Exposiciones
O Concello de Viveiro acollerá esta semana a exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’, dedicada a Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas.
Esta mostra, composta por 13 paneis, poderá visitarse na sala de exposicións da biblioteca municipal do 2 ao 7 de novembro. Organizada polo Colectivo Egeria, reflicte as “pegadas de Carballo Calero en Lugo”, onde permaneceu quince anos (1950-1965) e desenvolveu unha moi importante actividade na investigación, na educación e na escrita.
No seu período en Lugo, Ricardo Carballo Calero leu e publicou a tese de doutoramento, ingresou na Real Academia Galega e comezou a publicación da súa monumental Historia da Literatura Galega contemporánea.
A inauguración da exposición, na que estará a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e...
leer másDesde a Concellería de Normalización Lingüística sinalan que “foron quince anos os que D. Ricardo Carvalho Calero residiu en Lugo, se ben antes, e especialmente despois, tivo importante relación coa cidade. Foron 30 anos dende o seu pasamento para que finalmente a RAG decidira adicarlle un merecidísimo día das Letras Galegas. E cando por fin se lle dedica a agardada homenaxe, aparece a pandemia adiandose mesmo a celebración das Letras Galegas. Pero sen esquecer o moito que se lle debe, a Concellería de Normalización Lingüística de Foz coa colaboración do Colectivo Egeria de Lugo, faise voceiro de ducias de crianzas da súa etapa lucense para destacar o seu vencello coa cidade, e o impacto que Lugo e as súas xentes produciron no profesor e escritor. Tamén em Foz com residencia estival durante anos”.
E seguen a relatar: “nado en Ferrol en...
leer másA asociación A Concordia, de Ribadeo, organiza unha exposición antolóxica dos debuxos e gravados de Amando Suárez Couto (1894-1981), que foi destacado artista e animador cultural ribadense do século XX.
Amando Suárez Couto, entre outras actividades nas que colaborou sempre desinteresadamente, foi fundador do fútbol ribadense en 1913, e da Biblioteca Popular Circulante en 1927. Nos anos vinte colaborou no movemento galeguista con debuxos en La Comarca, Ronsel e Céltiga. En 1933 en Madrid fai os gravados para o Ribadeo Antiguo, de Francisco Lanza, dos que unha parte se amosan na exposición. De volta a Ribadeo exerce como profesor no Colexio Santo Tomás de Aquino. Co seu irmán Carlos nos anos corenta impulsan a Xira de Santa Cruz e nos anos sesenta fundan o grupo de gaiteiras Saudade. Colabora con Carlos Álvarez Fernández Cid na fundación da...
leer másACISA Ribadeo presentará as denominacións Vila Mariñeira de Rinlo e Barrio Mariñeiro de Porcillán co fin de promocionar eses lugares e levar a cabo actividades propias para eles. A primeira será unha exposición fotográfica que será inaugurada nos vindeiros días.
A asociación cumpre así co compromiso adquirido por parte da súa executiva e da xerencia na asemblea xeral celebrada o pasado mes de xaneiro que, a pesares da actual situación, puido sacar adiante coa colaboración da Xunta de Galicia.
ACISA Ribadeo presentou hoxe estas dúas novas denominacións: Vila Mariñeira de Rinlo e Barrio Mariñeiro de Porcillán. Con estas marcas, a patronal ribadense busca potenciar a imaxe turística de ambos lugares, poñendo en valor a súa gastronomía, a súa contorna e as súas opcións de ocio.
O presidente...
leer másQue mellor lugar que a contorna da Carpintería de Ribeira de Paco Fra, para albergar esta mostra bautizada como “O Patrimonio Marítimo de Galicia”, de Dionísio Pereira, producida pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
13 paneis que te convidamos a descubrir estes días a través dos que poderás mergullarte na nosa historia e no noso patrimonio, tradicionalmente tan vencellado ao mar.
Descrición:
Ao longo dos tempos, en todo o litoral de Galicia téñense desenvolvido actividades, oficios e modos de vida vencellados ao mar. Para pescar, transportar e, logo conservar, foi preciso construír barcos e despois portos para protexelos, así como edificios axeitados para transformar o peixe. Tamén, houbo que concebir aparellos, útiles de traballo e técnicas singulares, axeitados a cada costa e ás...
A Concellaría de Cultura colabora na organización dunha mostra pictórica de Carmela Villa Río que se inaugurará mañá, 11 de agosto, na sala de exposicións do parque de San Francisco.
O acto dará comezo ás 19:30 horas e posteriormente servirase un viño entre os asistentes.
A exposición, titulada Outra Mirada, permanecerá aberta na sala de exposicións do parque San Francisco ata o mércores da vindeira semana, 19 de agosto. O horario de visitas será de 18:00 a 21:00 horas.
A Casa da Cultura de San Ciprián, a través da delegación de Medio Ambiente que dirixe Mali Méndez, acolle ata o vindeiro 4 de setembro unha mostra que leva por título Cambio climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción.
A exposición itinerante, formada por 19 paneis, está producida polo CEIDA e INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria (Xunta de Galicia), a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Xunta de Galicia), o Ministerio de Medio Ambiente, a Alianza del Clima e a Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea.
Tal e como explicou Méndez, con esta mostra o que pretendemos é facer un chamamento á reflexión e promover e estimular no visitante comportamentos comprometidos co...
leer másEl complejo Regalxunqueira de Viveiro acoge hasta el próximo 30 de septiembre la exposición pictórico-literaria Frágiles de Damián Retamar.
La muestra es un recorrido pictórico-literario en torno a la fragilidade que nos rodea. Temas como la inmigración, la familia, la fauna y otras dolorosas realidades son plasmadas en la obra del pintor Damián Retamar y complementadas con textos que relevantes figuras de la sociedad, como escritores, poetas, cantautores, etc…, han realizado en exclusica para la ocasión. Es una exposición que quiere despertar la sensibilidad y empatía hacia todo aquello que nos rodea y que puede considerarse frágil y vulnerable.
La obra pictórica de Damián Retamar examina nuestro entorno social, natural y ecológico con una mirada humanitaria que busca ser, además de una rica experiencia visual,...
leer másO Concello de O Vicedo convida aos seus veciños a contribuír coas súas aportacións ao museo fotográfico online no que está a traballar nos últimos anos.
Dende o Concello manifestan que nestes momentos de confinamento pode darse unha boa oportunidade para buscar na casa álbums vellos e fotos antigas para subilas á web http.//www.phottic.com/gl/memorias-do-vicedo. Esta web leva uns anos funcionando e mostra o pasado deste concello a través dos oficios, as festas, as paisaxes, etc… A idea é crear un museo fotográfico online polo que anima a tod@s a subir as súas fotografías que poden ser escaneadas ou unha fotografía feita co móbil á instantánea antiga para despois subila. As fotografías tamén poden mandarse por mail a omix@concellodovicedo....
leer másA asociación Mariña Patrimonio organiza unha viaxe cultural a Santiago de Compostela para o próximo 29 de febreiro (sábado). A xornada comezará pola mañá cunha visita, na Cidade da Cultura, á exposición "Galicia, un relato no mundo". Esta visita será guiada polo comisario de dita exposición, Manuel Gago, quen tamén fará de guía nas visitas que terán lugar pola tarde ao castelo da Rocha Forte e mais ao petróglifo de Conxo.
As persoas interesadas en participar nesta actividade teñen de prazo para anotarse atA o día 20 de febreiro. Así mesmo, poderán atopar toda a información necesaria no blog de Mariña Patrimonio.












