Eventos

06/05/2021

Daniel García, concelleiro de dinamización, presentou as actividades que se levarán a cabo no Concello de Barreiros durante o mes de maio, adicado ás Letras Galegas. Na presentación estivo acompañado do narrador oral e poeta Lois Pérez, que será o coordinador do recital poético musical “Versos na Baixamar” que celebrará a súa primeira edición despois de ter sido adiado no pasado mes de Outubro.

Lois Pérez, Olalla Cociña, Paula dos Anjos e Daniel Irimia no Centro Sociocultural.
Versos na baixamar xuntará nesta primeira edición varias voces da Mariña que destacan pola frescura e a calidade da súa poesía, completando así unha xornada adicada á figura e a obra dunha das autoras fundamentais da nosa lingua e a nosa cultura. A poesía de Olalla Cociña, Paula dos Anjos e Daniel Irimia será a protagonista dunha tarde de música e versos,...

leer más
Etiquetas:
06/05/2021
A Rede Museística Provincial presentou a programación polo Día dos Museos, que se conmemora o 18 de maio. As actividades previstas, que se concentran entre os días 14 e 18 de maio, mesturan a presencialidade cos formatos en liña e  xiran arredor do lema “O futuro dos museos: recuperar e reimaxinar”, elixido para a conmemoracion da efeméride a nivel global polo Consello Internacional dos Museos (ICOM).
 
Precisamente, atendendo a esta referencia á memoria, a presentación fíxose no Pazo de San Marcos, nos corredores da planta baixa, ubicación do Museo de Lugo desde a súa creación no 1934 ata 1957, cando se trasladou á sede actual na  Praza da Soidade.  No 1969, naceu o Museo do Mar de San Cibrao; no 1983 abriu as portas como museo etnográfico e da historia a Fortaleza de San Paio de Narla en Friol, e no...
leer más
Etiquetas:
03/05/2021

A Delegación de Cultura do Concello de Foz continúa coa súa primavera cultural e programa seis actividades para este mes de maio.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “en maio, o mes das letras galegas, o Concello de Foz achégase máis ás nosas letras e á música. E coa chegada do bo tempo os eventos culturais comezan a tomar as rúas focegas, para poder chegar a máis xente, respectando sempre as medidas sanitarias”. 

Inés López explica que “esta primeira semana de maio, contaremos cun documental de Carlos Lorenzo: Vértice de versos. Será este xoves, día 6, na Casa da Cultura ás 19.30 horas. Este documental fai un percorrido pola poesía contemporánea galega. Neste 17 de maio homenaxea a Xela Arias, referente tamén na nosa lírica. Contaremos coa presenza do director e de Emma Pedreira e Yolanda...

leer más
Etiquetas:
03/05/2021

O Concello celebrará o Día das Letras Galegas o 23 deste mes, domingo, cun recital poético e un concerto da Banda de Música de Lourenzá.

A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “o domingo 23 de maio celebramos o Día das Letras Galegas coa lectura das poesías premiadas no concurso convocado polo Concello e un concerto da Banda de Música de Lourenzá. O acto terá lugar as 13:30 horas no quiosco da música do Cantón. Ademais os membros do coro da escola de música recitarán poemas de Xela Arias, escritora a que este ano se dedica o Día das letras Galegas”.

 

Etiquetas:
29/04/2021

O Concello celebra o tradicional Maio este sábado, día 1, cunha exposición na praza do Conde Santo.

A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “este sábado Lourenzá celebra o tradicional Maio.

Este ano, por mor da pandemia, farase dun xeito un pouco diferente e non haberá o percorrido habitual polas rúas da vila. Como alternativa e en recordo a esta festividade doutros anos o Concello colocará na praza uns Maios estáticos e unha exposición fotográfica en lembranza a edicións pasadas. Esta mostra instalarase mañá, venres, e poderá verse ata o luns”.

 

Etiquetas:
29/04/2021

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado da Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Alcalde de Meira, Antonio de Dios, o Concelleiro de Comunicación e Relación Institucionais do Concello de Foz, Carlos García, e representantes dos guías de turismo que realizarán as actividades, presentou nos Xardíns do Pazo de San Marcos o programa de actividades que a institución provincial pon en marcha con motivo do Día da Transrománica. Esta iniciativa, que celebra a súa xornada internacional o domingo 9 de maio, contará na provincia con 14 rutas que se levarán a cabo nunha xornada de portas abertas ao románico da provincia.

Os itinerarios serán de balde e cun máximo de 8 persoas por visita, e estarán dirixidos  por un guía oficial de turismo. No caso de Meira e de Foz, os concellos...

leer más
Etiquetas:
28/04/2021

A axenda cultural de Burela para o mes de maio inclúe teatro para os máis pequenos, música coa actuación de Susana Seivane, un concerto enmarcado no Osa do Mar e o 29 de maio será o pregón das festas patronais, seguido do concerto do grupo Nostálgica. Aínda que non haberá uns festexos coma os que se celebraban antes da pandemia Concello e comisión organizadora programarán algunha actividade adaptándose ás medidas de seguridade e aos aforos en vigor “e confiando, sobre todo, en que o ano que ven sexa distinto", dixo José Díaz, o concelleiro de Cultura. 

O edil bureles anunciou que “empezaríamos el sábado 8 de mayo, a las seis y media, con una actuación del grupo de Teatro Ghazafelhos, que se llama Acuario, enfocada al público infantil y tendrá un coste de 2´5 euros. El sábado 15 recuperamos por fin los conciertos en el auditorio con la...

leer más
Etiquetas:
28/04/2021

O Concello de Muras organiza, coa colaboración da Asociación Obradoiros Artesáns da Terra Cha, a quinta edición da Romaxe Artesá da Chaira, que se celebrará o 22 de maio.

O evento terá lugar na fraga de A Veiga, á beira do río Eume ao seu paso pola vila de Muras, nunha contorna de vexetación autóctona en pleno corazón do Xistral. A organización anuncia que será un pouco diferente aos anos anteriores desenvolvéndose segundo as indicacións sanitarias que cómpren.

Este encontro cultural de artesanía, música e gastronomía inclúe mostra de artesanía, demostracións en vivo, obradoiros para adultos e nen@s, charlas sobre emprendemento sostible no rural e actuacións de música, maxia e gastronomía.

O evento conta coa colaboración da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
21/04/2021

AciaFozCCA colaborará por cuarto ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española contra o Cancro, a través da campaña Céntimo solidario, que se desenvolverá do 26 de abril ao 2 de maio. 

A delegada da AECC en Foz, Nieves Moreda, e o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, foron os encargados de presentala. 

Arredor de 50 locais asociados participan nesta campaña organizada para recadar fondos para a AECC. Neses establecementos haberá situadas huchas para deixar os donativos que @s seus clientes queiran depositar. 

Nieves Moreda dixo que “como el año pasado hubo una interrupción por culpa de la pandemia, vamos a empezar otra vez con actos de los que se pueden realizar en este momento. Este que acabamos de presentar es uno, porque no hay contacto físico de persona a persona...

leer más
21/04/2021
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentaron o programa Actívate. Trátase dunha iniciativa vencellada ao turismo activo, científico e mindfulness que se celebrará as fins de semanade maio e xuño ao longo de 18 concellos da provincia de Lugo. Este programa nace co obxectivo de dar a coñecer os recunchos de toda a provincia a través de propostas diferentes para realizar en familia, con amigos ou sós.
 
Este novo programa dará prioridade á participación da veciñanza lucense, que poderán realizar actividades como a iniciación aos cogomelos de primavera ou barranquismo, que se celebrarán o 1e 2 de maio, pero tamén actividades de sendeirismo, de montaña, surf ou Tai Chí e ioga. Tamén está previsto que se...
leer más