Exposiciones

Etiquetas:
17/01/2016
A Biblioteca Municipal de Ribadeo acolle ata o 3 de febreiro unha exposición didáctica de aves do Centro de Extensión Universitaria e Difusión Ambiental de Galicia.
 
A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho acolle ata o vindeiro 3 de febreiro unha exposición didáctica de aves do Centro de Extensión Universitaria e Difusión Ambiental de Galicia.
Segundo o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, “esta exposición permitiranos coñecer o marabilloso mundo das aves. O noso país conta cunha ampla diversidade de hábitats e numerosas especies de aves, adaptadas ás características do entorno que ocupan, e que se achegan por estas terras nas súas migracións entre Europa e África. Moitas das poboacións de aves presentes en Galiza teñen unha gran importancia, tanto a nivel local como nacional e internacional, pois atopan nas nosas terras o límite da súa distribución xeográfica, ou no seu caso pola súa escaseza”.
... leer más
Etiquetas:
17/01/2016
Ata o 15 de febreiro pódese ver na sala de exposicións da Omic, en Ribadeo, a mostra titulada "Or@perucita" de Mónica Filgueira Formoso.
 
O venres, 15 de xaneiro, pola tarde foi inaugurada na sala de exposicións da Omic a mostra Or@perucita da artista plástica ourensana Mónica Filgueira Formoso, máis coñecida como Môflasinvergüenza. 
O edil de Cultura, Farruco Graña, sinalou que “con esta exposición poderemos aventurarnos no reino dos sentidos para, a través do conto da carapuchiña vermella, explorar un feixe de sensacións levados da man das cores intensas que prenden na paixón creativa de Mónica Filgueira”. 
“Durante un mes as dependencias da OMIC estarán a disposición, no seu horario habitual, de todas as persoas amantes da pintura ousada que buscan experimentar co mundo das cores novas recreacións de vellos relatos”, engadiu o...
leer más
Etiquetas:
11/12/2015
A sala de exposicións de RegalXunqueira, en Viveiro, acolle ata finais de xaneiro a mostra "Viveiro: dous mundos", de Jaime Oroza.
 
No espazo RegalXunqueira, de Viveiro, inaugurouse onte, 10 de decembro, a exposición Viveiro: dous mundos, de Jaime Oroza. No acto, que terá lugar na Sala de Exposicións, servirase un viño e algo de comer, segundo explican os organizadores.
Segundo o autor da mostra “malia a idea recorrente do  Viveiro intramuros e o de fóra de murallas, co traballo refírome ao da imaxe e ao das verbas. As imaxes corresponden a lugares camiñados, os poemas son encrucilladas de pensamentos, de sentimentos, que foron xurdindo nos camiños, nos lindeiros, riba das pontes, na beiramar. Lugares camiñados coma a Maraleixa,  o Souto da Retorta, monte Castelo, San Roque, Penedo do Galo, Penido, Silvarosa, Saímas, Sacido, Socastro, Faro, Ferida, Fraga Moura, mesturados nun remuíño calidoscópico que...
leer más
07/12/2015
Ata o 11 de xaneiro pódese ver na OMIC, en Ribadeo, unha exposición sobre o Camiño Norte.
 
Ata o 11 de xaneiro pódese visitar unha exposición sobre o Camiño Norte na Sala de Exposicións da OMIC (oficina municipal de información ao consumidor), onde tamén se encontran as dependencias da oficina de turismo. O concelleiro Farruco Graña dixo que “de paso que nos achegamos ao parque de San Francisco para ver a feira de Artesanía, ou máis adiante para visitar o parque infantil ou a pista de xeo, poderemos tamén achegarnos á Sala de Exposicións da OMIC e contemplar unha exposición sobre o Camiño Norte que nos achega ata Ribadeo o Instituto de Estudos Chairegos, de Vilalba”.
O edil nacionalista explicou que “esta entidade ten como fin a investigación, o estudo, a conservación, a defensa e a difusión da Cultura Galega, especialmente no que se refire á lingua, á historia...
leer más
Etiquetas:
18/11/2015
A Casa Consistorial de Xove acolle a exposición "A paz cuestión de fondo", que se pode visitar ata o 1 de decembro. A entrada é de balde.
 
A sala de exposicións do Centro Cívico de Xove acolle a mostra ‘A Paz Cuestión de Fondo’, organizada polo Concello en calidade de membro do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A exhibición abriuse o día 5 de novembro e permanecerá na vila ata o 1 de decembro, con entrada de balde. A Exposición está aberta diariamente en horario de 10:00a 14:00  e de 16:00 a 19:00 horas. A entrada á mesma realízase pola porta principal do Salón de Actos.
 
A exposición, integrada por viñetas elaboradas por 28 autores de 16 países diferentes, convida a reflexionar sobre a pobreza como unha forma de inxustiza social que xera exclusión, racismo e violencia. Do mesmo xeito, a falta de oportunidades impídelle á sociedade medrar en condicións de...
leer más
Etiquetas:
11/11/2015
A sala de exposicións do parque de San Francisco, en Ribadeo, acollerá do 13 ao 22 de novembro unha exposición de Juan F. Álvarez Cachón.
 
A obra pictórica de Juan F. Álvarez Cachón, artista multidisciplinar madrileño, poderá verse na Sala de Exposicións do parque San Francisco entre o 13 e o 22 de novembro. Trátase da mostra Irrealismo alegórico, un suxerente conxunto de 14 cadros.
 
Juan F. Álvarez Cachón busca entre a realidade que o rodea aspectos cotiáns que el recolle con detallismo. Aínda que traballa diferentes disciplinas artísticas, son a pintura e a ilustración as que con máis frecuencia aparecen na súa obra. 
 
Etiquetas:
04/11/2015
O Complexo Regal Xunqueira, de Viveiro, acolle ata finais de novembro unha exposición de gravados de Gándara-Golpe.
 
O Complexo Cultural Regal-Xunqueira inaugura o xoves, 5 de novembro, a exposición de Gándara-Golpe Gravados. O acto de apertura terá lugar ás 20 horas na sala de exposicións do complexo e a mostra poderase visitar ata finais de mes.
 
O autor da exposición é o artista de Betanzos que asina como Gándara-Golpe, que comeza a interesarse polo gravado na súa localidade natal a finais dos 80. Estuda o Máster de Obra Gráfica na Fundación Centro Internacional de Estampa Contemporánea (CIEC) e trae a Viveiro un “revoltixo de obras producidas entre o obradoiro do CIEC e o de Alfara Studio na Encina de S. Silvestre, en Salamanca”.  Punta seca, augaforte, augatinta, chiné collée, maneira negra, litografía, xilografía e serigrafía son algunhas...
leer más
Etiquetas:
03/11/2015
A artista mariñá Yesenia Cao expón os seus óleos e debuxos na Casa da Cultura en Burela ata o 27 de novembro.
 
A pintora mariñá Yesenia Cao (Cervo, 1992) expón na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela 30 obras da súa autoría ata o 27 de novembro. A mostra reúne os óleos e debuxos de Yesenia Cao, técnico superior de ilustración na Escola de Arte Pablo Picasso da Coruña.
A mostra estará aberta ata o 27 de novembro e poderá visitarse de luns a venres en horario de 9 a 13 horas polas mañás e de 17 a 20 horas polas tardes. Organiza a Concellería de Cultura de Burela. 
 
Etiquetas:
06/10/2015
A Casa da Cultura de Burela acolle varias exposicións ata finais deste ano. Ata o 30 de outubro pode visitarse unha de fotografía do Club Imaxe burelés.

 

A sala de arte da Casa da Cultura acollerá varias exposición ata finais de ano. Ata 30 de outubro pódese ver unha mostra de fotografía do Club Imaxe de Burela. O horario de visita é de 9 a 13 horas polas mañás e de 17 a 20 horas polas tardes. Trátase dunha mostra de fotos realizadas polos seus socios. É a 23ª edición, que nesta ocasión está composta de corenta imaxes de Burela e da Mariña.

Do 3 ao 27 de novembro haberá unha exposición de pintura de Yesenia Cao López. E do 1 ao 15 de decembro poderase ver outra mostra de pintura de José Luis Neira Brochs. E do 23 de decembro ao 22 de xaneiro estarán expostas as postais que participen no certame Nadal 2015, segundo informa a Concellería de Cultura, que dirixe José Díaz. 

Etiquetas:
04/10/2015
Burela acolle unha exposición sobre os dereitos dos nen@s por iniciativa da Concellería de Inmigración e Cooperación. Pódese ver ata o 30 de outubro.
 
O centro de saúde de Burela e o CEIP Virxe do Carme acollen unha exposición sobre os dereitos dos nenos e nenas. É unha iniciativa da Concellería de Inmigración e Cooperación en colaboración coa ong Educo.
A concelleira Angélica Gómez Sánchez anunciou hoxe que “o Programa de Atención a inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación do Concello de Burela e en colaboración coa ong Educo, de cooperación e educación para a infancia, queremos divulgar e sensibilizar á poboación sobre a realidade social do mundo que nos rodea. Grazas á axuda das diferentes ongs podemos dar a coñecer distintas visións sobre o desenvolvemento socioeconómico e a grande diversidade de situacións que se dan no mundo actual”.
Ángélica Gómez engadiu que...
leer más