Exposiciones
Dende o 7 de abril no Cenima, de Foz , 11 mulleres mariñáns serán as protagonistas da exposición da cuarta edición da Semana das Artes da Mariña lucense. Permanecerá aberta ata o 28 do mesmo mes. Contará coa visita dos escolares e profesores da Mariña, como ven sucedendo nas edicións anteriores, e co público que queira achegarse a contemplar as propostas artísticas destas 11 artistas: Zili Katova, Cristina Basanta, Lucía Vila, Eva Rivas, Alicia Puchades, Carmen LLonín, Adriana Pardo, Laly Santos, Pili Rei, Lucía Catuxo e Renata Otero.
Esta nova proposta pretende integrar arte e educación, como medio de avanzar nos procesos creativos de todas e todos os habitantes da comarca. Coñecemento, creatividade e expresión artística, son os soportes dun desenvolvemento emocional que intenta mellorar as condicións de vida dos/as cidadáns mariñáns. Con...
leer másAta o 14 de marzo pódese visita no Complexo RegalXunqueira, en Viveiro, a exposición de de fotografías de Naza Meijide, titulada “Amienatta”.
“-¡Amienatta!, ¡Amienatta!-Gritan as voces das nenas que baixan, correndo descalzas, polo enlodado camiño que atravesa a aldea e polo que, cada día, todos voltavamos camiñando a casa de voluntarios. Sorrisos sinceros que enchían as pupilas e ensanchaban o corazón, sons titilantes no calor intoxicante e húmedo de Lamin ó mediodía”.
Amienatta é un traballo fotográfico sobre a aldea de Lamin (Gambia), os arredores e as súas xentes. Unha viaxe introspectiva a unha experiencia inolvidable na que vivín, integrada, nesa remota aldea do país africano, convivindo, aprendendo, crecendo e querendo as súas xentes. Porque como di a costume gambiana “is nice to be nice”.
... leer más












