Exposiciones
Xa se pode ver na rúa Rodríguez Murias, de Ribadeo, o mural en homenaxe a Rosalía de Castro. Foi pintado esta mañá por Concepto Circo.
Deste xeito o Concello conmemora a data do nacemento da escritora en Santiago de Compostela en 1837, “unha celebración que foi impulsada en 2011 pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e á que cada ano se suman máis entidades”, segundo lembraba hai uns días a concelleira de Cultura, Pilar Otero.
Ribadeo acolleuse á convocatoria da Área de Cultura da Deputación de Lugo na que se posibilitaba que os Concellos, que así o solicitasen, puidesen dispor dunha actividade para celebrar a efeméride. “No ámbito do mural que solicitamos propóñense modelos de obras orixinais coa mestura de diferentes técnicas”, dixo a edil ribadense.
Onte inaugurouse no Centro Comarcal de Mondoñedo a exposición fotográfica “Amar a mar, Mariñas, Marosas e Maruxainas” organizada polo IES San Rosendo en colaboración coa Rede Museística Provincial de Lugo e co Concello de Mondoñedo.
Ao acto acudiron Manuel Otero, alcalde da cidade mindoniense, Patricia Otero, concelleira de Camiño Norte, Asociacionismo e Participación Cidadá, e Carmen Rey ,directora do CIM. Ademais tomaron parte no acto a directora do instituto, María José Cuesta, e representantes da comunidade educativa e do persoal laboral do centro.
A exposición permanecerá aberta de 9:00 a 15:00 de luns a venres ata o próximo 16 de abril.
A mostra recolle fotografías de caras e mans das avoas, fillas e mais que para a comunidade do instituto son merecentes dunha homenaxe sinxela,...
leer másO Concello de Foz expón dez acuarelas da artista Isabel Fernández no Centro de Interpretación da Basílica de San Martiño.
O concelleiro de Turismo, Chema Linares Rodríguez, anuncia: “acabamos de inaugurar unha exposición de acuarelas no Centro de Interpretación da Basílica para disfrute de todos os veciños e veciñas. Son 10 acuarelas sobre a propia basílica, o retablo pétreo, o cruceiro, a Fonte da Zapata ou a capela do Bispo Santo, que forman parte dunha colección máis ampla, de 70 acuarelas da artista Isabel Fernández sobre diferentes lugares e puntos de interese turístico, patrimonial e cultural do noso concello e que xa foran expostas na época de Pepe Rivera na Alcaldía focense”.
Chema Linares explica que “as acuarelas estaban gardadas nos sotos do CENIMA e tratamos de volver a poñelas en valor, de recuperar...
leer másA Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal de Xove, puxo en marcha a finais de xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de Caretas de Entroido. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, houbo cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios deste concurso consisten en material escolar.
Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos...
leer másO Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro congratúlanse de comunicar que o Museo conta cunha nova vitrina grazas á colaboración de César Cunqueiro González-Seco, fillo de Álvaro Cunqueiro, que cedeu novo material que foi propiedade do escritor mindoniense a quen está adicada a Casa – Museo.
O novo material que xa está exposto consiste en:
-O anel de Álvaro Cunqueiro polo título “Doutor Honoris Causa” concedido pola USC (1980)
-A medalla da concesión do Pedrón de Ouro a Álvaro Cunqueiro (1980)
-Unha figura de trotador medieval con zanfona correspondente ao Premio da Crítica – Galicia 1979 de Creación Literaria.
-A petaca para puros de Álvaro Cunqueiro
-A carteira coas letras “A” e “C” entrelazadas na parte dianteira representando a súas iniciais de Álvaro Cunqueiro.
-O catador de viños de...
Este sábado, día 27 de febreiro, reabre as súas portas o Castelo de Castro de Ouro, en Alfoz.
O horario de visitas é os sábados, domingos e festivos de 12:00 a 19:00 horas.
A entrada é libre á exposición fotográfica e de pintura, antiga escola unitaria e miradoiro.
O acceso ás instalacións farase con control de aforo e mantendo as medidas hixiénico-sanitarias recomendadas contra a pandemia do covid19.
Con motivo da celebración o pasado domingo do Día Internacional das Linguas Maternas desde onte, 22 de febreiro, pódese ver na planta da Biblioteca Municipal a exposición dedicada ás Linguas Maternas.
O horario de visita é de luns a venres de 15.00 a 20.00 horas, coincidindo co horario da Biblioteca Municipal. Tamén se pode ver on-line no Blogue da Biblioteca de Alfoz.
A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Foz anuncia o inicio das actividades para conmemorar o 184 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro este 24 de febreiro. Por segundo ano consecutivo, o Concello de Foz adhirese ao manifesto da AELG para conmemorar o día e dá a debida homenaxe a autora, que é xa universal.
Desde a delegación focense sinalan que “o pasado ano celebrábamos que o seu nome ten un sitio no firmamento tras nomear a unha estrela do espazo profundo como estrela RosalíadeCastro e ao planeta que xira en torno a ela planeta RíoSar. Para celebrar este 24 o día de Rosalía, o Concello de Foz, en colaboración coa Fundación Penzol e a Biblioteca Pública Neira Vilas de Vigo, presenta as reproducións das portadas das distintas edicións internacionais de Cantares Gallegos, dos orixinais que posue os fondos da...
leer másAs gañadoras dos premios do concurso de customización de mascarillas organizado polo Concello de Foz dentro do programa de actividades de Entroido son Lucía Pacio Iglesias e Azahara De la Peña González, en categorías de adultos e infantil respectivamente.
Ademais mañá, xoves, abrirá ao público a exposición sobre o Entroido focense que está instalada no CENIMA. Poderá visitarse ata o día 28 deste mes, respectando todas as medidas sanitarias anti-COVID.
O Concello de Foz, dende a Delegación de Turismo, prosigue a colaboración estreita co presidente da Asociación A Rula, Salustiano Niñe, desta banda coa cesión de material fotográfico, que estaba arquivado no Cenima, para a súa incorporación ao proxecto do Museo do Mar de Foz.
O concelleiro de Turismo, José María Linares, salienta “a importancia da historia e as raíces tamén na dinamización turística e neste campo o traballo desta asociación e de tremenda importancia”.












