Eventos
Este jueves 12 y viernes 13 de diciembre se celebra en Burela (Lugo) el primer Congreso Nacional de Artes de Pesca, promovido por la Fundación EXPOMAR con el objetivo de poner en valor las artes de pesca en peligro de desaparición, así como el intercambio de conocimientos sobre las artes de otros territorios de ámbito nacional.
Durante estas dos jornadas intervendrán profesionales relacionados con el mundo pesquero de ámbito nacional y gallego, así como representantes de cofradías de pescadores de diferentes puntos de España.
El Congreso se inicia en la tarde del jueves poniendo en valor las artes de pesca y el papel de las nuevas generaciones, con una conferencia a cargo de Basilio Otero Rodríguez, presidente de la Federación Nacional de Cofradías de Pescadores y Patrón Mayor Cofradía de Pescadores de Burela....
leer másLibrería Bahía de Foz organiza o domingo, 15 de decembro, unha xornada de xogos de mesa con Brazolinda a partir das 12:00 horas.
Trátase de xogos de creación propia, en galego e artesanais que, ademais do seu carácter educativo, axudan a desenvolver habilidades tanto intelectuais como sociais e que están pensados para xogar en familia.
O obxectivo é contribuír a que a xente coñeza outras alternativas que non chegarán a eles a través da publicidade nos seus diversos medios e que aportan moitas veces valores moi interesantes.
O Pazo de Tovar, fortaleza que se atopa na parroquia laurentina de Santo Tomé, acollerá unhas xornadas de portas abertas esta vindeira fin de semana, sábado e domingo. Nelas mostraranse as múltiples alternativas (gastronómicas, decorativas e de diversos espectáculos) que este espazo ofrece para desenvolver nel eventos de todo tipo personalizados e adaptados aos gustos do cliente, como vodas e outras cerimonias.
As xornadas de portas abertas, que se desenvolverán o sábado 14 de 16.00 a 22.30 horas e o domingo 15 de 10.00 a 19.00 horas, están coordinadas polo prestixioso florista e organizador de eventos barcelonés Jordi Ferrán. A asistencia é libre e gratuíta.
O promotor desta iniciativa é Jorge López, xerente e cociñeiro do restaurante O Forno de Tovar, que presentou estas xornadas de portas abertas e explicou...
leer másA vila costeira de Burela (Lugo) acolle a próxima semana a celebración do primeiro Congreso Nacional de Artes de Pesca e do primeiro Congreso Infantil “Conservemos o noso Mar”, que terán lugar entre o xoves 12 e o venres 13 de decembro.
O xoves 12 de decembro pola mañá (de 9:00h a 13:30h) celebrarase na Casa da Cultura de Burela o Congreso Infantil “Conservemos o noso Mar”, no que alumnos e alumnas dos diferentes centros educativos de Burela concentrarán todo o protagonismo da xornada.
Tra-la intervención da doutora en Historia Contemporánea e profesora do IES Monte Castelo, Herminia Pernas Oroza, “Unha ollada á contribución histórica do porto de Burela á pesca sostible”, os alumnos exporán os traballos que levan realizando nas últimas semanas sobre as prácticas respectuosas co medio mariño.
... leer másEsta tarde foi inaugurado o XVI Mercado do Nadal e acendido o alumeado destas festas. O alcalde, Fernando Suárez, xunto aos concelleiros de Turismo, Medio Ambiente, Obras e Cultura, Pablo Vizoso, Jorge Díaz, Mónica Freire e Pilar Otero, visitaron as casetas instaladas no parque de San Francisco e asistiron ao acendido da iluminación de Nadal.
O rexedor dixo que “procedemos a este acendido das luces de Nadal aquí en Ribadeo, que facemos coincidir estes últimos anos coa inauguración do XIV Mercado do Nadal. Traemos unha chea de cousas para que tanto a xente de aquí como os amigos e veciños de toda A Mariña, de todo o Occidente asturiano e todos aqueles turistas que nesta longa ponte veñan a Ribadeo poidan degustar produtos artesáns de alimentación e ver artesanía, coiro, xoiería…”.
Fernando Suárez explicou que “...
leer másA vila de Burela (Lugo) acolle a próxima semana a celebración do primeiro Congreso Nacional de Artes de Pesca, que terá lugar no Salón de Actos de Armadores de Burela ABSA durante o xoves 12 e o venres 13 de decembro.
O Congreso, que promove a Fundación EXPOMAR, ten como obxectivo a posta en valor das artes de pesca en perigo de desaparición, así como o intercambio de coñecementos sobre as artes doutros territorios de ámbito nacional.
Durante estas dúas xornadas intervirán profesionais relacionados co mundo pesqueiro de ámbito nacional e galego, como representantes das confrarías de pescadores das comunidades de Baleares, Cádiz, Valencia e Burela. Así mesmo participarán relatores da Universidade de Santiago de Compostela, de Portos de Galicia, de Grupos de Desenvolvemento Rural, da Federación Galega de Pesca...
leer másO programa do Nadal en Burela arrincará mañá, 5 de decembro, ás 21:00 horas na praza do Concello co pregón que pronunciará o empresario xubilado Ramón Hermida. Despois terá lugar o acendido do árbore e do alumeado e haberá un concerto. As actividades destas festas desenvolveranse ata o 5 de xaneiro. Foron presentadas este mediodía polo alcalde burelés, Alfredo Llano, e por representantes do CCA e de Ledicia.
O rexedor burelés dixo que “fixemos unha presentación conxunta entre a Acia, Ledicia e máis o Concello de Burela que, dunha maneira ou doutra, colaboramos entre todos para conformar o que queremos que sexa un bo Nadal con atractivo e que sexa un bo elemento de motivación para que a xente se achegue a Burela en calquera día das vindeiras vacacións”.
Alfredo Llano sinalou que “mañá van comezar as actividades ás...
leer másA feira pontenovesa, que reunirá máis de 60 expositores do 6 ao 8 de decembro, inaugura así un proxecto co que se quere visibilizar o traballo realizado nos últimos anos no Obradoiro de Instrumentos Musicais do Centrad para construír réplicas dos instrumentos das esculturas ciceladas nos pórticos de igrexas como as de San Xoán de Portomarín e Santo Estevo de Ribas de Sil.
O Deputado de Artesanía explicou que “presentamos por primeira vez fora do Centrad O Son do Tempo, da Pedra a Madeira, unha mostra de instrumentos musicais reconstruídos a partir dun estudo minucioso das esculturas en pedra que se conservan nos numerosos monumentos históricos da nosa provincia”.
A exposición que comezará así un percorrido por concellos de toda a Provincia. A colección é resultado dun traballo de investigación e formación que se...
leer másO XVI Mercado do Nadal terá lugar do 5 ao 8 de decembro no parque de San Francisco, en Ribadeo. O evento foi presentado hoxe polo concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso. Como novidade haberá un recuncho Arte_San, que será unha illa gastronómica con sabores da zona, na que ademais haberá charlas e tamén degustacións. Na tradicional cita haberá produtos ecolóxicos e artesanía, actuacións musicais e obradoiros para os máis pequenos e pequenas.O edil ribadense agarda que o Mercado do Nadal traia moita xente a Ribadeo e que encha as rúas de ledicia.
Vizoso explicou que “o próximo xoves, 5 de decembro, ás 17 horas da tarde abre as súas portas a XVI edición do Mercado do Nadal, unha cita xa ineludible en Ribadeo, onde a luz, a cor e o mercado tradicional son a súas sinais de identidade. O alumeado de Nadal e as 28 casetas de madeira...
leer más












