Exposiciones
19/08/2016
Na Casa da Cultura, de San Ciprián, pode visitarse unha exposición de manualidades feitas por mulleres que participaron nun curso organizado pola asociación As Espalladoras. Á inauguración da mostra asistiron o alcalde, Alfonso Villares, e outros membros da corporación municipal de Cervo.
O rexedor municipal explicou que “inauguramos unha exposición das manualidades feitas polas mulleres que estiveron acudindo a un curso organizado pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras. Vai estar aberta ata o 28 de agosto en horario de mañá e tarde. Pola mañá de 11:00 a 13:30 horas e pola tarde de 18:00 a 21:00 horas. Expóñense os traballos feitos por unhas vinte persoas, que foron as que acudiron a estes cursos que tiveron lugar no...
leer más 18/08/2016
En Xove na Sala de Exposicións Centro Cívico, o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola concelleira de cultura e por fotógrafos presentes na mostra, inaugurou unha nova edición de XOVE 360º. Esta mostra que o Concello organiza cada ano, xunto co Colectivo de Fotógrafos de Xove, vai xa pola novena edición. O título escollido para edición deste ano foi “Cemiterios”, tema escollido para esta edición e sobre o cal cada autor puido presentar unha fotografía.
O resto da exposición foi de tema libre, de aí a gran variedade existente nas obras presentadas: paisaxes, retratos, flora, fauna, composicións, etc.
En total a exposición está conformada por 46...
leer más 13/08/2016
Foi inaugurada na Oficina de Turismo, en Ribadeo, unha mostra que presenta a obra gráfica de Marta López Acevedo. A exposición titulada Lembranzas poderá visitarse ata o día 21 deste mes.
No acto interviñeron o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, o membro numerario da Real Academia Galega Francisco Díaz-Fierros Viqueira e a propia autora. Tamén participou Irene Herrera con acompañamento ao violín.
A exposición Lembranzas está composta por imaxes de paisaxes da zona tanto urbanas como da ría e do campo, e mostran recordos da autora sobre Ribadeo, Castropol, As Figueiras, Tapia, Boal ou a ría de Ribadeo, entre outros.
04/08/2016
Otero Regal Antoloxía 2006-2016 es el título de la exposición que podemos ver en la Sala de Exposiciones de Regalxunqueira en Viveiro hasta el 30 de septiembre.
La muestra además de cuadros cerámicos y esculturas, incluye grabados realizados bajo la dirección de Axel Okelmann, que imparte semanalmente un curso de grabado en Regalxunqueira, así como dibujos e ilustraciones de varios libros.
La obra procede de las exposiciones temáticas de Otero Regal Paisaxes cerámicos, Paisaxes no Camiño, La casa donde habitan los espítirus y A Maruxaina e outras sereas.
El complejo...
leer más 03/08/2016
A exposición ‘Imaxes con Fondo’, xurdida do primeiro concurso fotográfico organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, amósase ata o 15 de agosto no Centro Cívico de Xove. O Concello, como socio da entidade municipalista, organiza ademais o día 9 un obradoiro de fotografía social impartido polo gañador da segunda edición do certame, Felipe Carnotto. A inscrición é de balde e pode formalizarse no Centro Xuvenil, onde se realizará a actividade ás 10 horas, ou chamando ao 982 571 816.
O programa do obradoiro, dirixido a mocidade de doce anos en diante, abordará a imaxe como ferramenta do cambio social, a historia da fotografía documental, a definición do fotoxornalismo ou o respecto polas persoas fotografadas....
leer más 03/08/2016
Este mércores foi inaugurada no Forte de San Damián unha nova edición de Mariñarte, que permanecerá aberta ata o día 16 deste mes. Pódese visitar en horario de 11:30 a 13:30 horas e de 18:30 a 20:30 horas.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, salientou que “comezamos este verán no mes de xullo cunha festa da creatividade que foi a Feira do Libro, seguimos este verán comezando o mes de agosto con outra festa da creatividade, que para nós ten un significado especial, que é Mariñarte. Poñemos moita paixón e moita emoción na organización desta exposición, en todas pero nesta especialmente, porque é unha maneira de dar a coñecer a capacidade creativa dos mozos e mozas, homes e mulleres de A Mariña luguesa e calquera persoa achegada...
leer más 26/07/2016
Repsol Racing Tour chega a Ribadeo mañá, 27 de xullo. A exposición composta dun gran inchable e dunha plataforma museo coa moto de Marc Márquez e con simuladores poderase visitar na praza de España e no parque de San Francisco ata o domingo, 31 de xullo, en horario de 12 da mañá ata as 20 horas.
Segundo explican desde a Concellaría de Deportes “os organizadores son os mesmos que o ano pasado trouxeron co Banco Santander o Ferrari de Fernando Alonso. Nesa ocasión quedaron moi contentos coa acollida da exposición, xa que foi visitada en 3 días por máis de 10.000 persoas. Por ese motivo decidiron volver a Ribadeo e aumentar o número de días que estarán aquí”.
07/07/2016
A Casa da Cultura de San Ciprián acolle unha exposición de ilustracións realizadas polo burelao Héctor Manasé. A mostra, titulada Amagos de Jus, foi inaugurada onte e poderá visitarse ata o día 29 deste mes.
No acto inaugural participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e os concelleiros Dolores García, Manuela Méndez e José Ramón Soto.
Héctor Manasé naceu en 1984 en Burela e estudou fotografía e vídeo en Oviedo, pero ademais é un entusiasta do debuxo. Nas súas ilustracións gústalle humanizar aos animais, o místico e máxico, o mundo do mar e case sempre engade unha pincelada de humor.
07/07/2016
Do 9 ao 19 de xullo estará aberta ao público na Oficina de Turismo a mostra Aires dos anos 30, Exposición de debuxo da artista ribadense Carla Méndez. Trátase dunha selección de 14 láminas, realizadas con técnicas mixtas como acuarela, tinta china, pastel ou sanguina.
Carla Méndez explica que “forman parte dun caderno de campo que fixen o ano pasado, que ven sendo unha carpeta de debuxos principalmente para estudio ou experimentación do propio artista con diferentes técnicas ou temas. Un caderno deste tipo é algo moi persoal, xa que ao ser de experimentación mostran totalmente a expresividade e personalidade de cada artista. Estamos acostumados a ver sempre as obras acabadas, polo que me pareceu interesante mostrar o camiño que...
leer más 29/06/2016
O Eido Dourado, espazo dedicado á arte ao carón da praia da Pasada, abre as súas portas por oitava tempada consecutiva este sábado, día 2 de xullo. Faino coa exposición renovada e con modificacións nos seus xardíns, nos que a música volverá a estar presente a partires da segunda quincena de xullo.
Celso Dourado afronta esta nova tempada que “preséntase ben, cando nos puxemos co proxecto Eido Dourado pensamos que ao mellor non lográbamos resistir o que pretendíamos, e pasan os anos e aí seguimos estando. Este ano abrimos unha vez máis coa exposición renovada, con novas creacións e un longo etc”.
O artista salienta que este ano “hai unha decena de...
leer más