Eventos
Desde a organización explican que “coa intención de coñecer e recuperar a ruta do antigo Camiño Real que levaba ata Compostela, organízase este roteiro para o vindeiro 21 de maio. O recorrido é o seguinte:
Ourol, saída ás 9 horas cara a Loibán, pasando por Sabucedo e subindo por Sebrán ata o Foxo, seguindo pola Gañidoira, Bestemuz e baixanado ata Muras”.
E engaden que “rematará a xornada cun xantar (previa anotación) no restaurante Santi en Muras. Si estás interesado en participar podes chamar ao teléfono do concello 982 559109”.
E lembran que “e preciso traer calzado axeitado e moitas ganas de gozar dun día en plena natureza”.
Na organización participan a asociación Camiño Real, a asociación cultural Roteiros da Carba e tamén os Concellos de Ourol, Muras e...
leer másA Concellería de Cultura organiza un rastrillo popular solidario que se celebrará o 29 de maio, na Praza da Mariña, en horario de dez da mañá e tres da tarde. As inscricións poden realizarse xa chamando aos seguintes números de teléfono: 982 581 141 ou 608 158 170.
A cita terá lugar na fin de semana na que se desenvolverían as festas patronais de Burela.
Desde a Concellaría de Cultura sinalan que “xa vos podedes anotar chamando ao numero que aparece no cartel. A única condición é doar un quilo de alimentos para o Banco de Alimentos”.
Neste rastro solidario de Burela pódense atopar libros, discos, roupa, accesorios, decoración e artesanía. Todo a prezos populares.
A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, realizou onte a terceira etapa do Camiño Inglés. 46 persoas percorreron o treito comprendido entre Pontedeume e Betanzos.
O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha etapa dura, de subidas e baixadas, e longa, de 19 quilómetros, polo que chegamos cansados. Pasamos por zonas moi boscosas con subidas importantes. Saímos de Pontedeume e chegamos a Betanzos, onde acabamos a xornada cunha comida no restaurante El Arrozal, que estivo moi ben. Tivemos bo tempo porque foi un día de sol”.
E engadiu que “participamos 46 peregrinos da Mariña, sobre todo de Barreiros, Ribadeo, Trabada e Foz. Nesta etapa recibimos a visita da xefa de área provincial de Turismo en Lugo, Paloma Vázquez, que é desa zona, concretamente de Cabanas, xa que grazas a ela...
leer másAs actividades do Renacer do Cantil, organizadas pola Concellaría de Turismo, están a ter unha moi boa acollida. Todas as prazas se están a completar. Esta pasada fin de semana houbo arrolos o sábado e Tai Chi o domingo.
Piñeira foi o escenario elixido para o desenvolvemento dos Arrolos do Cantil na mañá do pasado sábado, unha actividade que foi impartida por Vanessa González, de Siete ranas verdes, profesora de ioga e guía de baños de bosque. A cita perseguiu o benestar físico e mental, a través de técnicas de relaxación na natureza, respirando aire fresco, apreciando o entorno, escoitando o son das ondas, sentindo a suavidade da herba fresca e os suxerentes aromas do mar. O entorno foi decorado para a ocasión.
E onte, domingo, no Cargadoiro tivo lugar unha sesión de Tai Chi. Héctor Peña introduciu aos...
leer másO vindeiro 21 de maio (sábado) terá lugar o Festival da Terceira Idade para todas aquelas persoas que teñan máis de 65 anos ou sexan pensionistas. Poderán ir acompañadas dos seus cónxuxes.
As persoas interesadas en participar en dito evento deberán inscribirse nas Oficinas Municipais ata o día 18 de maio.
O vindeiro sábado, 21 de maio, a AECC de Ribadeo organiza un festival de danza solidario, contra o cancro coa colaboración da Escola Municipal de Música e Danza e outras persoas.
Será no Auditorio Hernán Naval as 20:00 horas.
Desde a organización agradecen “tamén o Concello de Ribadeo” a axuda e colaboración para realizar dito festival.
O Concello de Ribadeo organiza o programa As parroquias en marcha, que dará comezo o vindeiro 23 de maio. Para participar nas actividades, que se desenvolverán ata o 18 de xullo e de setembro a decembro, é preciso inscribirse do 16 ao 20 de maio chamando á Casa da Xuventude ao teléfono 982 129 889. A veciñanza das parroquias de Ribadeo poderá asistir a actividades de memoria, obradoiros de novas tecnoloxías, cociña, xogos de mesa, tertulias, excursións e teatro.
A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, dixo: “desde o Concello de Ribadeo queremos anunciar que volve outra vez o programa de actividades ás nosas parroquias. Nesta ocasión o nome que lle puxemos é As parroquias en marcha. É necesario volver activarnos, volver reencontrarnos cos nosos veciños e coas nosas veciñas e poder desfrutar daquelo que máis nos gusta e tamén das...
leer másO complexo Regalxunqueira de Viveiro realiza unha serie de actividades con motivo da Semana dos Museos, que se desenvolverán o venres e o sábado coa celebración dunhas xornadas de portas abertas.
O venres inaugúrase unha mostra das pezas mercadas, donacións e adquisicións por parte de Regalxunqueira para ampliar as obras dos museos, entre as que cabe salientar un prato de Picasso, a Cabra de Xulia Ramallo, un plato de M.Marco, un xarón chinés da Dinastía Ming, unha placa cerámica de Ruiz de Luna, pezas de cerámica figurada de María Conceuceicao Sapateiro e un mural de Nacho Porto.
Nas xornadas de portas abertas de Regalxunqueira pódese ver un documental realizado pola produtora madrileña Napama encol da obra de Otero Regal e o complexo e obradoiros de Xunqueira, titulado Terra, auga e lume.
... leer másA Concellería de Cultura anuncia que hoxe abre o prazo de inscrición para participar no Gran Karaoke que se celebrará no marco das Festas Patronais. O Auditorio Municipal dará cabida a este evento o mércores día 1 e o xoves día 2 de xuño, agardando a boa acollida que tivo en pasadas edicións.
Os participantes distribuiranse nas categorías infantil e xuvenil, que interpretarán as súas pezas o mércores a partir das 20:30 horas, e na categoría senior para adultos, que comezará o xoves ás 21 horas.
Para poder inscribirse, as persoas interesadas poderán empregar distintas modalidades, ben achegándose presencialmente á Casa da Xuventude sita na rúa do Cancelo nº 1, chamando por teléfono ao 982 58 11 41, ou ben enviando un correo electrónico á dirección casaxuventude@burela.org...
leer másO artesán Telmo Cao abre as portas do seu obradoiro, instalado na antiga nave de fundición de Sargadelos, ás visitas guiadas, previa cita, e con fins didácticos e divulgativos.
O edil de Turismo, David Rodríguez, quixo compartir a primeira das experiencias cun grupo de 39 persoas procedente da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, da Coruña; en concreto alumnado e corpo docente de todo o centro, das especialidades de escultura, cerámica, ilustración e deseño de interiores.
Cao amosoulles in situ todo o proceso de desenvolvemento dun proxecto artístico, “desde a idea conceptual, pasando polos bosquexos ata chegar ao resultado final, previo paso pola forxa e o martelo para darlle a forma definitiva”.
O artesán quixo destacar que estas visitas nacen como un complemento á...
leer más