa da Xuventude de Burela (teléfono 982.58.11.41). O prazo remata o 29 de setembro.

 

Etiquetas:
19/08/2022

Do 23 ao 26 de agosto celebrase en Ribadeo o XI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que organiza a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia. Terá unha duración de 32 horas e conta coa homologación da Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, contou que “o día 23, martes, comezará o Fórum, neste caso a once edición, cun esquema de traballo mais ou menos similar a anos anteriores. É unha actividade aberta como o ano pasado a toda a xente que queira vir, dentro do aforo que hai de 50 asistentes. Neste momento hai inscritos sobre 40, é dicir que habería 10 prazas dispoñibles para poder asistir”.

Como empresa convidada este ano está Buxo Especial Trucks, de A Pontenova. Doural explicou que “contamos con empresas de anos anteriores, como...

leer más
Etiquetas:
04/08/2022

O Concello de Ribadeo organiza uns obradoiros tecnolóxicos baixo o título Steam, derrubando estereotipos. Impartiranse na Aula CeMIT de 10:30 a 13:30 horas. Serán os días 23 e 24 de agosto para a rapazada de 8 a 11 anos. 

Neles aprenderán a programar de xeito moi sinxelo e creativo. Verán conceptos sobre intelixencia artificial, robótica e deseñarán tamén circuítos en papel, todo baixo unha metodoloxía activa e un aprendizaxe práctico con profesionais do sector.
Desde o Concello apuntan que “é unha boa maneira de introducir á rapazada, desde moi cativos, na outra cara da tecnoloxía”. 

A inscrición é gratuíta para todos e todas e as prazas son limitadas. O prazo de inscricións atópase aberto e pódense apuntar no teléfono 982120732 ou no correo electrónico cemit.ribadeo...

leer más
Etiquetas:
01/08/2022

O Concello organiza un acto homenaxe a Víctor Moro, recoñecido economista e fillo predilecto de Ribadeo, que será este mércores, 3 de agosto, ás 20 horas no Teatro. Víctor Moro: Todos os mares na Ría de Ribadeo será unha conversa á que asistirán varios expertos e catedráticos. 

O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “este mércores, 3 de agosto, e en colaboración coa súa familia, imos celebrar un acto de homenaxe a Víctor Moro. Este ribadense, nacido en 1926, destacado economista e empresario e que tivo un papel relevante na escena política galega, e ostenta tamén o título de fillo predilecto de Ribadeo, agora co gallo do traslado das cinzas ao noso concello, vai ser obxecto dunha homenaxe, que aínda que é protocolaria quere facerse con todo o cariño e todo o recoñecemento”.

O rexedor seguiu a relatar que “como...

leer más
28/07/2022

Ariadna Rocha, a asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros e o Centro de Instrucción y Recreo de Benquerencia organizan durante o mes de agosto un taller de lingua de signos e comunidade xorda de nivel A1-A2. Dará comezo o día 2 e será impartido por Ariadna Rocha Fernández no Canteiro, en Benquerencia.

O obradoiro será de luns a xoves das 19:00 a 20:30 horas. Ariadna Rocha explica que “eu estudei en Madrid lingua de signo e comunidade xorda, e falando con José Manuel Gómez Puente das necesidades de accesibilidade en todos os ámbitos, do esquecida que está a comunidade xorda por aquí, xurdiu a idea de facer este curso, aínda que sexa de iniciación, para non solo aprender a lingua senón entender a comunidade, entender as necesidades das persoas xordas e entrar un pouco neste mundo tan bonito”.

... leer más
18/07/2022

O Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga, de Ribadeo impartirá no vindeiro curso 2022-23, a partir de setembro, un curso de construción e reparación de embarcacións de fibra de vidro con prácticas na empresa Astilleros del Eo, situada no municipio asturiano de Castropol. O curso é de 6 meses de formación e hai 15 prazas.

O director do CIFP Porta da Auga, Isidro Berdeal, destaca que “esta formación en construción e reparación de embarcacións de fibra de vidro xa se impartiu no centro no presente curso académico e tivo moi bos resultados: de 24 alumnos que realizaron o curso 17 quedaron finalmente contratados por Astilleros del Eo, que é a empresa filial de Astilleros Gondán que se encarga da fabricación deste tipo de embarcacións. É un curso de 632 horas que dará comezo en setembro de 2022, rematará a finais de febreiro de...

leer más
Etiquetas:
18/07/2022

A asociación Bruar organiza a décima edición do curso de Iniciación ao Jazz, Improvisación e Música Moderna de Ribadeo que se desenvolverá dos días 29 e 31 de xullo.

A actividade, que terá lugar na Escola Municipal de Música e Danza, será impartida por Javier Constenla ao piano, Gileno Santana á trompeta, José García ao saxofón, Aurora Arteaga á voz, Virxilio Da Silva á guitarra e Chus Pazos á batería.
As persoas interesadas poden solicitar máis información no número de teléfono 677 734 084.

Colaboran na organización deste curso: Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo.