Eventos
A vindeira fin de semana terá lugar a estrea das audioguías ficcionadas de Lourenzá e de Alfoz, que se suman ás xa existentes de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro. Os días 19 e 20 desenvolveranse varios paseos ficcionados que contarán coa presenza dos actores de Chévere, o grupo de teatro que deseñou e elaborou este proxecto para a Mancomunidade de Concellos da Mariña e no que colaboran a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia e os concellos escenarios das audioguías.
Nos anos 2018 e 2019 a Mancomunidade de Concellos da Mariña puxo en marcha as audioguías das vilas históricas e portas de entrada ao xeodestino de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro en galego, castelán, inglés e francés e agora en 2021 súmanse ao proxecto as do Castelo de Castro de Ouro en Alfoz e a de Vilanova de Lourenzá, polo momento, só en galego, aínda que proximamente serán...
leer másO Concello de Viveiro retoma a celebración do programa estival de visitas guiadas, que terá lugar desde o 1 de xullo ata o 30 de setembro.
O municipio recupera desta forma unha das súas principais actividades turísticas durante os últimos anos, que foi suspendida por precaución durante 2020 e volve con máis percorridos e destinos.
As actividades terán carácter gratuíto e levarán a cabo todos os días da semana. Un dos seus alicientes será a ampla variedade da proposta, que vai desde visitas culturais a roteiros de sendeirismo, pasando por itinerarios panorámicos en múltiples lugares de interese da localidade.
As visitas transcorrerán integramente en espazos abertos e respectaranse os límites de aforo, e en xeral, o normativa socio-sanitaria vixente. Para participar, é necesaria reserva...
leer másO Concello de Barreiros organiza campamentos de verán para nenos e nenas durante os meses de xullo e agosto.
Os organizadores explican que “estes campamentos de verán ofrecen unha diversidade de actividades educativas e lúdico-deportivas que farán que os participantes gocen dunhas mañás moi entretidas e divertidas: talleres de música, robótica, xogos tradicionais e populares, gymkanas, xornada de reciclaxe, xogos cooperativos e con paracaídas, olimpíadas deportivas, xogos de pistas e busca, experimentos científicos, etcétera. Está dirixido a persoas nadas entre 2009 e 2017, inclusive, e desenvolverase do 5 de xullo ao 27 de agosto de luns a venres de 9:30 a 13:30 horas. A sede é o Pavillón Polideportivo Municipal de Barreiros.
O prazo de preinscrición está aberto ata o 15 de xuño e todos os trámites poden...
leer másO vindeiro 27 de xuño terá lugar un novo rastrillo popular solidario en Burela na praza da Mariña. A inscrición está aberta, segundo anunciou no día de hoxe o concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil burelés contou que “ya está abierta la inscripción para el siguiente rastrillo popular solidario que haremos en Burela a finales de este mes de junio, concretamente el día 27 con el horario de siempre: entre las 10 y las 15 horas”.
Díaz explicou que “habrá música, como ya tuvimos en el anterior rastro en mayo, y se creó un ambiente muy bueno. Hubo mucha participación, con 15 puestos en total de diferentes personas, unos que ya habían estado en otras ocasiones y otros no. Pretendemos seguir dinamizando esta apuesta en los últimos domingos de mes para crear un poco de ambiente en Burela”.
O...
leer másEl encuentro con la autora focense dará comienzo a las 19 horas.
Desde la UNED-Aula Universitaria explican que “a través de dicho encuentro fomentaremos la participación, el diálogo, y la posibilidad de abordar en profundidad los textos interpelando de viva voz a la autora sobre el oficio de escritora y la tarea de escribir literatura. Esta actividad es totalmente online en directo y en diferido (para las personas que no pueden conectarse ese día a esa hora)”.
Y añaden que “con Luisa Castro cerraremos el Ciclo de Autores Locales, que nuestra aula puso en marcha este curso académico y que ha resultado de gran interés con una participación de más de 600 alumnos/as. En este segundo cuatrimestre hemos tenido la suerte de tener en nuestra aula a: Pepe Peinó, a Xurxo Mariño, a Xosé Ramón Veiga y a Paco Rivas. Nuestro...
leer másAs fogueiras de San Xoán e San Pedro estarán prohibidas, un ano máis, en espazos públicos e só poderán celebrarse en lugares privados cumprindo unha serie de requisitos, segundo deu a coñecer o alcalde, Fernando Suárez. Os permisos xa se poden solicitar no Concello ata o 22 de xuño para as fogueiras de San Xoán e ata o 25 para as do San Pedro.
Suárez Barcia dixo que “dentro de poucos días xa temos aquí o San Xoán e o San Pedro e con eles a celebración das fogueiras. Este ano, desde o Concello de Ribadeo, temos en conta a situación excepcional derivada da crise sanitaria do covid-19 e as medidas hixiénico sanitarias de prevención que temos que manter as diferentes administracións públicas de forma excepcional, tamén para este exercicio 2021”.
O rexedor subliñou que “en primeiro lugar, prohibimos e prohibiremos a...
leer másO Concello de Ourol organiza, un ano máis, a Ludoteca de Verán para nenos e nenas empadroados/as en Ourol con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos (cumpridos ó longo deste ano). Esta actividade terá lugar dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto de 2021 e realizarase en horario de 10:30 a 13:30 de luns a venres.
O prazo de inscrición comeza o día 10 de xuño e rematará o día 17 do mesmo mes. No caso de quedar prazas vacantes abrirase un prazo de 1 día (18 de xuño para persoas non empadroadas).
As solicitudes realizaranse no Concello (Rexistro/Departamento de Servizos Sociais) a partir das 9:00 horas do día 10 de xuño segundo modelo normalizado. Tamén serán admitidas as solicitudes presentadas por correo electrónico no modelo normalizado (que estará dispoñible na Sede Electrónica do Concello) na seguinte dirección...
leer másUn ano máis o Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, súmase ao Proxecto Libera, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, participando na campaña de concienciación cidadá "1m2 contra a basuraleza".
Neste 2021, celébrase o quinto aniversario do proxecto, que, a través da mobilización cidadá, regresará aos espazos naturais para retirar todos aqueles refugallos que nunca deberon chegar aí.
O vindeiro sábado, 12 de xuño, farase unha limpeza da praia e da contorna do Río Xunco ao mesmo tempo recolleranse datos sobre o tipo e a cantidade de lixo presente nestes espazos naturais. Subministrarase no punto de encontro todo o material necesario para levar a cabo a actividade e seguiranse rigorosamente todas as medidas de prevención fronte ao covid-19.
As persoas interesadas en...
leer másO vindeiro 19 de xuño terá lugar a estrea das audioguías ficcionadas de Lourenzá e de Alfoz, que se suman ás xa existentes de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro. Esa fin de semana, os días 19 e 20 deste mes, terán lugar varios paseos ficcionados que contarán coa presenza dos actores de Chévere, o grupo de teatro que deseñou e elaborou este proxecto para a Mancomunidade de Concellos da Mariña e no que colaboran a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia e os concellos escenarios das audioguías.
Con motivo da presentación o próximo 19 de xuño das novas audioguías ficcionadas para Lourenzá e Alfoz, estes dous concellos xunto aos de Mondoñedo e Ribadeo, á Mancomunidade e á compañía de teatro Chévere poñen en marcha a iniciativa Chévere acompaña as audioguías ficcionadas da Mariña Lucense, acción coa que se pretende poñer en valor e dar a coñecer este...
leer másA Concellería de Turismo presentou as actividades das que poderán gozar aquelas persoas que pasen o verán en Burela ou na zona. Haberá Xeorutas, visitas guiadas á igrexa de Vila do Medio, ás redeiras e ao barco museo Reina del Carmen. O concelleiro, Ramiro Fernández Rey, subliña a forte aposta realizada polo Concello e agarda que estas alternativas sexan un éxito.
O edil burelés explicou que “desde o Concello de Burela queremos anunciar toda a programación turística que imos ter durante este verán. Este ano intentamos innovar, facer cousas novas e reforzar o que xa tíñamos programado. Fai uns días xa presentábamos as Xeorutas. Este ano reforzámolas para poder desfrutar das nosas marabillas xeolóxicas aquí en Burela. Este ano, ademais imos engadir unha visita guiada ás pinturas da igrexa de Vila do Medio. É unha nova iniciativa e esperemos...
leer más