Exposiciones
A Concellería de Medio Ambiente de Foz organiza co gallo do día dos humidais a exposición Galiza Conservando a Natureza. Diante do interese amosado pola súa visita, amplíase o período de exhibición ata o vindeiro 26 de Febreiro.
Nesta exposición presentase ao gran público a diversidade e singularidade dos nosos espazos naturais protexidos, permite concienciar á poboación sobre a importancia da conservación do medio natural e o seu propio papel na preservación da natureza e das súas especies.
Entre o 27 de xaneiro e agora ata o 26 de febreiro no Cenima, en Foz, os visitantes poderanse sorprender coa cantidade e diversidade de espazos protexidos declarados en Galiza, entenderán o significado das figuras de protección e o que conlevan, e desenvolverán actitudes de responsabilidade fronte a conservación ambiental...
leer másO alcade de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, asinaron un convenio de colaboración cultural co coordinador de Negocio Institucional en Lugo de ABANCA, Óscar Rodríguez, e a coordinadora institucional para Ourense e Lugo de Afundación, Beatriz Fernández-Anguiano, que permitirá á veciñanza de Cervo poder desfrutar da mostra “Auga. O sangue da terra”, obra do monfortino Manuel Valcárcel.
Este proxecto, que pretende concienciar sobre a importancia do uso responsable da auga, poderase visitar desde o día 20 de febreiro, ata o 22 de marzo, na sala de exposicións, en horario de 9:00 a 14:30 horas, e de 16:00 a 20:00 horas, de luns a venres.
Para o vindeiro xoves, 20 de febreiro, está prevista a súa inauguración cunha visita guiada.
A exposición itinerante...
leer másA Concellaría de Igualdade organiza unha exposición de mulleres relevantes da historia, titulada Eu quero ser coma… A mostra conta coa colaboración da Escola Municipal de Música e Danza e o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.
Esta exposición de retratos presenta mulleres que sobresaíron en diferentes campos, como a música, a ciencia ou o deporte, entre outros. As obras foron pintadas polo alumnado de 3º e 4º da ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, de educación plástica, visual e audiovisual.
Algúns dos rostros femininos que podemos atopar son os de Gloria Fuertes, Edurne Pasabán, Patti Smith, Violeta Parra, e outros da vila ribadense como Ana María Ferradás, Manuela Barreiro (nacida en Viveiro e criada en Ribadeo) e Meniñas da Saúdade.
A mostra estará exposta ao público na Escola de...
leer másA Concellería de Medio Ambiente de Foz continúa no ano 2020 promocionando o medio natural. Segundo explican desde ese departamento “co gallo do día dos humedais o vindeiro 2 de febreiro e sendo o noso Concello parte da Rede Natura 2000, cremos de interese para toda a veciñanza e visitantes esta exposición. A natureza galega é un mosaico de paisaxes de costa e montaña, densas fragas e chairas extensas, rías onde conflúen os ríos e o mar, queirugais, matos e lagoas. Acóllese así unha importante diversidade de especies animais e vexetais”.
A exposición “Galicia conservando a natureza” presenta ao gran público a diversidade e singularidade dos espazos naturais protexidos, permite concienciar á poboación sobre a importancia da conservación do medio natural e o seu propio papel na preservación da natureza e das súas especies.
... leer másO alcalde de Foz, Fran Cajoto, e a directora provincial da UNED, Ana Belén Traseira, visitaron esta mañá a exposición sobre áreas mariñas protexidas que está aberta ao público no Cenima ata o día 26 de este mes. Ao acto asistiron tamén o concelleiro de Cultura e Educación focense, Héctor Moris, e a coordinadora da Aula Universitaria de Foz, Fuensanta Otero.
O rexedor municipal focense agradeceu á UNED “que trouxera esta exposición. A colaboración co Concello é moi próxima sempre pois aparte da oferta universitaria sempre organiza cursos e agora, dentro da Axenda 2030 e dese desenvolvemento sostible que debemos ter, esta mostra das áreas mariñas protexidas. Que mellor sitio que o Cenima, aquí en Foz, que abarca non só este concello senón a toda A Mariña”.
Fran Cajoto engadiu: “estamos vendo o mar e a ría de Foz,...
leer másDada a gran acollida que tivo a mostra "Basuraleza" de Emilio Pascual Méndez, o Concello de Cervo amplía a súa estadía na sala de exposicións da Casa da Cultura ata o 31 deste mes de xaneiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
"Basuraleza" está conformada por 15 pezas elaboradas con restos que o autor atopou e recolleu en contornas naturais, reconverténdoos en obras pictóricas, para concienciar sobre a importancia de Reducir, Reutilizar e Reciclar, e sobre todo de ser máis respectuosos co medio.
Dende hoxe e ata principios do mes de febreiro pode visitarse na basílica de San Martiño de Mondoñedo (Foz) a exposición conmemorativa dos 800 anos do comezo do pontificado do Bispo Don Martín I (1219-1248) na catedral de Mondoñedo, mostra que de modo itinerante estase a expoñer na diocese mindoniense. Tralo seu paso pola propia catedral de Mondoñedo, Ferrol e Bretoña, achegase ó lugar que veu o nacemento da sede, alá polo ano 867 e na que estivo o primeiro terzo do século XII. Para inaugurar esta exposición a basílica recibiu este mediodía a visita do alcalde de Foz, Francisco Cajoto, e dos concelleiros de Turismo e de Cultura, José María Linares e Héctor Moris.
Francisco Cajoto destaca “a importancia de San Martiño de Mondoñedo dentro desta exposición, xa que é o primeiro asentamento da diocese a súa orixe, onde bispos da relevancia de...
leer másHasta el día 7 de enero podrá visitarse, en la Sala de Exposiciones Biblioteca Municipal (antiguo Concello), el belén organizado por Bágoas da Terra.
Este nacimiento se compone de figuras de cerámica ataviadas con trajes gallegos que fueron encargados especialmente por la asociación. Las maquetas, todas ellas con movimiento, son del artesano Hortensio Gómez Álvarez.
El horario de visitas es de 12:00 a 13:30, por las mañanas, y de 17:30 a 20:00 horas por las tardes.
Ata o 5 de xaneiro pódese visitar na Casa da Cultura, de San Ciprián, a mostra "Basuraleza", de Emilio Pascual Méndez.
A exposición está conformada por 15 pezas elaboradas con restos que o autor atopou e recolleu en contornas naturais, reconverténdoos en obras pictóricas, para concienciar sobre a importancia de Reducir, Reutilizar e Reciclar, e sobre todo de ser máis respectuosos co medio.
A mostra está aberta de luns a venres en horario de 9 a 14:30 horas e de 16 a 20 horas.












