Eventos
A asociación do barrio dos Muíños, de Mondoñedo, e a asociación cultural O Pasatempo organizan o Foleón de San Xoán na noite do 23 de xuño.
O programa dará comezo ás 17:00 horas con actividades para nen@s nas que haberá colchonetas inchables. Ás 21:30 horas comezará a cea e ás 23:00 h. celebrarase verbena co Dúo Epo-K e actuación de DJ. Ás 00:00 horas procederase ao acendido do foleón.
Colaboran na organización deste evento: Concello de Mondoñedo e Puzzle Animación.
As actividades do Renacer do Cantil, organizadas pola Concellaría de Turismo, seguen a ter unha moi boa acollida. O vindeiro sábado, 28 de maio, terá lugar a Xeoruta dos Pregues, que dará comezo ás 11 da mañá en Piñeira.
Fran Canosa será o encargado de guiar esta actividade. Os participantes visitarán unha das maiores estruturas xeolóxicas da Mariña lucense, o gran pregue que se estende desde a ría de Foz ata a ría de Ribadeo e que se xerou hai máis de 350 millóns de anos.
Tamén foi en Piñeira onde o pasado sábado se desenvolveu A vida no cantil cos cinco sentidos. Xurxo Mouriño, biólogo profesional da Bioloxía da Conservación da Natureza, propúxolles aos asistentes un paseo de campo para coñecer aos seus habitantes a través dos sentidos: as herbas e as flores, os paxaros, os insectos e anfibios.
... leer másPreto de 180 veciños e veciñas de oito entidades da provincia de Lugo participan esta semana no programa da Deputación Coñece a túa provincia. Esta semana é a quenda da veciñanza de Xermade, Pantón, Lugo, Vilalba, Guntín e Becerreá, que coñecerá o patrimonio natural e cultural da provincia de Lugo a través de diferentes itinerarios.
Este martes a Asociación de Veciños de Roupar, de Xermade, comezou o seu percorrido no Mazo de Santa Comba xunto ao Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, para continuar pola montaña e visitar Pedrafita do Cebreiro e Triacastela. O Pazo de San Marcos foi a primeira parada da Unión Xeral de Traballadores de España, onde os recibiu a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto. Na viaxe percorreron o concello de Cervo con visitas á Fábrica de Sargadelos, o...
leer másA asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, realizou o pasado sábado a cuarta etapa do Camiño Inglés entre Betanzos e Santo Tomé de Vilacoba.
O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha etapa intensa de subidas que grazas a unha climatoloxía benigna, boa temperatura e o ceo nubrado fixo que non fose tan dura como a anterior. Todos chegamos ao final da etapa, onde destacamos a hospitalidade do restaurante Casa Julia, A Pequeniña, que ao chegar nos ofreceron filloas como aperitivo”. E engadiu que “como en todas as etapas anteriores reina a solidariedade e o compañeirismo entre os participantes”.
A vindeira etapa terá lugar o 28 de maio. Os peregrinos percorrerán o treito comprendido entre Santo Tomé de Vilacoba e A Rúa.
A VII Ruta Cabalar do Vicedo desenvolverase o 4 de xuño. Está organiza pola asociación de Cabaleiros Rías Altas, do Vicedo, e conta coa colaboración do Concello vicedense, do Mesón O Remo e o restaurante Area Grande.
A saída será ás 10 da mañá desde a Casa da Cultura / Mesón o Remo.
A inscrición poderá realizarse ata o 1 de xuño nos seguintes teléfonos: 677 452 735 (Alejandro) e 652 399 628 (Óscar). Haberá xantar ás tres da tarde, que estará amenizado por un dúo musical. O prezo será de 20 euros por persoa.
Desde a organización subliñan que cada xinete farase responsable dos danos ocasionados polo seu cabalo.
Desde a asociación Burela Castrexa sinalan: “segue a conta atrás: faltan 5 semanas para a IX Festa Castrexa en Burela. ¿Estades preparados? ¿Xa tedes os voso Clan creado?? Abrimos prazo de inscrición para os clans: este ano a participación é totalmente gratuíta, pero obrigatoria para poder participar nunha nova edición dos Xogos Castrexos e da Busca do Torques. E tamén é necesaria para axudar a que medre a nosa Familia Castrexa despois de 2 anos de sombras”.
E engaden: “porque dentro de 5 semanas Burela Castrexa rexurde para celebrar 3 días máxicos a partir da noite de San Xoán...Apuntade xa o voso clan por correo electrónico festacastrexaburela@gmail.com en Óptica Afflelou Burela ou contacta con calquera dos membros da Asociación Burela Castrexa”.
A Romaxe das Cruces da Ponte de Arante, en Ribadeo, celebrarase o 5 de xuño. Ás 12 da mañá haberá bendición dos campos, procesión, bandeo do Pendón e Reverencia das Cruces. O acto estará amenizado polo grupo de gaitas Brisas del Eo. A continuación será a misa solemne.
Ás 13:30 horas terá lugar a sesión vermú amenizada por La Bamba.
Para as 15 horas está prevista a segunda comida da Romaxe das Cruces no campo da festa.
Ás 17:30 horas representación da batalla a cargo do bruxo Queiman e de Andrea Pousa e a continuación concerto de Luar na Lubre.
O remate da festa correrá a cargo de La Bamba.
Esta romaxe, declarada festa de interese turístico galego, está organizada pola comisión de festas de As Cruces de Arante, que conta coa...
leer másO vindeiro 18 de xuño terá lugar en Mondoñedo a novena xuntanza de clásicos.
Na concentración participarán coches clásicos, motos, camións e tractores. As inscricións poden realizarse nos seguintes números de teléfono: 629 808 751 (Albino), 636 496 439 (Asun) e 605 372 045 (Angel).
Os asistentes xantarán na Finca San Antonio. Haberá sesión vermú e servirán un menú composto por pescada á galega, solomillo de porco con champiñóns, postre, café, viños, cervexa, refrescos, auga e licores. O prezo por persoa é de 35 euros.
A 9ª Xuntanza de Clásicos está organizada pola Asociación de Clásicos Mindoniense "Miraeanda" coa colaboración do Concello de Mondoñedo.
Seis asociacións da provincia de Lugo percorren esta semana a provincia grazas ao programa da Deputación de Lugo Coñece a túa provincia. Unhas 120 persoas da Pastoriza, Lugo e Riotorto, cada un dos seis grupos co seu itinerario, descubrirán os municipios de Taboada, Chantada, Quiroga, Cervo e O Inicio.
Este mércores a asociación veciñal Campo do Cruceiro de Santa Catalina de Pousada, da Pastoriza, arrancará a ruta no Pazo de San Marcos. Logo desprazaranse ata os municipios de Taboada e Chantada para coñecer a igrexa de Taboada dos Freires, a área recreativa Ponte Mourulle, o casco histórico de Chantada, o convento de San Salvador de Asma e o paseo fluvial, ademais de facer unha parada nunha adega.
Neste día tamén se despraza pola provincia a asociación de familiares e enfermos de alzheimer e outras demencias de...
leer másO Concello de Foz celebra o Mes das Letras con diversas actividades que terán lugar do 19 ao 26 de maio.
Na Casa da Cultura o 19 de maio haberá un obradoiro creativo de animación á lectura. Denomínase O conto estrelado e será impartido por Michel Casado e Raúl Marín desde as oito da tarde e está destinado a nenas e nenos de 3 a 6 anos.
O sábado, 21 de maio, O Feitizo, a Banda de Música de Foz e ACM Dambara ofrecerán un Pasarrúas por Foz a partires das doce do mediodía. E xa pola tarde a partir das 19 horas no Campo da Cabana haberá un concerto ofrecido por estas tres formacións. Tamén o sábado está prevista a proxección dunha longametraxe finalista dos Mestre Mateo. Será na Casa da Cultura ás 18:30 horas.
As actividades do Mes das Letras seguirán o 26 de maio con teatro infantil...
leer más