Eventos
O Concello de Lourenzá ofrece visitas guiadas ao Mosterio de San Salvador todos os días da semana, agás os domingos.
Os horarios son: de luns a venres, ás 12:00 e ás 17:00 horas; e os sábados ás 12:00 horas.
A visita é gratuíta os luns e o resto da semana o prezo é de 3 euros.
As persoas interesadas poden obter máis información e facer as reservas nos números de teléfono 982 121 006 e 646 384 124, e a través do correo electrónico lourenzaturismo@outlook.es.
O Concello de Viveiro anuncia a celebración no municipio de diferentes eventos culturais, entre os que se atopan as Feiras do Libro e de Artesanía. Ademais, o goberno local, que dirixe María Loureiro, está a preparar unha extensa programación cultural para este verán, que incluirá a actuación de Guadi Galego.
"Apostamos pola cultura segura ao aire libre, organizando espectáculos no casco histórico, Celeiro ou Covas, e axudando ademais aos sectores máis afectados pola pandemia, como a hostalería", explica a alcaldesa de Viveiro.
Dunha banda, entre o 13 ao 22 de agosto, Viveiro acollerá a XXXVII Feira de Artesanía nos Xardíns Noriega Varela, que inclúe a numerosos profesionais deste eido.
Tamén no mes de agosto, os Xardíns Noriega Varela recibirán á Feira do Libro, que, como noutras...
leer másO alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, presentará no próximo pleno da corporación municipal unha proposta de cambios na organización da próxima edición da Feira Medieval, a celebrar en agosto, co fin deadaptala as esixencias do actual momento na crise sanitaria provocada pola covid-19. Unha destas medidas é programar o seu desenvolvemento en dous (ao sumo, tres) espazos e con menor número de actuacións con respecto a edicións anteriores. O programa está adaptado as actuais condicións sanitarias e foi consensuado coa asociación Pasatempo e coa oposición municipal, neste último caso na reunión celebrada pola xunta de voceiros a pasada semana. Na organización da Feira respectaranse escrupulosamente as medidas sanitarias preventivas fronte aos contaxios por covid-19. O programa será presentado nun acto convocado ao efecto e cada evento contará co seu correspondente...
leer másO claustro do mosteiro de San Salvador acollerá o día 17 deste mes, sábado, a partir das 11 da mañá unha xornada sobre Francisco Fernández del Riego. No evento intervirán grandes coñecedores do escritor laurentino: Manuel Román Ramos, Francisco Domínguez Martínez, Xosé López González, Malores Villanueva Gesteira e Antón Vidal Andión. Para asistir as xornadas hai que inscribirse previamente a través do teléfono 649.28.17.91 ou do correo electrónico patrimonio.laurentino@gmail.com.
Esta actividade, que está organizada polo Concello de Lourenzá e a Asociación Patrimonio Laurentino, foi presentada na tarde de hoxe, venres, na Praza do Conde Santo, xunto ao monólito de Fernández del Riego. No acto participaron a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; os...
leer másO concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, convida a participar no I Ribadeo Ilustrado, que terá lugar o vindeiro xoves, 15 de xullo, no Salón de Plenos da Casa Consistorial. Alí haberá unha conferencia pronunciada polo cronista oficial, Eduardo Gutiérrez, e despois unha visita teatral a cargo de Os Quinquilláns.
Na súa presentación o edil ribadense explicou que “se trata dun proxecto municipal que xurde da idea de seguir a potenciar a vila de Ribadeo como un referente turístico, con especial fincapé en ofrecer un entorno atractivo e dinámico e cun gran potencial cultural. Esta Área leva un tempo traballando nesta marca na que xa se inclúen outros proxectos como os microvídeos teatralizados, rutas 360, rutas guiadas, etc”.
Vizoso Galdo sinalou: “pretendemos amosar que Ribadeo era e é terra de mariñeiros, de...
leer másO Concello de Foz celebrará este domingo, día 11, un pleno extraordinario para aceptar a renuncia do actual cronista oficial, Suso Fernández, e a elección do novo, consensuada entre todas as forzas políticas na figura de Xoán Ramón Fernández Pacios.
O pleno formará parte dun acto no que se homenaxeará a figura de Suso do Bahía, que “tanto pelexou pola nosa vila levando o nome de Foz con orgullo por todos os recunchos de Galicia e fóra dela: un veciño destacado pola súa achega á comunidade en moitos ámbitos”, explica o alcalde, Francisco Cajoto. O evento, que contará coa colaboración de amigos e compañeiros de Suso, dará comezo ás 18 horas na Sala Bahía e o acceso será limitado baixo invitación, debido ao aforo establecido pola normativa COVID. De calquera xeito a poboación de Foz poderá asistir ao acto de forma telemática, xa que se...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) ribadense pide especial prudencia a veciños e visitantes do municipio esta fin de semana, na que se celebraría o Ribadeo Indiano, e que se suspendeu debido á pandemia. A patronal local, como coorganizadora do evento xunto ao Concello de Ribadeo, solicita moita precaución para evitar que haxa unha alza nos contaxios de Covid-19.
O presidente de ACISA Ribadeo, Francisco Iriarte, explica que “tomar a decisión de anular o Ribadeo Indiano non foi nada fácil, nin para o Concello nin para nós, pero cada vez estamos máis convencidos de que foi a decisión máis acertada. Todos sabemos o importante que é o Ribadeo Indiano para a nosa economía, e especialmente nós, a asociación de comerciantes e hostaleiros, pero a actual situación non se achega a ser minimamente óptima para...
leer másTrasbar preparase para participar no proxecto “Alfombra Mundial”, que se celebrará os vindeiros días 24 e 25 de xullo con motivo do Ano Xacobeo 2021. O colectivo veciñal foi invitado a participar na elaboración dunha alfombra floral a nivel mundial dedicada ao Camiño de Santiago, un proxecto no que participarán alfombristas de máis de 247 localidades repartidas por 27 países pertencentes a Alemaña, Arxentina, Brasil, Bolivia, Colombia, Chile, Costa Rica, Estados Unidos, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, Hungría, India, Italia, Lituania, México, Nicaragua, Nova Zelanda, Paraguay, Polonia, Panamá, Perú, Portugal, Túnez, Venezuela e España.
Todas as localidades participantes, coordinadas pola Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago,presidida por Miguel Ángel García Correa, de Ponteareas, elaboraremos nun lugar...
leer másO Concello de Cervo volve apostar para os meses de xullo e agosto polas Noites Alternativas e polo programa Enredando no Verán, adaptando as actividades á situación sanitaria e priorizando as iniciativas individuais e ao aire libre.
Os programas comezaron esta mesma semana e contemplan un amplo abanico de posibilidades pensadas para todos os públicos.
Este mesmo xoves, por exemplo, terá lugar a proxección do filme “Cuñados” ás 22:30 horas, na Praza do Lugar en San Ciprián. A actividade é de balde e o aforo é limitado. As persoas interesadas en asistir deben anotarse no mesmo lugar do evento ás 22:00 horas.
A axenda das Noites Alternativas tamén contempla rutas en Kaiak, rutas nocturnas en bici, paddle surf, maxia, teatro, deportes de aventura, aerofit, rutas de sendeirismo, noites de...
leer másAta o 5 de setembro permanecerán activas a ludoteca e o campamento mondopeque. Trátase de dúas iniciativas que coordinan conxuntamente as concellerías de Muller e de Política Social, e coas que o Concello pretende favorecer a conciliación durante a época de vacacións escolares.
Tanto a ludoteca, con 37 nenos inscritos, como mondopeque están a ter unha gran acollida, converténdose na opción escollida polas familias para poder compaxinar a vida familiar coa laboral durante o verán.
Dende a entidade local animan aos rapaces que aínda non o fixeron a anotarse en sendas iniciativas, pois “están pensadas para que os nosos nenos e nenas teñan unha experiencia agradable”. E é que tanto na ludoteca, como no campamento desenvólvense actividades coas que os máis pequenos se divirten a través de xogos educativos e de...
leer más