Cursos
O Concello organiza unhas Xornadas de Defensa Persoal para Mulleres, que terán lugar en novembro. Ademais para o 25N están programadas a proxección de Matria e a representación de Miss España, entre outras actividades. A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, comentounas o Consello Municipal da Muller, que se reuniu hai uns días en Ribadeo. O mesmo contou coa participación activa de representantes de diversas asociacións e entidades convocadas para abordar cuestións fundamentais no ámbito da igualdade.
Despois de informar o Consello sobre os cambios na súa composición e aprobar a acta da sesión anterior, o encontro inaugurouse coa exposición detallada das actuacións e proxectos que actualmente impulsa o Concello de Ribadeo no ámbito da igualdade.
A edil de Igualdade, Begoña Sanjurjo, presidenta do Consello,...
leer másA Aula Universitaria de Foz, da UNED Lugo, ten aberto ata este sábado, 21 de outubro, o prazo de matrícula para o curso de acceso a maiores de 25 e 45 anos. E o luns, día 23, rematará para calquera dos seus 30 graos e 21 graos combinados sen límite de prazas, aos que se pode acceder sen nota de corte e con prezos públicos. Anunciouno hoxe, luns, a concelleira de Aula Universitaria, Elena Martínez Pena.
Uned Lugo continúa a implantación no curso académico 2023-24 do Grao en Educación Infantil, que completa a oferta da súa Facultade de Educación, preparando futuros graduados dedicados á formación de nenos durante a primeira infancia de 0 a 6 anos; e do Grao en Enxeñaría da Enerxía, que se engade á ampla oferta da súa Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais e que fai fronte aos retos tecnolóxicos para formar profesionais capaces de...
leer másConcide coa celebración do Día europeo de concienciación ante o paro cardiaco
O Concello de Burela organiza este luns, día 16 de outubro, un obradoiro teórico-práctico para aprender a facer unha reanimación cardiopulmonar (RCP).
“Calquera persoa pode verse nunha situación complicada xunto a alguén que necesite unha reanimación cardiopulmonar, polo que este tipo de actividades son fundamentais”, asegura a alcaldesa de Burela, Carmela López.
O obradoiro será ás 18:00 horas no salón de plenos do Concello de Burela e os ponentes Diana García Campos, enfermera da UCI do Hospital Público da Mariña; Yago Pernas Alvarez, técnico en emerxencias sanitarias, e Francisco Muñoz González, médico do Servizo de Anestesioloxía e Reanimación do Hospital Público da Mariña.
A...
leer másO Concello de Alfoz organiza unha nova edición do Programa de estimulación cognitiva denominado ‘ActivaMENTE’ desde o 17 de outubro.
A actividade, que está destinada a persoas maiores de 55 anos, desenvolverase no Centro Sociocultural de Alfoz de 10:30 a 12 horas.
Para máis información e inscricións os interesados poden ir á Casa do Concello de Alfoz ou contactar a través do teléfono 982.55.80.01.
O Concello de Ourol organiza, en colaboración coa Escola Galega de Saúde, un curso sobre a protección xurídica das persoas con demencia ou discapacidade. Será o 30 de outubro, luns, de 16:30 a 18:30 horas no edición multiusos do Concello de Ourol.
O obxectivo deste curso é proporcionar información e aclarar dúbidas con relación á nova regulación legal sobre a capacidade xurídica das persoas con demencia (medidas de apoio no ámbito persoal, patrimonial e económico).
Os interesados poden anotarse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.48.94.57) ou a través da web https://escolasaude.sergas.es.
A partir do 17 de outubro desenvolverase no Concello de Foz o programa de formación Galegas Dixitais, para a dixitalización de mulleres do rural. Impartirase na Aula CeMIT, sita na Casa da Xuventude.
A concelleira de Muller e Igualdade, Elena Martínez Pena, explica que “o programa, que consta de tres cursos, levarase a cabo nos meses de outubro e novembro e vai orientado a mulleres demandantes de emprego ou inscritas en solicitude de mellora do mesmo. Cada módulo consta de 40 horas máis 5 horas de formación en igualdade e van desde o curso de Competencias Dixitais Básicas (do 17 ao 30 de outubro), o curso de Competencias Dixitais Avanzadas (do 31 de outubro ao 14 de novembro) ata o último, que será o curso de Iniciación en Competencias Básicas para o Emprendemento (do 15 ao 28 de novembro). Unha vez rematada a formación entregarase aos...
leer másDo 5 ao 16 de outubro estará aberto o prazo de inscrición no programa Preto de ti, do Concello de Ribadeo, destinado ás persoas maiores, que poderán participar en manualidades, estimulación cognitiva, tecnoloxía móbil, ximnasia de mantemento, lectura e escritura creativa. O alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, animan a inscribirse nestas actividades.
O rexedor manifestou que “Ribadeo pon en marcha Preto de ti, un conxunto de actividades que queremos propoñer para realizar nos próximos meses”.
Vega subliñou que “Preto de ti quere mellorar e avanzar e por iso quero felicitar a todos os técnicos municipais que traballaron conxuntamente con Elena Sierra, coa concelleira de Benestar Social, que analizaron profundamente aquilo que había conservar e aquilo que había que mellorar. E tamén...
leer másO Concello de Cervo promove unha serie de obradoiros de lecer dirixidos ás crianzas de Educación Infantil que se desenvolverán na Casa da Cultura, cada martes e xoves, en horario de 17:00 a 18:00 horas.
Os/as pequenos/as desfrutarán da compañía especial da Ra Ramira, que compartirá anacos divertidos e didácticos con eles/as, nos que terán cabida todo tipo de actividades de lecer, como manualidades, contacontos, obradoiros de baile, cine...E un sen fin de alternativas para pasar unhas tardes de outono gozando e aprendendo entre amigos/as!
As inscricións xa están dispoñibles na Casa da Cultura!
Ademais, tamén está aberto o prazo para anotarse aos obradoiros temáticos dirixidos ao alumnado de primaria que terán lugar cada dous sábados na Casa da Cultura. O primeiro será esta mesma fin de semana, en horario de...
leer másO Concello de Barreiros organiza o programa ActivaMente, talleres lúdicos nos que haberá actividades de aprendizaxe e lecer, coas que se pretende favorecer o proceso de envellecemento, dando a coñecer este (as súas causas, consecuencias e recursos dispoñibles para palialo), traballando a memoria, a atención e a concentración e potenciando as relacións entre a veciñanza do concello.
O programa, que está destinado a maiores de 65 anos, xubilacións maiores de 60 anos ou con discapacidade do concello, dará comezo a semana do 23 de outubro e impartirase en: colexios vellos de San Miguel, os luns de 18 a 19 horas; centro social de Cabarcos, os xoves de 15 a 16 horas; centro social de San Xusto, os xoves de 16:30 a 17:30 horas; e
centro social de San Cosme, os xoves de 18:00 a 19:00 horas.
Os interesados/as en...
leer másO taller terá lugar na sala multiusos da Casa da Cultura de Burela. O horario será de 12 a 13 horas todos os luns.
Está organizado pola AECC e conta coa colaboración do Concello de Burela.